Birka foi unha poboación comercial fortificada dos suións, na era viquinga, situada na illa de Björkö no lago Malar, en Suecia. Con Hovgården, está clasificada como Patrimonio da Humanidade. É acesible en barco desde Strängnäs, Härjarö, Estocolmo e Södertälje.
Foi fundada no século VIII e habitada até o X, sendo coñecida como "primeira cidade de Suecia", se ben Uppåkra en Escania é máis antiga. Tiña unha poboación de entre 700 e 1000 persoas. O seu mercado ofrecía peles do norte de Suecia, escravos, e artigos de luxo traídos pelos viquingues do Rus de Kiev, o Imperio Bizantino, Asia Central e Oriente Medio. Puido ser destruída por viquingos daneses, e polo rei Olav II de Noruega cara ao ano 1007.