Castles in Coca

Castelo de Coca

EnMork, Vadim I e 9,872 máis persoas estiveron aquí
8.6/10

O castelo de Coca é unha fortificación da localidade de Coca na provincia de Segovia, Castela e León, España. A fortaleza foi construída no século XV dentro do estilo gótico-mudéxar. Pertence á Casa de Alba, e está cedido ao ministerio de Agricultura de España ata o ano 2054. Está declarado Ben de Interese Cultural.

Situación

Está situado nos arredores da vila sobre o meandro do río Voltoya -afluente do Eresma- nunha explanada dunha zona escarpada. É unha das fortalezas de España que non se asenta sobre un outeiro, senón sobre unhas escarpas do terreo. Rodea o edificio un ancho e profundo foso.

Descrición

A súa construción, atribuída aos alarifes sevillanos, realizouse no século XV principalmente en ladrillo, utilizado non só como material de obra, senón tamén como elemento decorativo; a pedra calcaria aparece nas seteiras, as columnas do patio de armas e outros elementos decorativos.

O seu sistema defensivo consta de tres partes: o foso e dous recintos amurallados con torres grandes. Ademais, dispón dunha ponte defensiva sobre o foso, que conduce ao primeiro recinto amurallado; tras el, rexístrase unha porta enreixada que leva ao patio de armas.

O recinto inferior é de planta cadrada, e atópase flanqueado nas súas esquinas por catro torres, sendo a de maior tamaño a torre da homenaxe, percorrida no seu interior por unha angosta escaleira de caracol realizada en ladrillo que permite o acceso a diversas plantas destinadas a capela, sala de armas e outras estancias. A sala de armas posúe unha bóveda de nervaduras góticas con mosaicos decorados de motivos xeométricos de varias cores. Dende o alto da torre divísanse os castelos de Cuéllar e de Íscar.

A torre de Pedro Mata segue en tamaño á da homenaxe, seguramente porque xunto a ela protexe a porta de acceso ao patio de armas. As dúas restantes son a torre da Muralla e a dos Peixes. Dentro do recinto poden encontrarse tamén outras salas con decoración de estuco e mural, así como un alxube.

Historia

A vila pertenceu á Coroa de Castela ata que en 1439 foi cedida a Íñigo López de Mendoza, marqués de Santillana, quen en 1451 a permutou pola vila de Saldaña con Alonso de Fonseca e Ulloa, bispo de Ávila e arcebispo de Sevilla. En 1453, Alonso de Fonseca e Ulloa obtivo do rei Xoán II de Castela o permiso real para edificar o castelo, aínda que a súa construción non se empezou ata varios anos despois. Pois como tivo que ausentarse de Coca, Alonso de Fonseca e Ulloa cedeu en 1460 os dereitos da vila ao seu irmán Fernando de Fonseca, que os exerceu ata a súa morte en 1463. Alonso faleceu en 1473 sendo arcebispo de Sevilla, e Coca foi herdada polo seu sobriño, Alonso de Fonseca e Abeledo, fillo de Fernando, quen levou a cabo a construción da meirande parte do castelo, ata quedar practicamente rematada en 1493. A partir de entón foi residencia palaciana e escenario de grandes festas, ás cales asistiron notables personalidades.

Nomeou o seu sobriño Alonso de Fonseca e Acevedo coma o seu sucesor, quen mandou construír o castelo en 1473 e converteuno en residencia señorial, onde celebrou grandes festas que eran frecuentadas por diferentes personalidades, entre as que destaca o Cardeal francés Jean Jouffroi, que chegou a Castela coa proposta de matrimonio entre a infanta Isabel (despois raíña) co duque de Berry de Guyena, irmán de Luis XI de Francia. Tamén visitou o castelo Beatriz de Bobadilla, marquesa de Moya.

En 1502, os Reis Católicos aseguráronse de que en caso de morte de Alonso, o castelo pasase ao seu irmán Antonio Fonseca. E no ano seguinte a raíña Isabel decretou que os herdeiros da vila de Coca só poderían ser varóns, dese xeito eliminou a posibilidade de que o castelo fose herdado por unha das dúas únicas fillas do seu dono. Por iso en 1505, Coca paso ao seu irmán Antonio Fonseca, capitán dos Reis Católicos.

En 1504 pasou a ser propiedade de Antonio de Fonseca, que ampliou os elementos defensivos do castelo, que máis tarde tivo que defenderse do infortunado ataque do marqués do Cenete, quen pretendía rescatar a súa prometida, María de Fonseca, que estaba retida polo seu tío. En 1512 traballaron no castelo alarifes sevillanos (mestres de obras), que posiblemente foron os artífices de moitas das súas decoracións. En 1521 foi atacado polas tropas comuneras en represalia polo incendio de Medina del Campo levado a cabo polo propio Antonio de Fonseca; debido a que non puideron conseguir acceder ao castelo, destruíron a fortaleza próxima de Alaejos. En 1645, foi prisión do duque de Medina-Sidonia, Gaspar Pérez de Guzmán, acusado de terse proclamado rei de Andalucía. E máis adiante, por casamentos, o castelo pasou a ser propiedade da Casa de Alba.

En diferentes épocas pasou por importantes reformas: galerías do Patio de Armas no século XVI, das Torres da Homenaxe e de Pedro Mata no século XVII; e outras melloras en 1715. Pero a partir de 1730 o seu arquivo foi trasladado a Madrid, e o castelo caeu no abandono e a rapina. En 1808, durante a Guerra da Independencia, os franceses ocuparon a vila de Coca e as súas tropas instaláronse no castelo causando importantes danos nel. Cando os franceses o abandonaron en 1812 só quedaban del ruínas. E en 1828, un administrador da Casa de Alba sen escrúpulos vendeu materiais do castelo, entre eles columnas de mármore do patio, o que acentuou aínda máis a súa ruína.

En 1926, o castelo foi declarado Monumento Nacional. En 1931 foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1954 foi cedido ao Ministerio de Agricultura por un período de tempo de 100 anos menos 1 día, sendo restaurado entre 1956 e 1958 para acoller a Escola de Capacitación Forestal. En 1994 foi escenario dun dos capítulos do concurso televisivo de TVE titulado La noche de los castillos.

Escola de capacitación forestal

Trala súa cesión ao Ministerio de Agricultura en 1954, e a partir da finalización da súa restauración en 1958, partes das salas do castelo pasaron a ser a sede da Escola de Capacitación Forestal, que é moi solicitada por alumnos de toda España. Desde 1958 teñen pasado polas súas aulas 39 promocións de Capataces Forestais.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cabañero, V. M.; Sobrino, D.; Zamora, A. (Coords.) (2011): Estudios sobre Historia y Arte en Coca. Real Academia de Historia y Arte de San Quirce. 269 págs. ISBN 978-84-920641-7-5. Estudios sobre historia y arte en Coca
  • Bruno Cardeñosa (2012) - Historia de Iberia Vieja - Nº 80 - El Rey de los Templarios. Editorial: Améria Iberica. 38 págs. ISSN: 8-424094-008599.

Ligazóns externas

Categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Vadim Istratov
8 October 2013
Very picturesque castle! I advise you to deviate from the route and visit Castillo de Coca and museum inside it.
Omar Torres Pestano
1 September 2014
Sencillamente impresionante, tanto el castillo como su entorno (el pueblo de Coca, el pinar y los jardines). La entrada cuesta 2,70€ e incluye visita guiada gratuita (al guía le falta brío)
Estela Martín
10 December 2015
Castillo mudéjar muy bien restaurado. Bien merece una visita, junto con el resto de castillos que conforman la ruta mudéjar de la zona
Alvaro Sanchez
16 August 2020
Muy cerquita de la vía verde del Eresma, vale la pena desviarse para visitarlo.
Vanessa Martini
16 June 2018
En el medio de la nada, esta esta bello y bien conservado castillo!
Pablo Gonzalez
12 November 2015
La visita guiada esta bien. Y las vistas desde la torre merece la pena.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
Localización
Horario
Mon-Fri 10:00 AM–1:00 PM
Sat-Sun 11:00 AM–1:00 PM
Referencias

Castillo de Coca on Foursquare

Castelo de Coca on Facebook

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Castilla Termal Balneario de Olmedo

a partir de $133

Hotel Balneario Villa de Olmedo

a partir de $0

Hotel Villa De Ferias

a partir de $63

ATH La Mota

a partir de $58

Posada Real del Pinar

a partir de $93

Solaz del Moros

a partir de $100

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Torre De San Nicolás

Torre De San Nicolás is a tourist attraction, one of the Towers in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Nuestra Señora de la Soterraña

Nuestra Señora de la Soterraña Spanish pronunciation: ] (

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Arévalo

O castelo de Arévalo é unha fortificación do século XV, localizada en

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Cuéllar

O Castelo de Cuéllar ou Castelo dos Duques de Alburquerque é o m

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Portillo Castle

The Castillo de Portillo is a medieval castle in Portillo, in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Convento de San Juan de la Cruz (Segovia)

Convento de San Juan de la Cruz (Segovia) is a tourist attraction,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Alcázar of Segovia

The Alcázar of Segovia (literally, Segovia Castle) is a stone

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Monastery of Santa María del Parral

Monastery of Saint Mary of Parral (Spanish: Monasterio de Santa María

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Neuschwanstein

Neuschwanstein é un dos castelos neogóticos máis coñecidos do mun

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Praga

O Castelo de Praga (en checo: Pražský hrad) é un castelo situado na ci

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Sant'Angelo

O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de S

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Frederiksborg

O castelo de Frederiksborg chámase así por estar construído na vila di

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lednice–Valtice Cultural Landscape

The Lednice-Valtice Cultural Landscape (also Lednice-Valtice Area or

Ver todos os lugares similares