Catedral de Notre-Dame de París

  • Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París.
Catedral de Notre-Dame de París
Entrada principal na fachada a occidente
Datos xerais
País Francia
Rexión Illa de Francia
Tipo Catedral
Advocación Nosa Señora de París, Benaventurada Virxe María (patroa)
Coordenadas Coordenadas:
Catalogación Patrimonio da Humanidade (1991)
Culto
Culto Igrexa Católica
Diocese Arquidiocese de París
Arquitectura
Construción 1163 - 1345
Estilo gótico
Páxina web www.notredamedeparis.fr
4e arrondissement de Paris/France/Ile-de-France/Paris
[  ]

A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país. Esta obra mestra, un dos símbolos da capital francesa, sitúase no extremo leste da Île de la Cité (Illa da Cidade), centro histórico da capital, á beira do Sena. A súa fachada occidental domina a praza de Notre-Dame, rebautizada Praza de Xoán Paulo II. Unha placa de bronce incrustada no chan serve de punto cero a tódalas distancias das estradas que saen de París.

É unha das máis antigas catedrais francesas de estilo gótico. A súa construción iniciouse no ano 1163, e está dedicada a María, Nai de Xesús Cristo (de aí o nome de Notre-Dame – Nosa Señora).

Proceso de construción

O local da catedral contaba xa, antes da construción do edificio, cun sólido historial relativo ó culto relixioso. Os celtas celebraran aquí as súas cerimonias onde, máis tarde, os romanos erixirían un templo de devoción ao deus Xúpiter. Tamén neste local existiu a primeira igrexa cristiá en París, a Basílica de Saint-Etienne, proxectada por Childeberto I ao redor do 528. En substitución desta obra xorde unha igrexa románica que permanecerá ata 1163, cando se dá o impulso na construción da catedral.

Xa en 1160, e en resultado do ascenso centralizador de París, o Bispo Maurice de Sully considera a presente igrexa pouco digna dos novos valores e mándaa demoler. O gótico inicial, coas súas innovacións técnicas que permiten formas ata entón imposibles, é a resposta á demanda dun novo concepto de prestixio no dominio citadino. Durante o reinado de Luís VII, e baixo o seu apoio, este proxecto é bendicido financieiramente por todas as clases sociais con interese na creación do símbolo do seu novo poder. Así, e tendo en conta a grandeza do proxecto, o programa seguiu velozmente e sen interrupcións que puidesen ocorrer por falta de medios económicos (algo común, na época, en construcións de grande envergadura).

A construción iníciase en 1163 reflectindo algúns trazos condutores da abadía de Saint Denis, subsistindo aínda dúbidas en canto á identidade de quen "colocaría" a primeira pedra, o Bispo Maurice de Sully ou o Papa Alexandre III. Ao longo do proceso (a construción, incluíndo modificacións, durou ata mediados do século XIV) foron varios os arquitectos que participaron no proxecto, esclarecendo este factor as diferenzas estilísticas presentes no edificio.

En 1182 o coro xa prestaba servizos relixiosos e, durante a transición entre os séculos, está a nave terminada. Ó comezo do século XIII arrincan as obras da fachada oeste coas súas dúas torres, estendéndose a mediados do mesmo século. Os brazos do transepto (de orientación norte-sur) son traballados de 1250 a 1267 con supervisión de Jean de Chelles e Pierre de Montreuil. Simultaneamente levántanse outras catedrais ó seu redor nun estilo máis avanzado dentro do gótico; a Catedral de Chartres, a Catedral de Reims e a Catedral de Amiens.

As turbulencias da Historia

A catedral foi, a finais do século XVII, durante o reinado de Luís XIV, escenario de alteracións substanciais principalmente na zona leste, na que túmulos e vidrieiras foron destruídas para substituír por elementos máis ó gusto do estilo artístico da época, o Barroco. En 1793, durante a Revolución francesa e baixo o culto á razón, máis elementos da catedral foron destruídos e moitos dos seus tesouros roubados, acabando o espazo en si por servir de almacén para alimentos.

Co florecer da época romántica, a catedral vese con outros ollos e a filosofía envórcase cara ao pasado, enaltecendo e mistificando nunha aura poética e etérea a historia doutras épocas e a súa expresión artística. Baixo esta nova luz do pensamento iníciase un programa de restauración da catedral en 1844, liderado polos arquitectos Eugène Viollet-lle-Duc e Jean-Baptiste-Antoine Lassus, que se estendeu por vinte e tres anos.

En 1871, co curto ascenso da Comuna de París, a catedral vólvese novamente telón de fondo ás turbulencias sociais, durante as que se cre ser case incendiada. En 1965, como consecuencia de escavacións para a construción dun aparcamento subterráneo na praza da catedral, foron descubertas catacumbas que revelaron ruínas romanas, da catedral merovinxia do século VI e de habitacións medievais. Xa máis próximo á actualidade, en 1991, foi iniciado outro proxecto de restauración e mantemento da catedral que, aínda que foi previsto para que durase dez anos, prolóngase ata a actualidade.

A literatura e a fama

Durante o espírito do Romanticismo, Victor Hugo escribiu, en 1831, o romance A nosa Señora de París. Situando os acontecementos na catedral durante a Idade Media, a historia trata de Quasimodo, que se namora dunha xitana de nome Esmeralda. A ilustración poética do monumento abre portas a un novo desexo de coñecemento da arquitectura do pasado e, principalmente, da Catedral de Notre-Dame de París.

"E a catedral non era só a súa compañeira, era o universo; mellor dito, era a Natureza en si mesma. El nunca soñou que había outros setos que as vidrieras en continua floración; outra sombra que a do follaxe de pedra sempre en cernes, cheo de paxaros nos matorrais dos capiteis saxóns; outras montañas que as colosais torres da igrexa; ou outros océanos que París ruxindo baixo os seus pés."
Víctor Hugo, Notre-Dame de París, 1831

Momentos importantes na catedral

  • 1431 - Coroación de Henrique VI de Inglaterra durante a Guerra dos Cen Anos.
  • 1804 - Coroación, o 2 de decembro de Napoleón Bonaparte, emperador de Francia e a súa muller, emperatriz, en presenza do Papa Pío VII.
  • 1900 - O organista e compositor francés Louis Vierne gaña a praza de organista titular tras unha dura competición contra os 500 mellores organistas da súa época.
  • 1909 - Beatificación de Xoana de Arco.

Catedral

Existe aínda nesta catedral unha dualidade de influencias estilísticas: por unha banda, reminiscencias do románico normando, coa súa forte e compacta unidade, doutra banda, o xa innovador aproveitamento das evolucións arquitectónicas do gótico, que confiren ao edificio unha lixeireza e aparente facilidade na construción vertical e no soporte do peso da súa estrutura (sendo o esqueleto de soporte estrutural visible só dende o exterior).

A planta está demarcada pola formación en cruz romana orientada a Occidente, de eixe lonxitudinal acentuado, e non é perceptible dende o exterior. A cruz está "incrustada" no edificio, envolvida por un dobre deambulatorio, que circula polo coro na cabeceira (ó leste) e prolóngase paralelamente á nave, dando lugar, así, a catro naves laterais.

A fachada occidental

Esta é a fachada principal e non só a de maior impacto e monumentalidade, tamén a de maior popularidade.

Pódese establecer unha afinidade na composición e trazos xerais coa fachada da Catedral de Saint-Denis, unha derivación da fachada do románico normando.

A fachada presenta un conxunto proporcional, unha orde de trazado coherente, de construción racional, reducindo os seus elementos ó esencial, non sendo, talvez por iso, influenciada por outros arquitectos contemporáneos do gótico. Aquí optouse por unha parede "plástica" que interconecta todos os seus elementos e pasa a integrar tamén a escultura en lugares predefinidos, evitando que medre espontánea e aleatoriamente como ocorría no románico.

A fachada presenta tres niveis horizontais e está dividida en tres zonas verticais polos contrafortes lixeiramente prominentes que unen en verticalidade os dous pisos inferiores e reforzan os picos das dúas torres.

As torres teñen 69 metros de altura. A torre sur contén a famosa campá Emmanuel. Pode visitarse, pasando pola galería das quimeras.

Nivel inferior

Neste nivel son evidentes tres portais que xorden en épocas diferentes e que forman un conxunto que pasa a ser utilizado na arquitectura a partir de mediados do século XII.

  • Portal de Santa Ana

É o portal da dereita e vén da época do inicio da construción da catedral.

  • Portal da Virxe

É o portal da esquerda e pertence ó século XIII, con iconografía referente a María.

  • Portal do Xuízo

É o portal central e o máis novo do conxunto.

Nivel intermedio

Dominando o nivel intermedio atópase o rosetón, de 13 metros de diámetro no centro, encaixado entre os contrafortes e xanelas xemelgas a cada lado.

Nivel superior

Aquí érguense as dúas torres de 69 metros de altura - influencia normanda do século XII que acabou por permanecer na arquitectura relixiosa europea.

A cabeceira

A estrutura de soporte de peso é visible dende o exterior ó ladear todo o edificio, mais na zona da cabeceira a elegancia destes elementos resulta nunha fluidez visual que só se torna posible despois de 1225, cando as capelas son acrecentadas ó exterior.

Nesta altura todo o esplendor técnico do gótico está ó alcance e os arcobotantes, que flúen da zona superior da parede do coro, onde a impulsión da bóveda para o exterior se concentra, prolónganse ata os contrafortes, transmitindo leveza e harmonía.

Galería de imaxes

A catedral ó anoitecer 
 
 
 
 
 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Corinna P
15 June 2016
The stained glass windows are beautiful. Definitely worth a visit, plus the cathedral is centrally located, does not take long to visit, and is free.
Cenker Köse
21 October 2016
Instead of taking photo, just watch the windows and the light dance from inside. It is amazing, you can't capture it as your eyes even with the best camera!
Betül Öztürk
8 July 2016
The cathedrale is an example of gothic artitecture. It is amazing. If you go to Luxembourg city one day, you have to visit exactly.
Best Western Central Europe
This cathedral is an example of gothic architecture with fantastic stained glass windows.
Dirk Urmersbach
30 July 2017
Besonders die Kruft ist sehenswert!
Nadia *
24 February 2018
Довелось попасть на органный концерт-удивительная атмосфера
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Le Place d'Armes

a partir de $232

Hotel Le Royal

a partir de $511

Grand Hotel Cravat

a partir de $193

Grand Hotel Cravat

a partir de $0

Hotel Parc Beaux Arts

a partir de $526

Hotel Parc Belle-Vue

a partir de $185

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gëlle Fra

The Monument of Remembrance (French: Monument du souvenir), usually

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Grand Ducal Palace, Luxembourg

The Grand Ducal Palace (Luxembourgish: Groussherzogleche Palais,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Place d'Armes (Luxembourg)

The Place d'Armes (Luxembourgish: Plëss) is a square in Luxembourg

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Saint Michael's Church, Luxembourg

Saint Michael's Church (Luxembourgish: Méchelskierch, French: Église S

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Adolphe Bridge

Adolphe Bridge (Luxembourgish: Adolphe-Bréck, French: Pont Adolphe,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Theatre square, Luxemburg

Theatre square, Luxemburg is a tourist attraction, one of the Town

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Passerelle

The Passerelle, also known as the Luxembourg Viaduct, is a viaduct in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
La Fontaine Castle

La Fontaine Castle (French: Château La Fontaine, German: Schloss La

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Basilica of Our Lady of Nazareth of Exile

The Basilica of Our Lady of Nazareth of Exile (Portuguese: Basílica

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Catedral de Sevilla

Categoría:Patrimonio da Humanidade

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cathedral of Maringá

Catedral Basílica Menor Nossa Senhora da Glória (or simply Catedral d

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Cathedral of Salamanca

The Old Cathedral (Spanish: Catedral Vieja de Santa María) is one of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cathedral Basilica of Salvador

The Cathedral Basilica of Salvador (Catedral Basílica de Salvador),

Ver todos os lugares similares