Arrecifes Minerva

Os arrecifes Minerva (en tongano Teleki) son dous arrecifes de coral do reino de Tonga, situados a 435 km ao suroeste de Tongatapu e ao sueste das illas Lau de Fidxi.

Xeografía

Os arrecifes son dous aneis de coral separadas por 32 km: Minerva Norte e Minerva Sur (en tongalés Teleki Tokelau e Teleki Tonga) situados no camiño entre Tonga ou Fidxi, e Nova Celandia. Son os restos de atois mergullados que só son visibles coa marea baixa, alcanzando unha altura duns 90 cm, cuns fondos de area duns 20 metros de profundidade e con cabezas de coral que chegan preto da superficie.

O arrecife Minerva Sur ten unha forma de oito, con dous círculos de 5 km de diámetro, o arrecife Este e o Oeste, e un paso de entrada á lagoa interior. As súas coordenadas son: 23º 56' S 179º 8' O.

O arrecife Minerva Norte tamén é circular con 5,5 km de diámetro e un estreito paso de entrada á lagoa. Áchanse unhas torres de ferro e un faro fóra de servizo construídos pola mariña estadounidense durante a Segunda Guerra Mundial. As súas coordenadas son 23º 38' S 178º 55' O.

O uso case universal do GPS na navegación fixo moito menor o risco que representaban. Ao contrario, hoxe en día é moi habitual que os veleiros que navegan entre as illas do trópico e Nova Celandia en Minerva, e esperen o mellor momento meteorolóxico para afrontaren a travesía. Alí atopan bos fondeadoiros, sobre area e algunha cabeza de coral dispersa, nuns 13 a 20 metros de auga. Ademais de pesca e mariscos, e no devandito arrecife, sobre o que se pode camiñar antes ou logo da preamar. O mergullo é confortable, sobre todo en Minerva Norte, onde a pequena onda que se pode producir na marea alta, apenas se nota. O mal tempo, aínda que escaso durante o inverno, pode facer do fondeadoiro unha trampa moi perigosa. Ao non haber "terra", as augas non están contaminadas con partículas en suspensión, e a claridade das augas é das maiores do mundo. Con mar en calma pódense ver perfectamente as pedras a máis de 20 metros de profundidade, desde fóra da auga, o que fai que o mergullo sexa espectacular.

Historia

Os arrecifes Minerva son moi perigosos para a navegación, teñen unha longa lista de naufraxios, empezando talvez polo baleeiro australiano Minerva que encallou en 1829, no arrecife Sur, dándolles nome. Entón eran denominados Nicholson's Shoals e foi o inglés Denham, do HMS Herald, quen os explorou en 1854 e bautizoulles en recordo do famoso naufraxio do Minerva.

A tripulación do Minerva dividiuse en tres barcas e intentaron chegar ás illas Tonga. Preferían ir a unhas illas onde había misioneiros antes que ás illas Fidxi, que tiñan fama de caníbales. Pero os ventos leváronos finalmente a Fidxi e decidiron desembarcar xa que lles seguía unha quenlla. Os nativos expuxéronos como trofeos en diferentes illas e aos poucos foron rescatados por diferentes barcos de paso. Algúns deles, como John Twyning, acabaron estando vinte anos nas illas e escribiu un libro sobre as súas experiencias en masacres e banquetes caníbales.

Foi famoso o naufraxio do Tuaikaepau, un barco de tongano que encallou o 7 de xullo de 1962, cando navegaba cara a Nova Celandia. A tripulación e os pasaxeiros salváronse e refuxiáronse nos restos dun cargueiro xaponés que naufragara previamente. Permaneceron alí tres meses, en circunstancias horribles, e varios foron morrendo. Ata que á desesperada, o capitán T´vita Fifita e algúns outros construíron un bote cos restos de madeira que quedaban do seu antigo barco, e conseguiron chegar a Fidxi nunha semana. Desde alí organizaron o rescate do resto.

No outono austral de 2005 perdéronse dous veleiros en Minerva, un ao perder o agarre da áncora nun forte temporal, e o outro cando navegaba nas proximidades. Os tripulantes foron rescatados.

República de Minerva (1971-1972 e 1982)

A República de Minerva foi un intento de crear un micro-estado artificialmente, establecendo a soberanía sobre os arrecifes. O promotor foi o millonario de Las Vegas Michael Oliver. En 1971 enviou barcos cargados de area desde Australia para elevar o nivel dos arrecifes sobre o mar, creando unha illa artificial que permitiu a construción dunha torre onde se izou a nova bandeira.

En xaneiro de 1972, a nova República de Minerva enviou a súa declaración de independencia aos estados veciños. Ata crearon a súa propia moeda, o dólar de Minerva, e acuñouse unha edición especial en prata e ouro. En febreiro de 1972, Morris C. Davis foi escollido presidente provisional da república.

No xuño de 1972, o rei Taufa'ahau Tupou IV de Tonga declarou que estendía a súa xurisdición sobre Minerva e enviou unha expedición para reclamar o territorio. Arriouse a bandeira da República de Minerva e anexionouse o territorio ao reino de Tonga co nome de Teleki. A acción de Tonga foi recoñecida polos países do Fórum do Pacífico Sur no mesmo 1972, e o presidente provisional Davis foi despedido polo fundador Michael Oliver.

En 1982 o ex-presidente Morris C. Davis ocupou de novo os arrecifes, con axuda dun grupo paramilitar estadounidense, pero foron forzados a abandonalos polas tropas do exército de Tonga, logo de tres semanas de resistencia.

Anecdoticamente, diferentes grupos reclamaron a soberanía de Minerva, entre eles un autoproclamado príncipe de Minerva.

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Arrecifes Minerva. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
The Black Pearl Suites

a partir de $113

Mamta Villa

a partir de $56

Loumaile Lodge

a partir de $141

Royal Sunset Island Resort

a partir de $110

Liku'alofa Beach Resort

a partir de $90

Jula BnB

a partir de $40

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Trolltunga

Trolltunga is a piece of rock that stands horizontally out of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
White Cliffs of Dover

The White Cliffs of Dover are cliffs which form part of the British

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Duna de Pyla

A Gran Duna de Pilat, tamén chamada de Pyla, (en francés, Grande d

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Balanced Rock

Balanced Rock is one of the most popular features of Arches National

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Loch Ard Gorge

The Loch Ard Gorge is part of Port Campbell National Park, Victoria,

Ver todos os lugares similares