Catedral de Durham

A Igrexa Catedral de Cristo, a Virxe María e San Cuthbert, coñecida como a Catedral de Durham, atópase na cidade de Durham, no norte de Inglaterra. A catedral foi fundada en 1093, e segue sendo un importante centro relixioso a día de hoxe. Está considerada como un dos máis acabados exemplos de arquitectura normanda en Europa e en 1986 foi designada Patrimonio da Humanidade xunto ao Castelo de Durham. Desde o alto da torre de 66 metros de altura, á que se accede tras 325 chanzos, pódese divisar o Castelo, a localidade de Durham e a área circundante.

A Catedral alberga un santuario e diversos tesouros relacionados con San Cuthbert de Lindisfarne, un santo do século VII. Tamén descansan nela a cabeza de Osvaldo de Northumbria e os restos de Beda o Venerable. Actualmente celebra servizos relixiosos diarios, nos que, agás os luns, intervén o coro da catedral.

Historicamente, a catedral era a sede do Bispo de Durham, unha figura poderosa até ben entrado o século XIX. O episcopado de Durham segue sendo o cuarto máis importante na xerarquía da Igrexa de Inglaterra.

Historia

Período saxón

A orixe de Durham como centro relixioso remóntase á antiga Diocese de Lindisfarne, establecida por San Aidan de Lindisfarne a instancias de San Osvaldo de Northumbria polo ano 635. A sede permaneceu en Durham até o ano 664, cando se trasladou a York, aínda que posteriormente foi reinstaurada no 678 polo arcebispo de Canterbury. A comunidade de Lindisfarne albergou a varios futuros santos, como San Cuthbert de Lindisfarne, que é fundamental na construción posterior da Catedral de Durham.

Tras repetidos asaltos viquingos, os monxes abandonaron Lindisfarne no 875, levándose consigo as reliquias de San Cuthbert. A diocese seguiu sendo itinerante até o 882, cando restableceron unha comunidade en Chester-le-Street. A sede ficou alí até o 995, cando novas incursións viquingas lle obrigaron aos monxes a trasladar novamente as reliquias. Segundo as lendas locais, os monxes comezaron a seguir a dúas leiteiras que estaban buscando unha vaca marela, e estas guiáronos a unha península formada por un meandro do Río Wear. Cando chegaron a ese lugar, foilles imposible seguir movendo o ataúde de San Cuthbert, o que interpretaron como un sinal de que debían construír alí o novo santuario. Unha versión máis prosaica para a elección deste lugar é a súa posición facilmente defendible nun alto, e que unha comunidade establecida neses terreos gozaría da protección do Conde de Northumberland, xa que o bispo, Aldhun de Durham, tiña fortes lazos familiares cos Condes. En calquera caso, froito da lenda, a rúa que vai desde as torres da catedral até Palace Green denomínase Dun Cow Lane, é dicir, "rúa da vaca marela".

Inicialmente construíuse unha estrutura temporal moi simple de madeira para albergar as reliquias de San Cuthbert. O santuario foi posteriormente trasladado a outro edificio máis sólido, aínda que tamén de madeira, coñecido como White Church ("igrexa branca"). Esta igrexa foi mudada tres anos máis tarde por unha construción de pedra do mesmo nome, e en 1018 xa só faltaba por construír a torre oeste. Durham pronto se converteu nun centro de peregrinaxe, favorecido por un culto crecente a San Cuthbert. O Rei Canuto II de Dinamarca foi un dos primeiros peregrinos, e garantiulle privilexios e terras á comunidade de Durham. Tanto a importancia relixiosa e económica como a posición estratéxica da Catedral axudaron a que xurdira un pobo ao seu arredor, que é o núcleo da cidade moderna posterior.

Idade Media

A catedral actual foi inicialmente deseñada e construída baixo o mandato do primeiro Príncipe-Bispo, Guillerme de San Calais. A construción iniciouse en 1093, aínda que Guillerme morreu antes de que se rematara esta fase, en 1135, deixando a responsabilidade da construción ao seu sucesor, Ranulf Flambard. O edificio é notable pola bóveda da súa nave principal, con arcos apuntados transversais apoiados alternativamente en columnas relativamente finas e en columnas grosas, e con arcobotantes ocultos no triforio, sobre os pasillos. Estas características parecen ser precedentes da arquitectura gótica que se estendería polo norte de Francia unhas décadas máis tarde, sen dúbida, debido á influencia de canteiros normandos involucrados na construción. Non obstante, en xeral, a Catedral de Durham pertence propiamente ao estilo románico.

A tumba de San Cuthbert descansa no lado leste da Catedral, e no seu día foi un elaborado monumento de mármore e ouro. No século XII, o bispo Hugh de Puiset engadiu a Capela Galilea no extremo oeste da catedral. Consagrada á Virxe María, contiña os restos de Beda o Venerable e de Thomas Langley, cuxa tumba tapou a gran entrada oeste da Catedral. Tanto William of St. Carilef, Ranulf Flambard como Hugh de Puiset están enterrados na Sala Capitular, que se encontra fronte ao claustro e que data de 1140.

No século XIII, engadiuse unha nova capela, a Capela dos Nove Altares, no extremo leste da catedral. A torre medieval orixinal foi destruída por un raio, polo que a torre actual data do século XV.

Disolución

A tumba de Cuthbert foi destruída baixo as ordes de Henrique VIII de Inglaterra en 1538, e na actualidade é un modesto trono de pedra. Dous anos despois, en 1540, o mosteiro beneditino de Durham foi disolto, pese ao cal a Catedral e o seu claustro permaneceron en bo estado de conservación. O último prior, Hugh Whitehead, converteuse no primeiro deán da Catedral.

Séculos XVII-XIX

En 1650, a Catedral de Durham foi utilizada como cárcere para prisioneiros de guerra, e albergou a soldados escoceses capturados durante a Batalla de Dunbar (3 de setembro de 1650). Até 5.000 prisioneiros morreron mentres eran trasladados á Catedral, ou mentres estaban retidos nela. Os seus corpos foron soterrados en tumbas sen identificar. Os superviventes embarcáronse cara ao Caribe, Virxinia e Massachusetts. Cento cincuenta prisioneiros escoceses foron embarcados con destino a Berwick (Maine) en decembro de 1650.

A Capela dos Nove Altares contén un gran rosetón do século XVII, reconstruído no século XVIII, e unha estatua de William Van Mildert (1826-1836), último príncipe-bispo de Durham e impulsor da fundación da Universidade de Durham.

Século XX

En 1986, a Catedral, canda o castelo veciño, foi denominada Patrimonio da Humanidade da Unesco. O comité encargado de tomar a decisión declarou que "A Catedral de Durham é o maior e o máis perfecto monumento do estilo arquitectónico normando en Inglaterra".

Actualmente, a Catedral segue sendo sede do bispo de Durham. Tamén foi utilizada en películas e representacións teatrais, así, na saga de Harry Potter a Catedral apareceu como o Escola Hogwarts, aínda que cunha agulla na súa torre para estilizala; vistas do interior da Catedral tamén apareceron na película ElizabethElizabeth (1998). En 1996, a fachada oeste foi utilizada polo artista Bill Viola para a súa instalación de vídeo The Messenger .

Véxase tamén

Ligazóns externas

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Mat Ankers
15 July 2013
Walk from the castle to the cathedral and just after the library on the right hand side there is a cut which takes you along the river to the old bridge. Loop back round up the bailey
Jen F
21 February 2016
Stunning architecture - one of the finest remaining examples of a Norman building. An extremely unique and interesting history - tour guides are very knowledgeable.
Costas Lazarides
30 March 2013
Beautiful with everyone being polite to show you around and explain the history and every corner of the cathedral. It is surrounded by medieval buildings used for uni offices and student accommodation
Sarah Upham
25 August 2014
Beautiful building inside and out. Definitely climb to the top and admire the view but don't forget to check out the Lego cathedral by the cafe!
Filmsquare
5 August 2013
Durham Cathedral's cloisters were used in Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002) for scenes including the standoff between Gryffindor and Slitherin's Quidditch and between Harry and Lucius.
Elias Gerstmayr
16 January 2016
Great view and must-visit when in Durham. World heritage site. The university orchestra performs there from time to time, impressive! Check out the cloisters from Harry Potter.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.9/10
Gavdoff Broadfoot e 184,016 máis persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
The Townhouse

a partir de $168

Durham Marriott Hotel Royal County

a partir de $163

Hotel Indigo Durham

a partir de $207

The City, Durham

a partir de $85

Premier Inn Durham City Centre

a partir de $91

Travelodge Durham

a partir de $0

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Durham Cathedral Priory

Durham Priory was a Benedictine priory associated with Durham

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Durham

Durham Castle é un castelo normando na cidade de Durham, no norte de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Finchale Priory

Finchale Priory (pronounced finkle) was a 13th century Benedictine

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Brancepeth Castle

Brancepeth Castle is in the village of Brancepeth in County Durham,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lumley Castle

Lumley Castle is a 14th century quadrangular castle at

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Auckland Castle

Auckland Castle (also known as Auckland Palace or locally as the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Penshaw Monument

Penshaw Monument (officially The Earl of Durham's Monument) is a folly

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Washington Old Hall

Washington Old Hall is a manor house located in the Washington area of

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Catedral de Canterbury

A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas e

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
York Minster

York Minster is a Gothic cathedral in York, England and is one of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Catedral de Coventry

A Catedral de Coventry, tamén coñecida como Catedral de San Miguel, é

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
St Paul's Cathedral, Melbourne

St Paul's Cathedral, Melbourne, is the metropolitical and cathedral

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gloucester Cathedral

Gloucester Cathedral, or the Cathedral Church of St Peter and the Holy

Ver todos os lugares similares