Cataratas do Niágara

As Cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no Río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano de Nova York e da provincia canadense de Ontario. As Cataratas do Niágara están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as Cataratas do Niágara son moi largas, sendo facilmente a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.

As Cataratas do Niágara son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século, as cataratas do Niágara están divididas polas cidades-xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.

Formación das cataratas

As raíces históricas das Cataratas do Niágara remóntanse á glaciación de Wisconsin, que terminou hai cerca de 10 mil anos atrás. Tanto os Grandes Lagos como o Río Niágara creáronse por esta última glaciación, que creou un glaciar, unha enorme e espesa capa de xelo sobre a rexión. O glaciar, á medida que se movía, erosionaba o solo, abrasando rochas e movendo partículas sólidas que erosionaban o solo, escavaba o solo e así foi formando ríos e lagos, que actualmente forman a bacía hidrográfica do Río San Lourenzo. O glaciar tamén represionou tramos de antigos ríos, que se viron forzados a escavar un novo camiño, aumentando así o efecto da erosión. Moitos especialistas consideran que existe un antigo val, cuxa nacente é incerta, que escovaba no Río San Lourenzo, e que se enterrou por sedimentos traídos polos glaciares, onde actualmente se localiza o Val de Welland.

Cando o glaciar derreteu, o Río Niágara tornouse o dreno dos lagos Superior, Huron, Michigan e Erie. Isto aconteceu porque, co antigo val sendo represionado por sedimentos do último glaciar, e sen un dreno dispoñíbel, a auga destes 4 Grandes Lagos -comunmente chamados de Altos Lagos- obrigouse a escavar un camiño na nova topografía da rexión, facéndoo a través do camiño máis curto dispoñíbel, entre o Lago Erie e o Lago Ontario. As augas dos Altos Lagos escavaron o resistente solo a través da rota cuxa altura entre os Lagos era a menor posíbel. Eventualmente, as augas dos Altos Lagos da rexión entre o Lago Erie e o Lago Ontario, e eventualmente, conseguiron escavar un camiño a través da Chapada do Niágara, así, creando a o Río Niágara. Eventualmente, a través da erosión, as augas dos Altos Lagos acabaron expondo unha capa rochosa moi antiga, formada por rochas mariñas extremamente resistentes, que son sensibelmente máis antigas que os sedimentos traídos polas últimas glaciacións. Tres destas antigas formacións xeolóxicas foron expostas a través pola garganta escavada polo Río Niágara.

Á medida de que o Río Niágara erosionaba o solo, o solo menos resistente das partes finais do Río Niágara -logo ao norte da Chapada do Niágara- era escavado moito máis rapidamente que o solo máis resistente das capas antigas, formadas basicamente por dolomita. A foto aérea á esquerda mostra claramente este solo resistente, formado por dolomita extremamente resistente e densa. Este solo resistente pode ser visto no penedo. As capas de dolomita están localizadas na parte superior do penedo (ocupando aproximadamente un terzo do penedo). Este solo resistente é a Formación de Lockport, formada no Silúrico.

Ainda na foto á esquerda, e inmediatamente abaixo da capa de granito, compondo os dous terzos inferiores do penedo, están localizadas capas de xisto, que é menos resistente que o granito. Estas capas de xisto (que compoñen a Formación de Rochester, formado no Baixo Siluriano) tamén posúen algunhas capas de dolomita, ben como unha gran cantidade de fósiles. Por causa de que este solo formado principalmente por xisto se erosiona máis axiña que as capas feitas principalmente de dolomita, o río Niágara eventualmente erosionou as capas de xisto, así creando as Cataratas do Niágara.

Formando a base do Río Niágara -por tanto, escondida na foto á esquerda- está a Formación de Queenston, formada no Ordoviciano, que é un solo extremamente resistente, composta por xisto e gres. Estas tres formacións xeolóxicas formaban o solo dun antigo mar, e as diferentes características entre estas tres formacións ocorroren debido a mudanzas de condicións dentro deste mar.

As Cataratas do Niágara orixinais estaban localizadas no lugar onde actualmente está situado Lewinston, mais a erosión causada polas correntes fixo que as caídas de auga recuasen varios quilómetros ao sur, en dirección á súa actual localización. Logo enriba das actuais Cataratas do Niágara, a Illa de Goat divide o curso do Río Niágara, resultando na separación das cataratas canadenses - ocalizadas ao oeste- das cataratas americanas e das cataratas Bridal Veil, localizadas ao leste. Aínda que a erosión -e consecuentemente, o recúo das cataratas máis para o sur- diminuíu grazas a feitos de enxeñaría humana, as Cataratas do Niágara irán recuar eventualmente o suficiente para drenar a maior parte do Lago Erie (cuxo punto máis profundo está localizado nunha altitude maior que as profundezas das Cataratas). Os enxeñeiros constantemente traballan en proxectos cuxo obxectivo é adiar ao máximo posíbel este acontecemento.

A altura das cataratas son de aproximadamente 52 metros, aínda que as cataratas americanas teñan unha caída libre de apenas 21 metros, antes de caer baixo unha capa de rochas (que se depositaron en 1954, despois dunha xigantesca avalancha). As cataratas canadenses son as maiores das tres cataratas, cos seus 792 metros de largura. Xa as cataratas americanas posúen 323 metros de largura. O volume de auga que desauga nas Cataratas do Niágara é de aproximadamente 5,720 m³/s, en marzo, abril, outubro e novembro. Xa nos meses de verán, moito das augas do Niágara desvíanse para as hidroeléctricas presentes na rexión; así, o volume de auga desaugado nas Cataratas do Niágara nos meses de verán, de media, son 2,832 m³/s. Este volume diminúe aínda máis á noite, cando máis auga se desvía para as hidroeléctricas.

Historia do Niágara e os seres humanos

O nome "Niágara" ven dunha palabra iroquesa que significa "treboada de augas". Os habitantes orixinais da rexión eran os Onxiara, unha tribo iroquesa chamado de "Os Neutros" por asentadores franceses. Os Onxiara foron así nomeados por tales franceses porque esta tribo iroquesa axudou os franceses a mediar varias disputas entre os asentadores franceses con outras tribos indíxenas da rexión.

Non se sabe ao certo quen foi o primeiro explorador europeo que viu as Cataratas e anotara nun documento o seu testemuño sobre o Niágara. Moitos consideran que foi o francés Samuel de Champlain o primeiro explorador europeo que viu estas fervenzas, en 1604. Foron algúns membros do equipo de Champlain os que descubriron as Cataratas, nun día de inverno, onde a parte exterior das caídas de auga fican conxeladas. Eles ouviron o barullo das caídas e eventualmente descubriron as Cataratas (e rapidamente avisaron a Champlain as súas descubertas). Champlain de feito anotou nos seus diarios a visión das Cataratas, mais varias persoas consideran que Champlain nunca visitou as Cataratas do Niágara. Varios, polo contrario, cren que foi o naturalista sueco Pehr Kalm o primeiro, pois segundo eles a primeira descrición das Cataratas do Niágara fíxoa el nunha expedición á área no comezo do século XVIII. A maioría dos historiadores, porén, consideran que foi o Padre Louis Hennepin o primeiro que viu e describiu as Cataratas, en 1677, cando exploraba a rexión xuntamente co compatriota René Robert Cavelier de La Salle, tornándoos mundialmente famosos. Hennepin tamén foi o primeiro europeo que viu e describiu as Cataratas de Saint Anthony, en Minnesota.

Durante o século XIX, as Cataratas do Niágara tornáronse unha atracción turística bastante popular, e o turismo pasou a ser a principal fonte de renda a mediados do mesmo século. En canto isto, a demanda de pasaxe sobre o Río Niágara -que serve de fronteira entre o Canadá, localizado ao oeste do río, e os Estados Unidos, localizados ao leste do río- creceu. En 1848 construíuse unha ponte de madeira, nomeada Niagara Suspension Bridge. En 1855, unha ponte maior, tamén feita de madeira e nomeada Niagara Falls Suspension Bridge, substituíu a Niagara Suspension Bridge. En 1886 construíuse unha ponte en arco, substituíndo a anterior. Esta ponte realizouse principalmente con aceiro. Esta ponte aínda se emprega hoxe como unha ponte ferroviaria. En 1897 inaugurouse a primeira ponte construída totalmente con aceiro, a Ponte Whirpool Rapids. Esta tamén era unha ponte en arco, construída a aproximadamente 15 quilómetros so norte das Cataratas. Estase empregando na actualidade, transportando coches, ómnibus, camións, trens e peóns. En 1941, a Niagara Falls Bridge Commission inaugurou unha terceira ponte, inmediatamente ao sur das Cataratas, nomeada Ponte Rainbow, que permite apenas o transporte de peóns e vehículos.

Despois da segunda guerra mundial, o turismo aumentou de vez na área, á medida que os automóbiles tornaban o acceso de turistas canadenses e norteamericanos máis fácil á rexión. Axudou na grande expansión do turismo tamén a construción de varias autoestradas, ao longo da década de 1940. Desde entón, a historia das Cataratas do Niágara basicamente consistiu no fornecemento de enerxía hidroeléctrica, ben como asiduo control sobre o desenvolvemento urbano, tanto do lado canadense canto do lado norteamericano, que pasou a ameazar a beleza natural das Cataratas do Niágara.

Impacto na industria e no comercio

O potencial das Cataratas do Niágara como unha fonte en potencial de enerxía (en particular, enerxía eléctrica) é antigo. A primeira tentativa humana en usar as augas do Niágara como fonte de enerxía data de 1759, canto o norteamericano Daniel Joncairs construíu un pequeno canal enriba das cataratas, para alimentar o seu muíño. En 1805, Augustus e Peter Porter compraron a facenda de Joncairs, ben como todas as Cataratas localizadas do lado norteamericano, do goberno do estado de Nova York. Os Porters aumentaron o canal anteriomente construído por Joncairs, para o fornecemento de enerxía hidráulica. En 1853, o goberno do estado de Nova York creou a Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company, unha empresa pública. A Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company eventualmente construíu os canais que serían usados para a xeración de electricidade. En 1881, baixo a dirección de Jacob Schoellkopf, estes canais xeraban electricidade suficiente, na forma de corrente continua, para alimentar a vila de Niagara Falls, Nova York.

Cando o ruso nacionalizado norteamericano Nikola Tesla inventou a corrente alterna, o transporte de electricidade a longas distancias tornouse posíbel. Posteriomente, constuíuse un memorial homenaxe á Tesla. En 1883, a Niagara Falls Power Company, a sucesora da Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company, contratou a George Westinghouse, para que desenvovese un sistema para a xeración de corrente alternada. En 1896, financiada por xigantes como a J.P. Morgan, John Jacob Astor IV, e a Vanderbilt, a Niagara Falls Power Company terminou a construción de canais subterráneos, que desviaban auga do Río Niágara para turbinas. Este sistema era capaz de producir até 75 megawatts de electricidade, que era transportada até Buffalo, localizada no estado de Nova York, a 32 quilómetros das Cataratas do Niágara.

As compañías privadas do lado canadense tamén pasaron a tirar proveito da enerxía das Cataratas, empregando tanto firmas domésticas e norteamericanas para tal. O goberno da provincia canadense de Ontario trouxo as operacións de produción e distribución de electricidade na rexión do Niágara baixo control público, en 1906, distribuíndo a electricidade producida na rexión do Niágara para varias partes da provincia -especialmente no sur-.

Actualmente, cerca do 50% ao 75% das augas do Río Niágara desvíanse a catro xigantescos túneles que desvían estas augas 10 quilómetros río arriba das Cataratas. Esta auga pasa por turbinas hidroeléctricas que xeran electricidade para áreas próximas do Canadá e dos Estados Unidos, antes de voltar novamente ao Río Niágara. As estacións hidroeléctricas máis poderosas no Río Niágara actualmente son as hidroléctricas Adan Beck 1 e 2, no lado canadense, e as hidroeléctricas Robert Moses e Lewinston, do lado norteamericano. As catro xuntas posúen a capacidade de xerar aproximadamente 4,4 xigawatios de electricidade.

Desde principios da exploración e ocupación humana das Américas, as Cataratas do Niágara serviron como un obstáculo insalvábel para navíos. Este problema resolveuse en 1856 coa inauguración do Canal de Welland. Este canal pasou por mellorías técnicas na década de 1960, e incorporouse a canle de San Lourenzo. Este canal pasou a desviar o transporte hidroviario do Canal de Erie (que pasa por Buffalo) en dirección a Montreal, levando ao declinio da industria do aceiro e como un polo de transporte de cereais. A pesar disto, outras industrias creceron na rexión do Niágara, até a década de 1970, coa axuda da electricidade xerada polas hidroeléctricas á beira das Cataratas do Niágara. Desde entón, co declinio destas industrias, a rexión do Niágara empeorou economicamente.

As cidades xemelgas de Niagara Falls, de Ontario, e Niagara Falls, de Nova York, conéctanse actualmente por tres pontes, incluíndo a Ponte Whirpoll e a Ponte Rainbow (Ponte Arco-Iris), logo ao norte das caídas. A Ponte Arco-Iris permite a vista máis próxima das Cataratas do Niágara. Unha terceira ponte, a máis nova delas, chámase Ponte Lewinston-Queenston, e están localizadas ao norte das Cataratas. O Aeroporto Internacional de Niágara, e o Aeroporto Internacional de Buffalo-Niagara teñen este nome en homenaxe ás cataratas, ben como a Universidade de Niágara, varias pequenas empresas e tendas, e até mesmo un corpo celeste.

Esforzos para a preservación

Durante os primeiros dous séculos despois do inicio do asentamento europeo na rexión, as terras en ambos os lados do Niágara eran propiedade privada. O desenvolvemento comercial e industrial da rexión ameazaba a beleza natural da área, e os visitantes ás veces tiñan de pagar os donos das terras en torno das cataratas para ver as Cataratas do Niágara, a través de buracos nunha cerca. En 1855, as autoridades públicas do Canadá e dos Estados Unidos pasaron a comprar as terras en torno do Niágara, tendo en vista a preservación das belezas naturais da rexión do Niágara. No estado de Nova York, o artista Frederick Church e o arquitecto Frederick Law Olmsted lideraron o "Movemento polo Niágara Libre", un movemento que persuadiu o goberno novaiorquino a comezar a comprar as terras en torno do Río e das Cataratas do Niágara, e desenvolvendo así o Niagara Reservation State Park (Reserva Estatal do Niágara). Ao mesmo tempo, a provincia canadense de Ontario estabeleceu o Queen Victoria Niagara Falls Park (Parque das Cataratas do Niágara Raíña Vitoria). As autoridades estatais de ambos os lados tiveron éxito en adquirir as terras en torno do Río e das Cataratas do Niágara, e pasaron a impor restricións de desenvolvemento rural e urbano en torno do Río e das Cataratas.

Até mediados da década de 1940, as Cataratas recuaban en dirección ao sur, por causa da erosión entre 60 centímetros a 3 metros por ano. Este proceso de erosión diminuíu por causa do desvío de cantidades cada vez maiores de auga do Río Niágara para a alimentación de turbinas hidroeléctricas, tanto no Canadá como nos Estados Unidos. O 2 de xaneiro de 1929, ambos, o Canadá e os Estados Unidos, concordaron en desenvolver un plano conxunto cuxa meta era a preservación das Cataratas. En 1950, os dous países asinaron o "Tratado do Desvío de Auga do Río Niágara", que focalizábase máis no problema do desvío de auga do Río Niágara.

Alén do desvío de auga para estacións hidroeléctricas, outras medidas contra a erosión foi o desvío de certas caídas - as que máis erosionaban o solo - en dirección a outras rexións onde causasen menos erosión; e o fortalecemento do solo baixo o cumio das Cataratas do Niágara. Destes traballos, a operación máis dramática realizouse en 1969. En xuño deste ano, o Río Niágara desviouse das cataratas norteamericanas e das cataratas de Bridal Veil, por varios meses, para a construción dunha represa temporal feita de rocha e terra (claramente visíbel na foto á dereita). Este desvío "desligou" estas cataratas. En canto as cataratas canadenses e as represas absorbían o volume extra de auga, o Corpo de Enxeñeiros Militar dos Estados Unidos da América estudou o solo baixo o río Niágara, e mecanicamente fortaleceu as partes máis fráxiles deste solo. En novembro de 1969, a represa temporal dinamitouse, así restaurando o curso de auga en dirección ás cataratas norteamericanas e á catarata de Bridal Veil.

Mesmo despois desta operación, a Illa Luna, o pequeno pedazo de terra entre as cataratas norteamericanas e a catarata de Bridal Veil, continuou fechada ao público por anos, por medo das autoridades públicas, en que a illa sería inestábel, e que podería colapsar en dirección á garganta das cataratas en calquera momento.

A construción recente de varias altas estruturas -a maioría delas hoteis no lado canadense- fixo que as correntes de ar que pasan sobre as cataratas mudasen de dirección. Por consecuencia, as áreas de observación do lado canadense son moitas veces obscurecidas polas capas de néboa vidas das cataratas. Este problema moi dificilmente será corrixido.

As cataratas na cultura popular

En outubro de 1829, San Patch, que se autonomeaba The Yankee Leaper (O Pulador Yankee) pulou as caídas canadenses, tornándose a primeira persoa coñecida a sobrevivir a tal caída. Isto iniciou unha longa carreira entre persoas buscando fama nacional, tentando novos feitos nas Cataratas do Niágara. En 1901, Annie Taylor, unha muller de 63 anos de idade, tornouse a primeira persoa en caer nas Cataratas do Niágara dentro dun barril, e saír do barril sen feridas. Despois de Taylor, outras catorce persoas caeron nas Cataratas do Niágara dentro de certos equipamentos como barrís e afins. Algúns deles sobreviviron sen feridas, en canto outros tiveron menos sorte e afogáronse ou sufriron serias feridas. Os sobreviventes de tales feitos poden condenarse a pasar un tempo na prisión, ben como multas pesadas, unha vez que é ilegal a tentativa de tirarse nas Cataratas do Niágara. O máxico David Copperfield tornouse a última persoa en entrar nesta lista, tirándouse nas caídas canadenses en 1990 -aínda que moitos digan que isto non foi máis que un truco de maxia feito por Copperfield-.

Outras persoas cruzaron -ou tentaron cruzar- as Cataratas. Isto comezou coa pasaxe exitosa do equilibrista Jean François "Blondin" Gravelet, en 1859. Desde entón, outros equilibristas atraeron un gran número de persoas. O inglés Matthew Webb, a primeira persoa a cruzar o Canal da Mancha, afogouse en 1883 despois de ter tentado sen éxito cruzar a través dos remuíños e da corrente despois das fervenzas.

Entón xa unha atracción turística famosa no Canadá e nos Estados Unidos, as visitas ás Cataratas do Niágara subiron drasticamente en 1953, despois do lanzamento do filme Niágara, cuxa principal estrela era Marilyn Monroe. Posteriomente, as cataratas apareceron no filme Superman II, ben como serviu de tema para un filme IMAX, que se tornou popular na rexión. As Cataratas do Niágara visítanas cada ano 14 millóns de persoas, a gran maioría deles norteamericanos e canadenses, aínda que un número expresivo sexa de turistas internacionais.

Vendo as Cataratas do Niágara

É no verán que as Cataratas do Niágara reciben o maior número de turistas anualmente, cando as Cataratas do Niágara son tanto unha atracción diurna canto unha atracción nocturna. Isto ocorre porque, no verán, uns grandes focos instalados do lado canadense iluminan ambos os lados das Cataratas por varias horas despois do solpor.

Do lado norteamericano, as Cataratas do Niágara poden observarse por prazas e camiños ao longo do Prospect Park, onde tamén está instalada unha torre de observación. Perto de alí, o camiño "Caverna dos Ventos" leva os turistas a un punto de observación próximo ás cataratas de Bridal Veils.

Do lado canadense, o Queen Victoria Park (Parque Raíña Vitoria) posúe varios xardíns e plataformas que levan a un posto de observación, que oferece unha vista espetacular das Cataratas do Niágara. Este parque tamén posúe camiños subterráneos que levan a postos de observación, onde o turista posúe a ilusión de estar dentro das augas caíndo nas Cataratas do Niágara. O posto de observación localizado na Skylon Tower oferece a vista panorámica máis alta das fervenzas, ben como permite ao turista tamén ver -do lado oposto ás Cataratas- a cidade de Toronto. Xuntamente coa Konica Minolta Tower, a Skylon Tower é unha das dúas torres do lado canadense con vusta das Cataratas do Niágara. Ao longo do Río Niágara, o Camiño Recreacional do Río Niágara corre os 56 quilómetros entre o Fort Erie até o Fort George, incluíndo varios puntos históricos da guerra anglo-americana.

Os navíos Maid of the Mist, nomeados en homenaxe a un personaxe da mitoloxía onxionara, teñen transportado turistas dentro dos remuíños das Cataratas, chegando ben próximos delas, desde 1846. A Spanish Aerocar foi construído en 1916, construído polo español Leonardo Torres y Quevedo, é un teléferico que transporta pasaxeiros sobre os remuíños no lado canadense, abaixo das Cataratas.

Artigos relacionados

  • Niagara Falls, Ontario.
  • Niagara Falls, Nova York
  • Niagara-on-the-Lake
  • Río Niágara

Ligazóns Externas

Шаблон:Commons

  • [1] Webcam das Cataratas do Niágara
  • [2] Webcam das Cataratas do Niágara - oferece vistas múltiplas das Cataratas do Niágara
  • Niagara Photos
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
John George
14 August 2015
The view is amazing. Come later in the day so you can stick around for the fall lighting show, and fireworks if there are any. Boat tour recommend! Cheap parking just past the Skylon tower parking.
John Hankus
9 March 2015
Best place to view the falls. Walk the entire length for some nice scenery. Lots of tourists around in your way though. Don't be that guy who stops his car in the road for pictures. Pay for parking.
aeroRafa
21 January 2013
If you like photography, the tower on the Canadian side has the best view. Winter is the best time to visit. People don't like the cold so you an get great shots without tourists crossing your path
Gergely Nagy
8 October 2015
This is rather a mini Las Vegas than a city around the falls now already. What more is to come? Perfect place to party in the night if you have the budget for it.
Wladimir Coutinho Mesquita
Amazing!!! Beautiful during the day and amazing during the night with the LED Lights changing colors on the Falls. Loved it!
Deborah Lynn Rumble-Dani         BA 1995
Hotels and restaurants around Niagara Falls are not too expensive and the food is high quality with excellent service. The Falls are magnificent and worth it to see.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Home sweet Home

a partir de $25

Sheraton Niagara Falls

a partir de $150

Wyndham Garden at Niagara Falls

a partir de $128

Rodeway Inn

a partir de $78

Howard Johnson by Wyndham Closest to the Falls and Casino

a partir de $74

Redwood Bed and Breakfast

a partir de $116

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cave of the Winds (New York)

The Cave of the Winds was a natural cave behind Bridal Veil Falls at

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Prospect Point Park observation tower

The Prospect Point Park Observation tower is located in Niagara Falls,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
MarineLand

Marineland is a themed amusement and animal exhibition park in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Niagara Falls Sky Wheel

The Niagara SkyWheel is a 175 feet (53 m) tall Ferris wheel located

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Criminals Hall of Fame

The Criminals Hall of Fame Wax Museum is a wax museum on 5751 Victoria

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Bird Kingdom

Bird Kingdom, is located in the tourist district of Niagara Falls,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Río Niágara

O Rio Niágara é un río que corre do Lago Erie até o Lago Ontario, nun

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Niagara Science Museum

The Niagara Science Museum is located in the original National Caron

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Minnehaha Falls

Minnehaha Creek is a tributary of the Mississippi River located in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Bridal Veil Falls (Oregon)

Bridal Veil Falls is a waterfall located on the Columbia River Gorge

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Goðafoss

The Goðafoss (Icelandic: waterfall of the gods or waterfall of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Garganta del Diablo

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Seljalandsfoss

Seljalandsfoss é unha fervenza de Islandia, considerada a máis f

Ver todos os lugares similares