O Celtic Park é o estadio de fútbol onde o Celtic F.C. de Glasgow xoga os seus encontros baixo a condición de local. Tamén é coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e como The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós boísimos momentos que alí puideron pasar moitos siareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.832 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande aforo da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubes se refire.
Este é o segundo Celtic Park xa que no primeiro localizado noutro lugar da cidade escocesa o clube estivo a desputa-los seus partidos ata o 20 de Santiago de 1892, é dicir, durante preto de 4 anos xa que a institución foi fundada no 1888.
O que foi trocando ó longo destes máis de cen anos que o Celtic leva xogando no actual Celtic Park foi o número dedicado ás bancadas. De feito, o récord de asistencia ó campo rexistrouse no 1 de xaneiro de 1938 cunhas 92.000 persoas metidas no estadio nun Old Firm, é dicir, nun partido desputado contra o Rangers.
A última remodelación ata os nosos días data do 1995.