A Basílica de San Xoán e San Paulo (en italiano: Basilica dei Santi Giovanni e Paolo al Celio) é unha antiga basílica de Roma, localizado no monte de Celio.
A igrexa foi construída en 398, por vontade do senador Pamaquio, sobre a casa de dous soldados romanos, Xoán e Paulo, martirizados baixo o goberno do emperador Xuliano en 362. A igrexa tamén era chamada Titulus Pammachii e é rexistrada como tal nos actos do sínodo celebrado polo papa Símaco en 499.
A igrexa foi danada durante o saqueo de Alarico I (410) e por mor do terremoto de 442. Foi restaurada polo papa Pascual I (824), mais foi saqueada outra vez polos normandos (1084), e de novo volveu ser restaurada, co engadido dun mosteiro e un campanario.
É fogar da Congregación da Paixón e é o lugar de soterramento de Paulo da Cruz.