Aeroporto de Varsovia-Modlin

O aeroporto de Varsovia-Modlin (IATA: WMI, ICAO: EPMO) é un aeroporto internacional polaco, anteriormente unha base militar sen uso, inaugurado en xuño do ano 2012. Está situado a 40 km ao norte do centro da cidade de Varsovia, en Nowy Dwór Mazowiecki, e ten unha capacidade máxima duns 2-2,3 millóns de pasaxeiros por ano. O aeroporto está deseñado para ser utilizado por aeroliñas de baixo custo para servir Varsovia. No ano 2015 foi o quinto aeroporto máis concorrido de Polonia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 860 874 pasaxeiros, en voos servidos unicamente por Ryanair. Porén, o principal aeroporto internacional da cidade é o de Varsovia-Chopin.

Historia

Primeiro uso

Orixinalmente deseñado para uso militar na Segunda República Polaca en 1937, non chegou a ser inaugurado polas autoridades do país. Porén, comezou a ser operativo durante a segunda guerra mundial en 1940 como unha base aérea para a Luftwaffe alemá na Polonia ocupada. Tras a guerra, entre 1945 e 2000, foi usado polas forzas aéreas polaca e rusa. No ano 2000 o ministro polaco de defensa anunciou o peche do aeródromo. A súa pista atopábase en malas condicións e carecía de luces axeitadas e axudas de navegación de radio modernas como un ILS.

Redesenvolvemento

Posteriormente, gran parte da súa superficie orixinal estivo dispoñible como capital nunha empresa de xestión conxunta e responsabilidae limitada creada para xestionar o futuro aeroporto, Port Lotniczy Mazowsze Warszawa-Modlin Sp. z o.o. O aeroporto converteuse para o uso civil, principalmente como un substituto para a agora pechada terminal Etiuda para aeroliñas de baixo custo no principal aeroporto de Varsovia. Distintas propostas de datas de inauguración foron pasando, e os plans de negocio con grandes melloras das infraestruturas, incluída unha nova terminal de pasaxeiros, adiáronse sen ningún progreso real na construción durante algún tempo. Tamén se completou unha avaliación ambiental. En febreiro de 2008 anunciouse un calendario que programaba a apertura da actividade comercial a comezos de 2010. O 8 de febreiro de 2010 foi rexistrado oficialmente como aeroporto civil pola autoridade polaca de aviación (Urząd Lotnictwa Cywilnego).

No mes de setembro de 2009 anunciouse que se estaban recibindo ofertas e que se asegurara financiamente por parte da Unión Europea para inaugurar o aeroporto en 2011, a tempo para a Eurocopa de Fútbol do 2012. As obras comezaron finalmente no mes de outubro de 2010 e agardábase o seu remate para antes da Eurocopa; porén, o prazo non se cumpriu e o aeroporto comezou a operar en xullo de 2012.

Aínda que o primeiro avión debería partir de Modlin o 16 de xullo de 2012, o aeroporto inaugurouse oficialmente o día anterior, e o primeiro voo de pasaxeiros dende Budapest chegou ao aeroporto ao redor das 17:30. As aeroliñas de baixo custo Wizz Air e Ryanair comezaron a usar o aeroporto como base.

Problemas e crecemento

O 22 de decembro de 2012 anunciouse que a pista do aeroporto pecharíase durante un período non definido para os avións máis grandes, como os Boeing 737 e Airbus A320, por motivos de seguridade. Ryanair confirmou o día do peche da pista que desviaría todos os seus avións ao aeroporto de Varsovia-Chopin ata que esta fose reparada. Wizz Air tamén conformou que mudaría todos os seus voos cara Varsovia-Chopin ata a reapertura de Modlin. Esta chegaría seis meses despois, o día 4 de xullo de 2013, despois de que rematasen os traballos para arranxar a pista. O 17 de xullo Wizz Air anunciou que non regresaría ao aeroporto a pesar da súa apertura, pero quedaría de todas formas en Varsovia-Chopin. Ryanair regresou a Modlin o día 30 de setembro e dende entón engadiu novas rutas á súa programación inicial.

O 19 de setembro de 2013 o ILS de categoría I estivo oficialmente listo para ser usado. Ao mesmo tempo comezaron as probas para o ILS de categoría II, que estivo operativo o 1 de maio de 2014.

En outubro de 2015 o aeroporto recibiu ao seu pasaxeiro 5 millóns. En decembro dese ano inaugurouse unha nova sala nas súas instalacións.

Dende a inauguración do novo aeroporto a día de hoxe só é usado por Ryanair, que incrementou a súa rede a 50 destinos, 43 deles anuais e 7 estacionais.

Aeroliñas e destinos

Aeroliñas Destinos
Ryanair Alacant, Atenas, Barcelona, Beauvais, Belfast-Internacional, Bérgamo, Birmingham, Boloña, Bristol, Burgas (comeza en marzo de 2018), Charleroi, Colonia/Bonn, Dublín, East Midlands, Edimburgo, Eindhoven, Faro, Fuerteventura, Gotemburgo, Glasgow, Gran Canaria, Karlsruhe/Baden-Baden (comeza en outubro de 2017), Leeds/Bradford, Lisboa, Liverpool, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Manchester, Memmingen, Nápoles, Newcastle, Palma de Mallorca, Porto, Roma-Ciampino, Sandefjord, Sevilla (comeza en outubro de 2017), Shannon, Estocolmo-Skavsta, Tenerife-Sur, Tesalónica, Tolosa, Treviso (comeza en outubro de 2017), Valencia
Estacional: Burgas (comeza en marzo de 2018), Cagliari, Chania, Corfú, Eilat-Ovda (comeza en outubro de 2017), Pisa, Trapani

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Paula Zeltiņa
22 August 2014
After arrival, grab a ticket for 15pln at the info center (nice ladies working there!) and then you can travel for 1hr, so take a bus next to the entrance, get to the station and jump into a train
Laura Nisbet
11 December 2017
Small but perfectly formed! 4 gates, a few shops & cafes & a smoking area. Seating is limited but there is free WiFi. Airport connected to City Centre by bus (takes 55 mins & costs £7pp one way).
Iván Farías
26 October 2022
Take the convenient shuttle from the airport to Modlin train station, and from there straight to Warsaw’s city centre. All for 22.40 PLN (€4.70 or £4.10). Wi-fi and power plugs are available on board.
Athens Secrets Private Guide
an easy enough airport to get to by public transport.. and is cheap. The airport is very practical but really needs a proper cafe with more than just the sandwich shop or wine war.. plus more seating!
Filip S.
10 September 2012
Getting there by car? There are no signs when driving from Warsaw. When you pass the river Vistula bridge take the first exit right and then on first lights turn left, you will reach your destination!
Piotr Szeptyński
25 November 2012
Bring your own food and books when the flights are delayed or redirected. Don't use the local money exchange office. Get an audio amplifier as it's hard to hear the announcements (+ strong pl accent).
Cargar máis comentarios
foursquare.com
2.2/10
Yana , Alexey Ugnichev e 26,307 máis persoas estiveron aquí
Tue 8:00 AM–11:00 AM
Wed 8:00 AM–10:00 AM
Thu 8:00 AM–1:00 PM
Fri 7:00 AM–10:00 PM
Sat 7:00 AM–1:00 PM
Sun 9:00 AM–1:00 PM

Warsaw Modlin Airport (WMI) on Foursquare

Aeroporto de Varsovia-Modlin on Facebook

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Royal Hotel Modlin

a partir de $46

Hotel Soko?owska Airport Modlin

a partir de $54

Hotel Mazovia

a partir de $41

Modlin Palace

a partir de $36

Versal Airport Modlin

a partir de $41

Hotel Riviera Airport Modlin

a partir de $36

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Modlin Fortress

Modlin Fortress (Polish Twierdza Modlin) is one of the biggest 19th

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Jabłonna Palace

Jablonna Palace (Polish: Pałac w Jabłonnie) is a palace, hotel and p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Żelazowa Wola

Żelazowa Wola é unha vila do concello rural de Sochaczew, no condado d

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Powązki Cemetery

Powązki Cemetery and Military Cemetery (Polish Cmentarz

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Warsaw Citadel

Cytadela (Polish for Citadel) is a 19th-century fortress in Warsaw,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Warsaw Citadel

Cytadela (Polish for Citadel) is a 19th-century fortress in Warsaw,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Niepokalanów

Niepokalanów (City of the Immaculate) is a Roman Catholic religious

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pawiak

Pawiak (Polish pronunciation: ]) was an infamous political prison

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aeroporto de Singapur

O aeroporto internacional de Singapur Changi (IATA: SIN, OACI:

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aeroporto Internacional Hamad

O aeroporto internacional Hamad (IATA: DOH, ICAO: OTHH) é o aeroporto

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI),

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
New Chitose Airport

New Chitose Airport (新千歳空港, Shin-Chitose Kūkō) (IATA: CTS, ICAO: RJCC)

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aeroporto de Antalya

O Aeroporto de Antalya (IATA: AYT, ICAO: LTAI) é un aeroporto

Ver todos os lugares similares