Belén é unha cidade situada en Israel. Enclávase nos Montes de Xudea en Cisxordania, a uns 10 km da cidade de Xerusalén. Sitúase a 765 metros sobre o nivel do mar.
A cidade ten gran significado para todos os cristiáns e musulmáns ao ser o lugar de nacemento de Xesús de Nazaret segundo os evanxeos de Lucas e Mateo.
O goberno de Israel rodeou a cidade de murallas e pasos de control, isto provocou unha gran diminución do turismo.
A súa poboación era no ano 2007 de 25.226 persoas.
</div>