Arco de Tito

O arco de Tito (en italiano Arco di Tito) é un arco de triunfo, situado na Vía Sacra, xusto ao sueste do Foro, en Roma. Foi construído pouco despois da morte do emperador Tito (nacido no ano 39 d.C., e emperador entre os anos 79 e 81 d.C.). É unha das obras arquitectónicas fundamentais da época Flavia polas súas características arquitectónicas e escultóricas.

Historia

O arco de Tito ergueuse para conmemorar as vitorias deste fronte os xudeus. No 69 Vespasiano, pai de Tito, retorna a Roma para se converter en emperador e deixa a Tito en Xudea para pór fin á rebelión. No 70, Tito consegue entrar en Xerusalén, que é saqueada e o Templo destruído,  e remata a guerra. Cando regresa a Roma, no 71, é acollido nun desfile triunfal e presenta un rico botín. No 81, morto xa Tito, o Senado decide a construción do Arco que será inaugurado baixo o mando de Domiciano (novo emperador; irmán e sucesor de Tito).

Durante a Idade Media formou parte da fortaleza do Frangipane e será restaurado, igual que o Coliseo, a comezos do século XIX –entre 1819 e 1821-, primeiro polo arquitecto Raffaele Stern e posteriormente por Giuseppe Valadier. A restauración, impulsada polo Papa Pío VII, foi bastante discutida pois fronte ao mármore grego orixinal, empregaron o travertino local. Hai autores que defenden este procedemento para evitar mesturar as partes orixinais coas restauradas e así evitar confusións ou falsificacións, mentres que outros afirman que se procedeu dese xeito por problemas económicos.

Descrición arquitectónica

O Arco de Tito, sepárase da tipoloxía típica dos arcos da época de Augusto, pois amosa unha mole moito máis compacta, afastándose da arquitectura de influencia helenística. É, ademais, a primeira obra datada en Roma que presenta capiteis de orde composta. Emprega materiais diversos, fundamentalmente un núcleo de morteiro que é recuberto con placas de mármore: de travertino no zócolo da base e doutro, máis fino, do Pentélico, no resto.

O arco apóiase nun podio sobre o que se atopa o corpo formado por unha bóveda de canón asentada sobre dous grosos piares decorados con dous pares de columnas encostadas de capitel composto e xanelas cegas no centro. Sobre o corpo atópase o entaboamento,  que conta cun arquitrabe de tres bandas, un friso (que amosa o desfile triunfal das tropas romanas en Xerusalén) e unha cornixa que sostén o ático, no que aparece unha inscrición e sobre o que debía aparecer unha cuadriga de bronce conducida polo propio emperador.

Análise escultórica

A decoración escultórica é abondosa en gran parte do edificio. Realizadas como altorrelevos, aparecen escenas tanto na parte frontal (nas enxutas aparecen Vitorias que se dirixen á clave, que destaca sobre o resto do arco) como no interior da arco que é onde se atopan as escenas máis relevantes.

O intradorso do arco está decorado con casetóns cadrados, e nas paredes internas, en cada un dos lados aparecen dous paneis que conmemoran dous momentos do triunfo de Tito, trala toma de Xerusalén, no 70, na Primeira Guerra Xudía.

No lado esquerdo (sur), os soldados romanos portan parte dos tesouros resultado do saqueo do Templo de Xerusalén. Poden distinguirse o candelabro de sete brazos (menorah), a mesa co pan da ofrenda e os vasos sagrados, e as trompetas de prata. Tamén están representadas figuras masculinas cunhas táboas (tabula ansata) nas que aparecerían os nomes das cidades conquistadas durante a guerra.

Na parede contraria, aparece cun forte sentido alegórico, o emperador montado nunha cuadriga que é conducida pola deusa Roma, ao mesmo tempo que a Vitoria coróao, mentres que ao redor da escena aparecen os lictores. Próximo á cuadriga aparece a representación do Pobo Romano (un mozo semiespido, cunha capa) e do Senado (un home togado).

No centro da bóveda atópase a ilustración da apoteose de Tito que mostra ao emperador deificado sobre unha enorme aguia símbolo de Xúpiter e Roma. A imaxe representa o momento no que a alma do emperador ascendía ao ceo dende a súa pira funeraria, cando se soltaba unha aguia desde as chamas e que representaba o milagre da apoteose.

As inscricións

A inscrición en letras maiúsculas romanas le:
SENATVS
POPVLVSQVE·ROMANVS
DIVO·TITO·DIVI·VESPASIANI·F(ILIO) VESPASIANO·AVGVSTO
VESPASIANO·AVGVSTO
(Senatus Populusque Romanus divo Perico divi Vespasiani filio Vespasiano Augusto)
Que traducido significa "O Senado e o pobo romano (dedícano) ao divino Tito Vespasiano Augusto, fillo do divino Vespasiano."

O lado oposto do arco recibiu novas inscricións despois de ser restaurado durante o pontificado do Papa Pío VII por Giuseppe Valadier en 1821. A restauración fíxose intencionadamente en travertino para diferenciar a construción orixinal das partes restauradas.

A inscrición pontífica di:
INSIGNE · RELIGIONIS · ATQVE · ARTIS · MONVMENTVM
VETVSTATE · FATISCENS
PIVS · SEPTIMVS · PONTIFEX · MAX(IMVS)
NOVIS · OPERIBVS · PRISCVM · EXEMPLAR · IMITANTIBVS
FVLCIRI · SERVARIQVE · IVSSIT
ANNO · SACRI · PRINCIPATVS · EIVS · XXIIII
(Insigne religionis atque artis, monumentum, vetustate fatiscens: Pius Septimus, Pontifex Maximus, novis operibus priscum exemplar imitantibus fulciri servarique iussit. Anno sacri principatus eius XXIV)
(Este) monumento, notable en termos tanto da relixión e da arte, debilitárase pola súa antigüidade: Pío VII, Sumo Pontífice, polos novos traballos sobre o modelo do antigo exemplar ordenou que se reforzara e ​​preservase. No ano 24 do seu goberno sacro.

Influencia arquitectónica

O arco de Tito foi modelo ou inspiración para moitos outros arcos erixidos desde o século XV, tales como:

Véxase tamén

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Salvatore De Carmine
27 June 2015
The archs are really one of the spotlights of the Roman Forum. This one, despite having a single archway, is memorable and monumental.
S
17 July 2012
An excellent place to sit down and have a rest when it's too hot outside.
Daniel Grayson
10 May 2018
As a Jew, I’m used to seeing evidence of the bad luck of my people. This was still pretty interesting to look at.
Brook Manuel
7 April 2023
A big piece of Jewish history available to see in Rome. Very interesting.
Romasulweb.com
23 June 2014
In un rilievo nelle pareti dell'arcata, a destra, si può ammirare il candelabro d'oro a sette bracci (Menorah). La leggenda dice che la Menorah si trovi sul fondo del Tevere.
Pierre Bsss
7 November 2014
Belle arche qui accueille les visiteurs à l'entrée du forum romain et du palatin.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.2/10
Pavel Sidorovich, Tatiana Istratova e 11,179 máis persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Hotel Best Roma

a partir de $463

Hotel Infinito

a partir de $75

Daniela Hotel

a partir de $66

Espana Hotel

a partir de $88

Shiva B&B

a partir de $64

B&B Manzoni Holidays

a partir de $94

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santa Francesca Romana

Santa Francesca Romana, previously known as Santa Maria Nova, is a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santi Cosma e Damiano

The basilica of Santi Cosma e Damiano is one of the ancient churches

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
House of the Vestals

The House of the Vestal Virgins (Latin: Atrium Vestae) was the place

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Arco de Constantino

O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Antoninus and Faustina

The Temple of Antoninus and Faustina is an ancient Roman temple in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santa Maria Antiqua

Santa Maria Antiqua (Ancient St. Mary) is a church in Rome, built in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Via Sacra

The Via Sacra (Latin: Sacred Road) is the main street of ancient Rome,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Caesar

The Temple of Caesar or better Temple of Divus Iulius (Latin: Aedes

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Rua Augusta Arch

The Rua Augusta Arch is a stone, triumphal arch-like, historical

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Arc de Triomphe du Carrousel

The Arc de Triomphe du Carrousel is a triumphal arch in Paris, France.

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Porta de Brandemburgo

A Porta de Brandemburgo (en alemán: “Brandenburger Tor”) non é un ar

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Peace Arch

The Peace Arch is a monument situated on the Canada – United States b

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Arco do Triunfo de París

O Arco do Triunfo de París (Arc de Triomphe, en francés) é un dos ar

Ver todos os lugares similares