Castelo de Bran

O castelo de Bran (en romanés: Castelul Bran; en alemán: Törzburg; en húngaro:Törcsvári kastély) é un castelo (fortificación) medieval localizado nun outeiro da aldea de Bran moi preto da vila de Braşov, é monumento nacional e un dos símbolos de Romanía.

A fortificación áchase na raia entre as rexións deTransilvania e Valaquia, na estrada secundaria romanesa DN73. O seu valor estriba na súa antigüidade e arquitectura, porén comunmente se coñece coma o "Castelo de Drácula" e é esa a súa principal atracción turística. O castelo foi unha das múltiples localizacións ligadas a Vlad Țepeș, persoeiro histórico no que se inspirou o personaxe do Conde Drácula da novela homónima do irlandés Bram Stoker do século XIX. Crese que a súa verdadeira fortaleza foi o Castelo de Poenari, hoxe parcialmente en ruínas; tamén morou no Castelo de Hunyad.

Con todo non hai evidencia de que Stoker escoitara falar deste castelo, que pouco ten que ver con Vlad III, O Empalador, voivoda de Valaquia, a suposta inspiración de Drácula. Como descubriu o autor belga Hans Corneel de Roos, a localización que Bram Stoker tiña en mente realmente do castelo de Drácula cando estaba a escribir a novela era o cumio dunha montaña illada, o Monte Izvorul Călimanului, de 2.033 m de alto, situado nos Alpes Kelemen transilvanos preto da fronteira con Moldavia.

Hoxe en día o castelo, que pouco ten que ver co estilo gótico escuro e terrorífico dos filmes baseados na novela, é un museo aberto aos turistas, cunha mostra de obras de arte e mobiliario colección da Raíña María de Saxonia. Aos pés do outeiro hai un pequeno museo ao ar libre de construción tradicional romanesa (cabanas, celeiros etc.) de todo o país.

Descrición e historia

A fortaleza está emprazada na raia entre Transilvania e Valaquia e a súa arquitectura é única. No lugar onde achamos o castelo foi construída unha fortaleza polos cabaleiros da Orde Teutónica arredor de 1212, cando foron acollidos no Reino de Hungría, despois de seren derrotados polos sarracenos en Terra Santa e regresaron de Palestina a Europa. Se ben esa pequena fortaleza foi arrasada co paso do tempo e recibiu as arremetidas das hordas tártaras en 1241, a estrutura actual foi ergueita por orde do rei Luís I de Hungría no 1377, para cumprir unha función comercial e defensiva contra o voivoda de Valaquia.

O castelo coñécese hoxe por ser a morada do Conde Drácula, inspirado no príncipe Vlad III O Empalador (nado Vlad Draculea) do século XV. Porén, non hai evidencias de que Vlad (famoso polo xeito cruel de dar morte aos seus inimigos) morase alí, e, segundo a maioría das versións, O Empalador pasou só dous días encerrado nos alxubes do castelo, cando a rexión estaba ocupada polos otománs.

Logo de rematar a Primeira Guerra Mundial, en 1920, asinouse o Tratado de Trianon, onde a rexión de Transilvania será cedida ao Reino de Romanía, polo que o castelo de Bran pasou a pertencer á administración romanesa.

O castelo, que foi posesión da Princesa Ileana (Helena de Romanía), que o herdou de súa nai, a Raíña María, foi incautado polo Goberno comunista de Romanía en 1948. Durante moitos anos foi descoidado, mais trala restauración dos anos 1980 e a Revolución romanesa de 1989, pasou a ser un destino turístico.

O herdeiro legal do castelo era o fillo da Princesa Ileana, o Arquiduque Dominico (Domingos de Habsburgo), e en 2006 o goberno romanés llo devolveu. O Arquiduque Domingos é un enxeñeiro estadounidense que mora en Nova York. En 2007, Domingos de Habsburgo puxo á venda o castelo polo prezo de 50 millóns deeuros e a oferta foi aceptada por Román Abramóvich, un multimillonario ruso do petróleo, mais finalmente o trato non se fechou, polo que a propiedade segue en mans dos Habsburgo.

Nunha publicación da revista Forbes de Estados Unidos, o castelo foi valorado en 140 millóns de dólares, cantidade xustificada polos expertos por mor aos ingresos que podería fornecer este edificio histórico como foco turístico. Porén os propietarios actuais e mailas autoridades insisten en rexeitar o mito de Drácula, e prohíben explotar o castelo coma parque temático sobre este personaxe, o que lle resta moito do seu atractivo. Segundo as últimas novas, a familia Von Habsburg decidiu crear unha sociedade a medias coas autoridades, para manter o castelo aberto aos turistas.

Inspiración para a novela Drácula

Presuntamente, Bram Stoker moldeou partes do carácter do Conde Drácula baseándose en aspectos do persoeiro real de Vlad Draculea, e usou Bran como modelo para describir o castelo deste vampiro.

A imaxe do castelo de Bran empregouse en múltiples adaptacións fílmicas de Drácula, e de xeito informal chegou se ser coñecido coma «Castelo de Drácula».

Turismo

O castelo áchase a uns 30 quilómetros da turística vila de Braşov (a 3 horas en tren de Bucarest). Dende Braşov pódese coller comodamente un bus dende a Estación de Autobuses (Autogara 2) por 14 lei (3,5 €). Chégase a Bran en 20 minutos.

A economía local fixo ligazón coa novela para impulsar o turismo, e nos arredores do castelo hai unha grande feira onde se poden conseguir todo tipo de obxectos relacionados co vampiro (tarxetas postais, imáns, cuncas, camisetas etc.)

Véxase tamén

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

Outros artigos

  • Braşov
  • Râşnov

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Olivian
11 February 2016
Always a nice attraction! Well kept and you get info in multiple languages. The market underneath is great to browse around for traditional products. Minus points for the parking; always problematic.
Tia Vasiljevic
15 August 2018
I was quite surprised how much I enjoyed spending time exploring the castle, reading about the history of it all & some tales in English. There was also in the native language and in German.
Tia Vasiljevic
15 August 2018
The garden was very well kept with roses, trees & lovely lake too. Inside, I enjoyed checking out the tiny rooms, going through dark tunnels & climbing narrow staircases, finding hidden compartments
Stefan Crisan
12 June 2022
Love this castle and his history. Beautiful rooms with great details. The stairs are so lovely.
Carl Griffin
27 December 2015
Beautiful fairy tale castle. Supposed connections with Vlad Tepes (Dracula). A must visit if you are in the Brasov area.
Vassilis Ts
25 June 2016
Promoted as Dracula's castle, it's in a beautiful and green environment. Well maintained building which deserves visiting but rather not for its myth :)
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Conacul Ambient

a partir de $90

Bran Belvedere International

a partir de $64

Hotel Wolf 2

a partir de $75

Hotel Wolf 1

a partir de $52

Mistral Resort

a partir de $67

Cabana Trei Brazi

a partir de $43

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Muzeul Național Bran

Muzeul Național Bran is a tourist attraction, one of the Museos in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Râșnov Citadel

Râșnov Citadel (română. Cetatea Râșnov, Deutsch. Rosenauer Burg) is a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Sphinx (Romania)

The Sphinx (română. Sfinxul) is a natural rock formation in the B

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Babele

Babele (meaning The old women) is a name for an area on the Bucegi

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Heroes' Cross on Caraiman Peak

The Heroes' Cross is a monument built between 1926 and 1928 on

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pelişor

Pelişor Castle (Romanian: Castelul Pelişor ]) is a castle in Sinaia, R

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Brașovia Citadel

Brașovia Citadel was a fortification located on the top of Tâmpa m

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Șchei Gate

Şchei Gate (română. Poarta Schei) in Braşov, Romania, is right nex

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Alden Biesen Castle

Alden Biesen is 16th century castle in Belgium, located in the small

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Turaida Castle

Turaida Castle (Latvian: Turaidas pils, German: Treiden, Treyden;

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Toruń Castle

Toruń Castle or Thorn Castle is a 13th- or 14th-century castle of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Krimulda Castle Ruins

The Krimulda Castle Ruins are located just outside Sigulda, Sigulda

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Balga

Balga (Russian: замок Бальга; Polish: Bałga) was a medieval ca

Ver todos os lugares similares