Casa Branca

A Casa Branca (The White House, en inglés) é a residencia oficial e principal lugar de traballo do presidente dos Estados Unidos (na actualidade Barak Obama). É o inmoble máis visitado do mundo.

A Casa Branca baseouse no proxecto da Vila A Rotonda. É de estilo renacentista neogrego ou neoclásico en América, que foi ideado por George Washington e construído en 1790. James Hoban é o arquitecto irlandés que deseñou a mansión presidencial. O presidente Washington, xunto co deseñador da cidade, Pierre Charles L'Enfant, escolleu o sitio onde se construiría. Mediante un concurso elixiuse ao arquitecto, nativo de Dublín, que gañou a medalla de ouro pola presentación do deseño que hoxe coñecemos.

O deseño da Casa Branca viuse inspirado pola Leinster House (Dublín), e Castletown House (Celbridge, Irlanda), ambas seguindo o estilo do Palladianismo.

Como o seu nome indícao, é un edificio branco localizado na Pennsylvania Avenue Nº 1600 (Avenida Pensilvania) ao noroeste de Washington, DC. Proxectada durante o primeiro mandato de George Washington, o edificio foi inaugurado por John Adams en 1800. Formalmente este edificio recibiu os nomes de Palacio Presidencial, a Mansión Executiva, ata que o presidente Theodore Roosevelt chamouno «A Casa Branca».

A construción está inspirada na "Vila Rotonda" unha das múltiples que se atopan no Véneto italiano.

Historia

Construción

A construción comezou coa colocación da primeira pedra o 13 de outubro de 1792. Un diario conservado polo comisionado de construción do Distrito de Columbia rexistra que as bases da residencia principal foron escavadas por escravos. Os cimentos tamén foron construídos por traballadores escravos. A maior parte doutros traballos na casa foron realizados por inmigrantes, moitos aínda sen a cidadanía. A maior parte do ladrillo e traballo de xeso foi realizado por inmigrantes irlandeses e italianos. A construción inicial levou a cabo nun período de oito anos, cun custo informado de 232.371,83 dólares (2,4 millóns de dólares de 2005). Aínda que sen terminar, a Casa Branca estaba lista para a súa ocupación en ou sobre o 1 de novembro de 1800 [1]. Cando se terminou a construción as paredes de pedra arenisca porosas foron cubertas dunha mestura de cal, cola de arroz, caseína e chumbo, dando á casa a súa cor familiar e o seu nome.

Os primeiros anos, incendio de 1812, reconstrución

John Adams foi o primeiro presidente en establecer a súa residencia na Casa Branca o 1 de novembro de 1800. Durante o segundo día de estancia escribiulle unha carta á súa esposa Abigail, que contiña unha oración para a casa. Adams escribiu:

Rezo ao Ceo para que outorgue as mellores bendicións a esta Casa, e a todos os que en diante a habiten. Oxalá que só homes sabios e honestos gobernen sempre baixo este teito. “

O presidente Roosevelt ordenou que a bendición de Adams fose esculpida na repisa da cheminea do salón de Ceas de Estado.

Adams viviu na casa pouco tempo, e pronto foi ocupada polo presidente Thomas Jefferson que considerou como agrandar a Casa Branca. Coa axuda de Benxamin Henry Latrobe, axudou a proxectar o deseño das Columnatas Leste e Oeste, pequenas ás que axudaban a ocultar as operacións domésticas de lavandería, unha corte e un almacén. Actualmente as columnatas Jefferson unen a residencia coas Ás Este e Oeste.

Durante a Guerra de 1812, gran parte de Washington, DC foi incendiado polas tropas británicas en vinganza pola queima dos Edificios do Parlamento do Alto Canadá (actualmente Toronto) na Batalla de York, deixando a Casa Branca en ruínas. O interior da mansión quedou destruída, e soamente as paredes exteriores permaneceron, e tiveron que ser derrubadas e posteriormente reconstruídas debido ao debilitamento que causou o lume e á posterior exposición aos elementos, fóra de porcións da parede sur. Unha lenda xurdiu por mor da reconstrución da estrutura, que dicía que se utilizou pintura branca para ocultar os danos que producira o incendio, dando ao edificio o seu nome. Isto é infundado, dado que o edificio xa fora pintado de branco desde a súa construción en 1798. De tódolos obxectos que foron saqueados da Casa Branca durante a guerra, só se recuperaron dúas - unha pintura de George Washington, rescatada pola entón primeira dama Dolley Madison cando escapaba da Mansión, e unha caixa de xoiería, que foi devolta ao presidente Franklin Delano Roosevelt en 1939 por un canadense que dixo o seu avó tomouna. A maior parte dos obxectos perdéronse cando un convoi de naves británicas co HMS Fantome á fronte, afundiuse cando se dirixía de Halifax (Nova Escocia) a Prospect, Canadá, durante unha tormenta na noite do 24 de novembro de 1814.[2]

A necesidade de máis espazo, a Á Oeste

En tempos da Guerra Civil Estadounidense, a Casa Branca estaba ateigada. Algúns tamén se queixaron pola situación da Casa Branca, xusto ao norte dunha canle e uns pantanos, que constituían as condicións idóneas para contraer a malaria e outras condicións insalubres. Pedíuselle ao xeneral de brigada Nathaniel Michler propor solucións para tratar estas preocupacións. Propuxo abandonar a Casa Branca como residencia, e utilizala soamente para negocios; propuxo un novo Palacio para a Primeira Familia en Meridian Hill Park en Washington, DC , pero o plan foi rexeitado polo Congreso.

En 1891, a Primeira Dama Caroline Harrison propuxo extensións á Casa Branca, que incluían unha Á Nacional no leste para unha galería de arte histórica, e unha á no Oeste para funcións oficiais. Deseñouse un proxecto polo Coronel Theodore A. Bingham, que reflectiu o plan de Harrison. En 1901, Theodore Roosevelt e a súa gran familia trasladáronse á Casa Branca, e atopouna demasiado pequena. Tres arquitectos, McKim, Mead, e White, foron contratados para realizar renovacións e a súa ampliación, incluíndo a Á Oeste. A Primeira Familia pasou catro meses de 1902 nunha residencia temporal no número 22 de Jackson Place . Cara a 1909, o presidente William Taft necesitou máis espazo. Empregaron ao arquitecto Nathan C. Wyeth para engadir mais espazo na Á Oeste, que incluíu a instalación do Despacho Oval .

A reconstrución Truman

Décadas de escaso mantemento e a construción dun cuarto piso durante a administración do presidente Calvin Coolidge afectaron á estrutura de ladrillo e pedra arenisca construída sobre marcos de madeira. En 1948, a casa chegou a ser tan inestable, que o presidente Harry Truman abandonouna, trasladándose á Casa Blair, entre 1949 e 1951.

A reconstrución, levada a cabo pola empresa contratista John McShain de Filadelfia, requiriu desmontar por completo os espazos interiores, a construción dun novo bastidor interno de aceiro e a reconstrución dos cuartos orixinais dentro da nova estrutura. Fixéronse algunhas modificacións ao deseño do piso, para facelo máis grande e colocar de novo a escaleira central para abrirse ó Vestíbulo de Entrada, en lugar de ó Vestíbulo Central. Engadiuse aire acondicionado central, e dous sotos secundarios adicionais que proporcionaban espazo para salas de traballo, almacéns e un refuxio contra bombas. A familia Truman trasladouse novamente á Casa Branca o 27 de marzo de 1952. Aínda que a casa salvouse grazas á reconstrución de Truman, gran parte do mobiliario interior era de serie, e de pouco valor histórico. A maior parte do enlucido orixinal, algún correspondente á reconstrución de 1814-1816 estaba demasiado danado para instalar de novo, como o robusto revestimento de madeira Beaux Arts da Sala Este. O presidente Truman tiña as vigas orixinais de madeira. As paredes do cuarto de Vermeil, da biblioteca, do cuarto de China, e do cuarto dos Mapas no piso da residencia principal foron artesonadas con madeira das vigas.

A restauración Kennedy

Jacqueline Kennedy, esposa do presidente dirixiu a redecoración máis extensa e máis histórica da Mansión na súa historia. Henry Francis du Pont do museo de Winterthur presidiu un comité para restaurar as artes e mobles da casa. A investigación foi conducida sobre o uso e a decoración dos principais cuartos da casa. Diversos períodos da república temperá foron seleccionados como tema para cada sitio: o estilo federal para o Cuarto Verde; Imperio francés para o Cuarto Azul; Imperio Americano para o Cuarto Vermello; Luís XVI para o Cuarto Oval Amarelo; e Victoriano para o estudo do presidente, renomeado como Cuarto de Tratados. Adquiríronse mobles antigos, e a tea decorativa e o axuste baseados en documentos do período foron producidos e instalados. Moitas das antigüidades, as pinturas finas, e doutras melloras do período de Kennedy foron doadas á Casa Branca por doantes ricos, incluíndo a familia Crowninshield, Jane Engelhard, Jayne Wrightsman, e a familia Oppenheimer. A restauración de Kennedy deu lugar a unha Casa Branca luxosa e cun aspecto próximo ao da nobreza real, e que recordou o gusto francés dos presidentes Madison e de Monroe. Gran parte do estilo francés proviña do decorador de interiores Stéphane Boudin da empresa Maison Jansen, unha deseñadora de interiores de París, a firma que deseñara os interiores para os palacios de Elsie de Wolfe, señora Olive Baillie, as familias reais de Bélxica e de Irán, o Reichsbank alemán durante o período do Nacional Socialismo, e o Castelo Leeds en Kent. A primeira guía turística da Mansión foi producida baixo a dirección da conservadora Lorena Waxman Pearce, coa supervisión directa de Jacqueline Kennedy. As vendas das guías axudaron a financiar a restauración.

Comité para a preservación da Casa Branca

O Comité de Belas Artes de Kennedy co tempo creou o Comité autorizado polo Congreso para a Preservación da Casa Branca, cuxa misión é manter a integridade histórica da Casa Branca. O comité traballa coa Primeira Familia, polo xeral representada pola Primeira Dama, o Conservador da Casa Branca, e o Uxier Principal da Casa Branca. Desde o establecemento do comité, cada familia presidencial fixo algúns cambios nas habitacións familiares da Casa Branca, pero tódolos cambios nos Cuartos Estatais deben ser aprobados polo Comité para a Preservación da Casa Branca. Durante a administración Nixon, a Primeira Dama Pat Nixon restaurou o Cuarto Verde, Cuarto Azul e Cuarto Vermello, traballando con Clement Conger, o restaudador designado por eles. Durante a década de 1990 o presidente e a Sra Clinton fixéronse restauracións nalgúns cuartos polo decorador de Arcansas Kaki Hockersmith. Durante a administración de Clinton o Cuarto Leste, Cuarto Azul, Comedor Estatal e a Sala de Estar Lincoln foron restaurados. Unha restauración recente do Dormitorio Lincoln comezado durante a administración Clinton foi completada na administración do presidente George W. Bush, e comezou a restauración do Cuarto Verde e Cuarto Leste.

A Casa Branca é un dos primeiros edificios do goberno en Washington que se fixo accesible por cadeira de rodas, con modificacións efectuadas durante a presidencia de Roosevelt, que tiña que usar unha cadeira de rodas a consecuencia da súa paraplexia. Nos anos 1990 Hillary Rodham Clinton, a suxestión do Director da Oficina de Invitados Melinda N. Bates, aprobou a adición dunha rampla no corredor do Á Este. Isto permitiu o fácil acceso en cadeira de rodas para as viaxes públicas e acontecementos especiais que acceden pola entrada de seguridade ao lado este.

A Á Oeste

A principios do século XX, novos edificios foron construídos nos dous lados da mansión, para acomodar aos traballadores do presidente. A Á Oeste é un edificio de tres pisos principais e varios niveis subterráneos, onde esta situada a Oficina do Presidente, o Despacho Oval (The Oval Office) e as oficinas dos membros importantes da súa Administración. Tamén inclúe unha sala para as reunións do séu Gabinete Presidencial (Cabinet Room) e a Sala de Situacións (Situation Room).

Os demais membros da Rama Executiva incluíndo o Vicepresidente que traballan para o presidente, teñen as súas oficinas no edificio directo ao oeste do á oeste da casa branca, chamado o Edificio Executivo vello (Old Executive Building), e cada secretaria do seu gabinete, teñen os seus propios edificios administrativos do seu departamento.

Estrutura

Pouca xente dáse conta do verdadeiro tamaño da Casa Branca, xa que boa parte dela atópase distribuída nos subterráneos, e a esta tápana as árbores do xardín. A Casa Branca ten:

  • 6 pisos e 5.100 m²
  • 132 recámaras e 35 baños nos dous pisos de arriba
  • 412 portas
  • 147 fiestras
  • 28 chemineas
  • 8 escaleiras
  • 3 ascensores
  • 5 chefs
  • 5.000 visitantes ao día
  • 1.825.000 visitantes ao ano

Notas

Шаблон:Listaref

Ligazóns externas

Шаблон:En

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
The Ritz-Carlton
5 September 2013
Don’t miss the White House beehive and the First Lady’s vegetable garden from the gate on the South Lawn. The bees pollinate White House plants and make honey for the first family and their guests.
Elaine Lorent
5 April 2014
Try to go in the morning! It gets really crowded in the afternoon (which makes it hard to find a good spot to take a picture)!
The Bozzuto Group
7 August 2012
If you want a tour, you have to coordinate with your local Congress office months in advance, but we enjoy taking it all in from the outside. Amazing landscape and a legendary building!
Paige C
21 August 2017
Our President staring directly at the sun during the Eclipse. Pretty much sums it up.
Social News Network
20 June 2012
If you ever get a chance to visit Washington D.C., the White House is a must see! My suggestion is to walk down the strip rather than have a taxi take you because there are tons of monuments to see!
The Traveler
16 March 2019
Went on a tour of the White House. Very long wait to get through security. Took an hour and half. Tour itself is self guided. Lots photos of Presidents and you get to see a few rooms.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.7/10
Alexey Dodonov, Georgiy Mostolovitsa e 3,835,791 máis persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Willard InterContinental Washington

a partir de $504

The Hay - Adams

a partir de $389

Sofitel Washington DC Lafayette Square Hotel

a partir de $467

W Washington D.C.

a partir de $395

JW Marriott Washington, DC

a partir de $349

BridgeStreet at Woodward Building Apartment

a partir de $319

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Jacqueline Kennedy Garden

The Jacqueline Kennedy Garden is located at the White House south of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
White House Rose Garden

The White House Rose Garden is a garden bordering the Oval Office and

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Treasury Building (Washington, D.C.)

The Treasury Building in Washington, D.C. is a National Historic

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
White House Conference Center

The White House Conference Center is an annex building of the White

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Armenian Genocide Museum of America

Armenian Genocide Museum of America (AGMA) is a proposed Armenian

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Oscar Straus Memorial

The Oscar S. Straus Memorial in Washington, D.C. commemorates the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Warner Theatre (Washington, D.C.)

The Warner Theatre is a theater located at 513 13th Street, N.W. in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Monumento a Washington

O Monumento a Washington (Washington Monument) normalmente fai

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Hospital Chelsea

The Royal Hospital Chelsea is a retirement home and nursing home for

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Nasseef House

Nasseef House or Nassif House (Arabic: بيت نصيف Bayt Nasseef) is a h

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Reichstag

O Reichstag (en alemán Reichstagsgebäude, abreviado Reichstag) é un ed

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Os Inválidos

Vista áerea d'Os Inválidos «

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Capitolio dos Estados Unidos

O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos

Ver todos os lugares similares