A Central nuclear de Ascó é unha central nuclear española situada no concello catalán de Ascó, na provincia de Tarragona, na marxe dereita do río Ebro.
Está formada por dous reactores, I e II, de auga a presión (PWR): un de 1032,5 MWe, e outro de 1027,2 MWe. O seu sistema de refrixeración consta dunha torre de tiro natural, dúas baterías de tiro forzado e do propio río Ebro.
O primeiro reactor empezou a operar en decembro de 1984 e o segundo en marzo de 1986.
A central nuclear de Ascó, xunto coa de Vandellòs, está xestionada pola Asociación Nuclear Ascó-Vandellòs, que está participada por Endesa e Iberdrola.
</div>