O Broad Peak é unha montaña que con 8.047 m.s.n.m. é o décimosegundo pico máis alto da Terra.
O Broad Peak forma parte do Macizo do Gasherbrum situado na cadea do Karakorum, un brazo da cordilleira do Himalaia. Está sito na fronteira entre China e Pakistán.
As súas coordenadas xeográficas son: 35° 48′ 35″ N e 76° 34′ 25″ E.
O nome usual en Occidente é unha versión inglesa da denominación autóctona Falchen Kangri, que fai referencia á anchura da súa cima. O Broad Peak foi tamén denominado como K3 (é dicer, terceiro pico do Karakorum) por T.G. Montgomery, en 1856, cando se efectuou un recoñecemento do Karakorum por vez primeira.
O 9 de xuño de 1957 realizouse a primeira escalada exitosa ao Broad Peak, por parte dunha expedición austríaca dirixida por Marcus Schmuck. Alcanzaron o cume Hermann Buhl, Kurt Diemberger, Fritz Wintersteller e máis o mesmo Marcus Schmuck.
En 1981 logrouse a primeira ascensión de españois a cargo dunha expedición catalana, chegando á cima Enric Pujol, que faleceu durante o descenso, e máis Manuel Hernández, utilizando a vía normal.