Atomium

O Atomium é un monumento construído en aceiro inoxidable que se atopa en Bruxelas, Bélxica, construído con motivo da Exposición Universal de 1958 (Expo 58), e que representa a malla convencional do cristal de ferro ampliada 165.000 millóns de veces.

O monumento está situado en Laeken (unha zona do concello de Bruxelas que anos atrás constituía unha municipalidade propia dentro da rexión de Bruxelas), no parque feiral da chaira de Heysel, onde tivo lugar a exposición. Ao seu pé sitúase o parque temático Mini-Europe, con repreducións a escala dos monumentos máis representativos da Unión Europea.

Xunto co Manneken Pis e a Grand Place, constitúen os tres símbolos e referencias turísticas da capital de Bélxica.

Descrición

O Atomium foi concibido e deseñado polo enxeñeiro André Waterkeyn e construído polos arquitectos André e Jean Polak. Simbolicamente, encarna a audacia dunha época na que se quixo confrontar o destino da humanidade coas descubertas científicas.

Trátase dun edificio a medio camiño entre a escultura e a arquitectura, cunha altura de 102 metros, construído en aceiro e cun peso de 2.400 toneladas.

Consiste nunha estrutura de aceiro que sustenta nove esferas conectadas entre elas e que, nun principio, estaban revestidas de aluminio. Estas esferas teñen un diámetro de 18 metros e pesan, cada unha, aproximadamente 250 toneladas.

A construción do Atomium constituíu no seu momento unha proeza desde o punto de vista técnico. Das nove esferas, seis fixéronse accesibles para o público, cada unha con dous andares principais e unha planta inferior destinada a uso técnico e de mantemento. O tubo central contén o elevador máis rápido do tempo (5 m/s), instalado pola sucursal belga rama de empresa suíza, Schlieren (mencionado máis tarde por Schindler), que permite que 22 persoas ascendan en só 23 segundos. As escaleiras mecánicas instalada nos tubos oblicuos, algunhas con 35 metros, están entre as máis longas de Europa.

Inicialmente, o Atomium foi concibido para durar seis meses, xa que non estaba destinado a sobrevivir á Exposición Universal de 1958, pero a súa popularidade e o seu éxito de visitantes fixeron que chegase a converterse nun elemento sobranceiro da paisaxe urbana de Bruxelas. No entanto, durante trinta anos leváronse a cabo moi poucos traballos de mantemento.

En 2013, a canle de televisión norteamericana CNN International considerou o Atomium como o monumento máis raro de Europa, por diante do Banknote Building, de Kaunas, Lituania, e a Casa Milà de Barcelona.

Renovación

Exterior

Durante a década de 1990 fíxose evidente a urxencia dunha profunda renovación. Ante a importancia dos investimentos necesarios, destapouse a controversia da conservación ou non dun edificio que orixinalmente fora  destinado a durar só uns meses. Chegouse mesmo a reconsiderar a idea inicial da demolición. Con todo, finalmente decidiuse afrontar unha rehabilitación integral.

O Atomium, no limiar do século XXI, presentaba unha aparencia deteriorada, fortemente degradada polo paso de tempo; o seu illamento do exterior volvérase ineficiente e os elementos do interior, a decoración e a moblaxe, ao estilo dos anos cincuenta, estaban moi estragados. O único que se mantiña ben era a estrutura.

En 2001 fíxose público, á fin, o proxecto de renovación, en virtude dun convenio entre o Goberno federal de Bélxica, rexión de Bruxelas e a cidade de Bruxelas.

As obras iniciáronse en marzo de 2004 e prolongáronse ata febreiro de 2006. A cobertura orixinal en aluminio foi substituída por unha nova, máis resistente, en aceiro inoxidable, que, por outra banda, é máis acaída para un monumento que simboliza o ferro. Cada esfera estaba cuberta, orixinariamente, por preto de 720 triángulos de aluminio, dos cales unha parte se puxo á venda a modo de souvenir. Todos eles foron substituídos por 48 grandes triángulos feitos de aceiro inoxidable. Ademais, estas novas placas son máis resistentes cás antigas.

Como nas orixes, por cada unha das nove esferas esténdese unha rede eléctrica con puntos luminosos animados con rápidos movementos circulares que reproducen o xiro dos electróns arredor do núcleo atómico. O traballo de montaxe deste novo revestimento levouse a cabo cun gran guindastre que levou as placas ao seu lugar, onde foron colocadas por un equipo de cordistas, un procedemento que se utilizou para evitar a instalación de enormes estadas.

O custos do traballos foron estimados en 27 millóns de euros.

A inauguración do Atomium reformado levouse a cabo o 14 de febreiro de 2006. En homenaxe deste acontecemento, Bélxica emitiu ese ano unha moeda conmemorativa de 2 euros que reproduce no seu anvarso o monumento.

Interior

Das seis esferas accesibles para o público, a da base está reservada para a exposición permanente dedicada á década de 1950, á Exposición Universal de 1958 e á construción do Atomium. Outra acolle exposicións temporais e unha terceira concibiuse para unha utilización polivalente, xa que o seu deseño permite a organización de eventoscomo proxeccións de cine, concertos, festivais ou conferencias. Na esfera central hai un bar e na da parte superior, ademais de poder admirar o panorama, instalouse un restaurante. A sexta esfera está dedicada aos cativos.

Dereitos de autoría sobre o Atomium

A Sociedade Belga de Autores, Compossitores e Editores reclamou ata 2016 a defensa dos dereitos de autoría do Atomium e, como representante dos posuidores destes dereitos, prohibiu a publicación de imaxes sen compensación económica.

Isto foi moi contestado por diferentes entidades, entre elas o partido Liberais e Demócratas Flamengos (Open Vlaamse Liberalen en Democraten -VLD-), que en 2008 organizou a modo de protesta un concurso fotográfico onde debían aparecer borradas as imaxes do Atomium.

Coa entrada en vigor da liberdade de panorama o 15 de xullo de 2016, permítese a difusión de fotografías do Atomium desde esta data.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
DHR.com
19 September 2011
This is a monument that you must not miss—9 spheres made of steel that that has different halls for exhibits and other events as well as a great view of Brussels from the top. Open daily, 10am to 6pm.
Artyom Fedosov
6 January 2017
A huge molecule of iron. The construction looks impressive, but the museum inside not worth its entrance price, so just take a look from the outside, laugh at the queue and go away.
Gabi Bulumac
23 December 2015
Definitely one of the Brussels symbols, and it's a cool one ????????
Robyn Pass
18 September 2015
Retro feel inside with the history of the Atomium. Interesting temporary exhibits. It is quite a haul up and down, but the elevator takes you to the top. The view from the top is worth the queue.
Nad Cee
16 September 2014
Built for the 1958 Universal Expo, this modern monument is really impressive. The visit is a tour in the middle of the fifties. A real delight for retro amateurs if you don't mind the touristy feel.
Tiana LeBeauf
11 August 2014
It's unique. Don't forget to visit it when you are in Brussel. Get inside and see it also in the evening. The shop has some fine retro souveniers and the restaurant nice food.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Novotel Brussels Centre Tour Noire Hotel

a partir de $231

Brussels Marriott Hotel Grand Place

a partir de $175

Ibis Brussels Centre St Catherine

a partir de $193

Dansaert Hotel

a partir de $116

Astrid Hotel

a partir de $0

Hotel Orts

a partir de $167

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mini-Europe

Mini-Europe é un parque de Bruxelas, Bélxica, situado ao pé do po

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Belvédère Castle

Belvédère Castle (French: Château du Belvédère Dutch: Kasteel Belv

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Greenhouses of Laeken

The Royal Greenhouses of Laeken (in Dutch: Koninklijke Serres van

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Castle of Laken

The Royal Castle of Laken is the official residence of the King of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Church of Our Lady of Laeken

The Church of Our Lady of Laeken (French: Église Notre-Dame de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Basilica of the Sacred Heart, Brussels

The National Basilica of the Sacred Heart (French: Basilique Nationale

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Bouchout Castle

Bouchout Castle (Kasteel van Bouchout in Dutch) is a castle in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
La Monnaie

The Koninklijke Muntschouwburg (de Munt) (Dutch), or le Théâtre R

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Estatua da Liberdade

«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Monument to the Independence of Brazil

The Monument to the Independence of Brazil (Portuguese: Monumento à

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Statue of Janko Kráľ

Statue of Janko Kráľ is located in the middle of Sad Janka Kráľa (li

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Seven Magic Mountains

Ugo Rondinone (born 1964) is a New York-based, Swiss-born mixed-media

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Tower of the Sun

The Tower of the Sun (太陽の塔, Taiyō no Tō) is a building created b

Ver todos os lugares similares