Art museums and galleries in Fontainebleau

Castelo de Fontainebleau

9.2/10

O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.

O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.

A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.

Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.

Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.

A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Amberes, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.

Historia

O vello castelo que se erguía neste lugar xa se usaba ao final do século XII polo Rei Luis VII, para quen Thomas Becket consagrou a capela. Fontainebleau foi unha das residencias favoritas de Filipe II e de Luís IX. O creador do actual edificio foi Francisco I, para quen o arquitecto Gilles le Breton erixiu a maior parte das construcións do Cour Ovale (Cortiña Oval), incluíndo a Porte Dorée, a súa entrada Sur. Este rei tamén convidou para Francia, Sebastiano Serlio e Leonardo da Vinci. A Galería de Francisco I, cos seus afrescos feitos en estuque por Rosso Fiorentino, foi construída entre 1522 e 1540, sendo a primeira gran galería decorada en ser construída en Francia. De un modo xeral, Fontainebleau introduciu o Renacemento en Francia. A Salle des Fêtes, no reinado de Henrique II, decorouse polos pintores Maneiristas italianos, Francesco Primaticcio e Niccollo dell Abbate. A "Ninfa de Fontainebleau", de Benvenuto Cellini, encomendada para o palacio, está no Louvre.

Foi levada a cabo outra campaña de extensas construcións por Henrique II e Catarina de Médici, que contrataron os arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant.

Ao Fontainebleau de Francisco I e Henrique II, Henrique IV engadiulle o patio que leva o seu nome, e aínda o Cour des Princes, coa adxacente Galerie de Diane de Poitiers e a Galeríe des Cerfs, usada como biblioteca. Nestes proxectos adicionais desenvolveuse unha "segunda escola de decoradores de Fontainebleau", menos ambiciosa e orixinal que a primeira. Henrique IV perforou o bosque cun canal de 1200 m. (onde se pode pescar actualmente) e ordenou a plantación de piñeiros, olmos e árbores de froita. O seu xardineiro, Claude Mollet, entrenado no Château d'Anet, executou parterres. Tres séculos despois o palacio entrou en decadencia; durante a Revolución Francesa moito do mobiliario orixinal foi vendido, no decurso das vendas revolucionarias do contido de todos os palacios Reais, concibidas como unha forma de conseguir diñeiro para a nación e asegurar que os Borbóns non poderían voltar aos seus confortos. Porén, unha década despois, o Emperador Napoleón Bonaparte, comezou a transformar o Château de Fontainebleau nun símbolo da súa grandeza, como unha alternativa ao baleiro Palacio de Versailles, coas súas connotacións Borbónicas. En Fontainebleau, Napoleón asinou a súa abdicación, co Tratado de Fontainebleau, despediuse da súa Vella Garda e foi para o exilio, en 1814. Con modificacións á estrutura do palacio, incluíndo a entrada de cantaría suficientemente larga para a súa carruaxe, Napoleón axudou a facer do palacio o lugar que os visitantes coñecen actualmente. Fontainebleau foi o escenario da Corte do Segundo Imperio, do seu sobriño Napoleón III.

Filipe IV, Henrique III e Luís XIII naceron neste palacio, e o primeiro destes reis tamén morreu aquí. Cristina da Suecia viviu en Fontainebleau durante varios anos, despois da súa abdicación en 1654. O 1685 Fontainebleau asistiu á sinatura do Edito de fontainebleau, quen revogou o Edito de Nantes (1598). Os hóspedes reais dos Reis Borbón instaláronse en Fontainebleau: Pedro I da Rusia e Cristiano VII da Dinamarca, e tamén, na época de Napoleón, o Papa Pio VII — en 1804 cando veu consagrar Napoleón como Emperador, e entre 1812 e 1814, cando foi o seu prisioneiro.

Actualmente, parte do palacio alberga as "Écoles d'Art Américaines", unha escola de arte, arquitectura e música para estudantes dos E.U.A.. Preservado nos campos está o jeu de paume (pista de tennis real) de Henrique IV. É a maior pista de tenis deste xénero no mundo, e unha das poucas de propiedade pública.

O 1981, o Château de Fontainebleau foi cualificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Ligazóns externas

Шаблон:Commons

Post a comment
Tips & Hints
Arrange By:
Andrew Stephen
27 March 2010
Old and beautiful
Philippe Kaelin
12 September 2012
Un grand château, avec de nombreuses salles très bien meublées.
Load more comments
foursquare.com
Location
Map
Address

9 Place d'Armes, 77300 Fontainebleau, Francia

Get directions
Open hours
Mon-Wed-Sun 9:30 AM–6:00 PM
References

Château de Fontainebleau on Foursquare

Castelo de Fontainebleau on Facebook

Hotels nearby

See all hotels See all
Aigle Noir Hotel

starting $190

La Demeure Du Parc

starting $214

Hôtel Restaurant Napoléon

starting $75

ibis Château de Fontainebleau

starting $127

Hôtel Belle Fontainebleau

starting $76

Hôtel de Londres

starting $230

Recommended sights nearby

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Forest of Fontainebleau
Francia

Forest of Fontainebleau (Français: Forêt de Fontainebleau) is a t

Add to wishlist
I've been here
Visited
Vaux-le-Vicomte
Francia

Vaux-le-Vicomte (Français: Château de Vaux-le-Vicomte) is a tourist a

Add to wishlist
I've been here
Visited
Corbeil Cathedral
Francia

Corbeil Cathedral (Français: Cathédrale Saint-Spire de C

Add to wishlist
I've been here
Visited
Château de Grégy
Francia

Château de Grégy is a tourist attraction, one of the Castles in G

Add to wishlist
I've been here
Visited
Évry Cathedral
Francia

Évry Cathedral (Français: Cathédrale de la Résurrection d'Évry) is a

Add to wishlist
I've been here
Visited
Sainte-Geneviève-des-Bois Russian Cemetery
Francia

Sainte-Geneviève-des-Bois Russian Cemetery (Français: Cimetière ru

Add to wishlist
I've been here
Visited
Grand Mosque of Évry
Francia

Grand Mosque of Évry (Français: Mosquée d'Évry-Courcouronnes) is a tou

Add to wishlist
I've been here
Visited
Château de Brie-Comte-Robert
Francia

Château de Brie-Comte-Robert is a tourist attraction, one of the

Similar tourist attractions

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Hameau de la reine
Francia

Hameau de la reine (Français: Hameau de la Reine) is a tourist

Add to wishlist
I've been here
Visited
Palais du Louvre
Francia

Palais du Louvre is a tourist attraction, one of the Art museums and

Add to wishlist
I've been here
Visited
Palacio de Versalles
Francia

O palacio de Versalles, coñecido en francés como Château de Ve

Add to wishlist
I've been here
Visited
Palazzo Pitti
Italia

Palazzo Pitti is a tourist attraction, one of the Art museums and

Add to wishlist
I've been here
Visited
National Art Gallery (Bulgaria)
Bulgaria

National Art Gallery (Bulgaria) (Български: Национал

See all similar places