O aeroporto de París-Orly (IATA: ORY, ICAO: LFPO) é un aeroporto internacional francés situado parcialmente en Orly e parcialmente en Villeneuve-le-Roi, a 13 km ao sur de París. Serve como centro de conexións secundario para voos domésticos e internacionais de Air France, e como base principal de Transavia France. Dende o aeroporto opéranse voos cara destinos en Europa, Oriente Medio, África, o Caribe, Norteamérica e o Sueste asiático.
Antes da construción do Charles de Gaulle, Orly era o principal aeroporto de París. Incluso co cambio da meirande parte do tráfico internacional ao Charles de Gaulle, Orly segue a ser o aeroporto francés máis concorrido para tráfico doméstico e o segundo en tráfico en xeral, con 31 237 865 pasaxeiros en 2016.