As Médulas

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5.000.000 de libras (= 1.635.000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de m³, o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1.500.000 kg de mineral.

Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns, etc.

Os astures xa tiñan explotado algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.

Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.

Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.

A extracción veuse favorecida por:

  • Ser terras de aluvión con pebidas de ouro.
  • Ter moita auga e pendente para producir o arrastre.
  • Existir pendentes cara o río Sil para os desaugues.

Como chegar

Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o mirador.

As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un mirador sobre o baleiro.

Método de extracción

Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles, almacenándoa en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de augua usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñecese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.

Unha das moitas captacións era na vertente noreste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.

A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreabase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, podéndose percorrer con guías.

Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época teña sido visto como tal. Hoxe é Patrimonio da humanidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Gustave Tausch
24 August 2021
Worth the Detour! Unusual panorama and scenery of Lime stone and ancient Roman gold mines
Raquel Martinez
20 April 2017
El complejo rural y los dueños. El paraje de lo mejor!
Bidtravel Viajes
21 April 2013
Alquilar una bici en el centro de visitantes por 4 euros la hora y a rodar !!
Rotuning Piratilla
7 October 2019
Buen sitio para una escapada y descansar durante un tiempo de la retina semanal
Ferran Moron
6 November 2013
Visita guiada muy recomenable para conocer el lugar. 2 horas. 3 euros persona
Chispy Yeah
12 January 2014
Precioso paisaje incluso en invierno, parece un bosque encantado
Cargar máis comentarios
foursquare.com
9.0/10
Nadya Popova, EnMork e 675 máis persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Hotel Monumento Pazo do Castro

a partir de $93

Hotel Rural Lacelo

a partir de $86

Temple Ponferrada

a partir de $59

Villa Mencia

a partir de $63

Hotel Medulio

a partir de $49

Jaen Apartment

a partir de $51

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de Santa María de Carracedo

O mosteiro de Santa María de Carracedo é unha antiga abadía, xa ex

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Ponferrada

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Monasterio de San Miguel de las Dueñas

El Monasterio de San Miguel de las Dueñas es un cenobio femenino de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de San Martín de Castañeda

O Mosteiro San Martín de Castañeda é un monumento hi

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos é un mosteiro medieval fundado no s

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de San Vicente do Pino

O mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de Santa María de Oseira

O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kremlin de Moscova

O Kremlin de Moscova (ruso: Московский Кремль, transliterado:

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Havana

Old Havana (español. La Habana Vieja) contains the core of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Perito Moreno Glacier

The Perito Moreno Glacier is a glacier located in the Los Glaciares

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Geirangerfjord

The Geiranger fjord (Geirangerfjorden) is a fjord in the Sunnmøre

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mosteiro de Batalha

Coordenadas: 39°39′33″N 08°49′34″O / 3

Ver todos os lugares similares