Chuuk

Chuuk, tamén coñecido como Truk, é un grupo de illas ao Suroeste do Océano Pacífico, 1800 km ao nordés de Nova Guinea, e forma parte do Estado de Chuuk un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM) xunto con Kosrae, Pohnpei e Yap. O atol consiste nun arrecife de 225 km que rodea a lagoa, encerra un porto natural 79 por 50 quilómetros, cunha superficie de 2.130 quilómetros cadrados. Ten unha superficie de 93´07 quilómetros cadrados, cunha poboación de 36.158 habitantes e unha altura máxima de 443 m. A cidade de Weno na Illa Weno funciona como capital do atol e tamén como a capital do estado e é a cidade máis grande dos FSM, cos seus 12.000 haabitantes.

Nome

Chuuk significa montaña na lingua chuuk. A lagoa era coñecida principalmente como Truk (unha mala pronunciación de Ruk [']), ata 1990. Outros nomes usados son Ruk, Hogoleu, Torres, Ugulat e Lugulus.

Xeografía

Chuuk forma parte dun grupo máis grande, as Illas Carolinas. A zona componse de once illas principais (que corresponden aos once municipios da Lagoa de Truk, que son Tol, Udot, Fala-Beguets, Romanum, e Eoy do grupo Faichuk, e Moen, Fefan, Dublon, Uman, Param, e Tsis do grupo Namoneas) e outras corenta e seis máis pequenas dentro da lagoa, e outras corenta e unha na franxa do arrecife de coral, a totalidade coñecese como as illas de Chuuk, parte dos Estados Federados de Micronesia no Océano Pacífico.

Clima

Datos climáticos para Illas Chuuk
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 30 30 30 31 31 31 31 31 31 31 31 30 30,7
Media mínima en °C 25 25 25 25 25 24 24 24 24 24 24 25 24,5
Precipitación media mm 226 170 224 312 363 300 348 353 320 345 287 307 3 555
Fonte: Weatherbase

Historia

Prehistoria

Non se sabe cando as illas de Chuuk colonizadas por primeira vez, pero a evidencia arqueolóxica indica que as illas de Feefen e Wééné tiñan asentamentos humanos no primeiro e segundo século antes de Cristo. Evidencias posteriores indican que os asentamentos humanos xeneralizados apareceron en Chuuk durante o século XIV dC..

Colonialismo

O primeiro avistamento rexistrado polos europeos fixoo o navegante español Álvaro de Saavedra a bordo da nave Florida durante agosto ou setembro de 1528. Máis tarde foron visitadas polo español Alonso de Arellano o 15 de xaneiro de 1565 a bordo do galeón patache San Lucas.

Como parte do territorio colonial das Illas Carolinas, Truk era parte do Imperio español. as Illas Carolinas foron vendidas ao Imperio Alemán en 1899. Convertéronse nunha posesión do Imperio do Xapón en virtude dun mandato da Sociedade das Nacións logo da derrata de Alemaña na Primeira Guerra Mundial.[']

Segunda Guerra Mundial

Durante a Segunda Guerra Mundial, a lagoa de Truk foi a base principal do Imperio Xaponés no teatro do Pacífico Sur. Truk era unha base fortificada para as operacións xaponesas contra as forzas aliadas en Nova Guinea e as Illas Salomón, que servía de ancoraxe para a armada imperial xaponesa.

A lagoa de Truk considerouse como a máis formidable de todas as fortalezas xaponesas no Pacífico. Nas distintas illas, do Departamento de Enxeñería Civil e Departamento de Construción Naval xaponeses construíron camiños, trincheiras, búnqueres e covas. Cinco pistas de aterraxe, bases de hidroavións, unha estación torpedos para barcos, talleres de reparación de submarinos, un centro de comunicacións e unha estación de radar construíronse durante a guerra. A protección destas instalacións eran canóns de defensa costeira e emprazamentos de mortero. A guarnición xaponesa tiña 27.856 homes da Armada Imperial Xaponesa, baixo o mando do vicealmirante Masami Kobayashi, e o vicealmirante Chuichi Hara e 16.737 homes do Exército Imperial Xaponés, baixo o mando do Maior xeneral Kanenobu Ishuin. Debido ás súas fortificacións, tanto naturais como feitas polo home, a base en Truk era coñecido polas forzas aliadas como "o Xibraltar do Pacífico".

Unha parte significativa da frota Xapónesa baseouse en Truk, co seu centro administrativo en Tonoas (sur de Weno). A Armada Imperial Xaponesa ancorou na lagoa, acoirazados, portaaviónss, cruceiro s, destrutores, tanqueiros, buque de carga, remolcadores, cañoneirass, dragaminas, lanchas de desembarco e submarinos. Algúns describiron Truk como equivalente xaponés do Pearl Harbor dos americanos.

En 1944, a capacidade de Truk como base naval foi destruída nun ataque aeronaval. Avisados pola intelixencia unha semana antes da incursión de Estados Unidos, os xaponeses retiraran os seus buques de guerra máis grandes (cruceiros pesados e embarcacións de maior tamaño) a Palau. Unha vez que as forzas estadounidenses capturaron as Illas Marshall, as utilizaron como base desde a cal lanzar un ataque cedo na mañá do 17 de febreiro de 1944 en contra das Truk. A Operación Hailstone durou tres días, os avións con base en portaavións estadounidenses afundíron doce pequenos buque de guerra xaponeses (cruceiros lixeiros, destrutores, e auxiliares) e trinta e dous buques mercantes, así como 275 avións, principalmente no chan. As consecuencias do ataque fixeron da "Lagoa de Truk o maior cemiterio de barcos no mundo".

Os ataques masivos terminaron con Truk como unha importante ameaza para as operacións aliadas no Pacífico central. A guarnición xaponesa en Eniwetok negou calquera esperanza realista de reforzo e apoio durante a invasión que comezou o 18 de febreiro de 1944, axudando así en gran medida as forzas de Estados Unidos na súa conquista da illa. Truk quedou illada polas forzas aliadas (principalmente estadounidenses), mentres continuaban o seu avance cara a Xapón, coa invasión doutras illas do Pacífico, como Guam, Saipan, Palau, e Iwo Jima. Foi atacada de novo do 12 ao 16 de xuño de 1945 por parte da Frota británica do Pacífico durante a Operación Inmate. Illadas, as forzas xaponesas en Truk e outras illas do Pacífico central tiñan poucos alimentos e corrían risco de inanición antes de que Xapón renderase en agosto de 1945.

Hoxe

En 1969, William A. Brown e o oceanógrafo francés Jacques Cousteau e o seu equipo explorou a lagoa de Truk. Tralo documental de Costeau na televisión en 1971 sobre a lagoa e os seus restos fantasmais, o lugar converteuse nun paraíso do mergullo, trouxo entusiastas do buceo en barcos afundidos de todo o mundo para ver os seus numerosos barcos afundidos, prácticamente intactos. Os naufraxios e restos á veces reciben o nome de "frota pantasma da lagoa Truk". Dispersos principalmente en torno as illas Dublon, Eten, Fefan e Uman dentro do grupo de Truk, varios dos naufraxios atópanse en claras augas cristalinas a menos de quince metros por baixo da superficie. En augas carentes de correntes oceánicas normais, os mergulladores poden nadar facilmente a través das cubertas cheas de máscaras de gas e cargas de profundidade e baixo cuberta pódense atopar evidencia de restos humanos. As enormes naves gardan restos de cazas, carros de cambate, bulldozers, material ferroviario, motocicletas, torpedos, minas, bombas, caixas de municións, radios, ademais de miles doutras armas, repostos e outros artefactos. De especial interese é o naufraxio do submarino I-169 Shinohara que foi alcanzado cando sumerxíu para evitar o bombardeo. O submarino participara no ataque a Pearl Harbor en decembro de 1941.

O 13 de novembro de 1973, Kimiuo Aisek, un Chuukese nativo de Tonoas (Dublon), abriu a primeira empresa de mergullo en Micronesia, Blue Lagoon Dive Shop. Aos 17 anos de idade, fora testemuña do ataque americano "Operation Hailstone" os días 17-18 de febreiro de 1944. Antes do ataque traballara cos xaponeses como estibador e falaba xaponés con fluidez. A biografía de Aisek, "Witness To War: Truk Lagoon's Master Diver Kimiuo Aisek" ("Testemuña da guerra: Kimiuo Aisek mergullador na lagoa de Truk"), foi publicado por Dianne M. Strong no 40 aniversario da tenda de buceo o 13 de novembro de 2013. Aisek comprara o antigo Truk Continental Hotel en 1998 a Continental Airlines. Aisek respetou os pecios como lugares de enterramento e foi dos primeiros defensores da conservación e da creación Monumento Nacional Lagoa de Truk, fundada polo Poder Lexislativo do Distrito Truk en 1972. Coñecido como buscador de restos de naufraxios e guía de buceo, Aisek aloxou moitas celebridades, como os fotógrafos submarinos Al Giddings e Chuck Nicklin, o oceanógrafo-conservacionista Dra. Sylvia Earle, John Kennedy Jr., o fundador de Special Olympics Timothy Shriver, o astronauta Kathy Sullivan, James Cameron director de "Titanic", miss Universo 1980 Shawn Weatherly, e a estrela de cine e TV Bill Paxton. Aisek pasou aos 73 anos o 4 de xaneiro de 2001. O 13 de setembro de 2014 o fillo de Aisek, Gradvin, inaugurou o Kimiuo Aisek Memorial Museum. Situado xunto á Truk Blue Lagoon Resort and Dive Shop, é o primeiro museo no estado de Chuuk. Contén a maior colección de artefactos náuticos de Micronesia, e inclúe unha exposición etnográfica Chuukese.

O arrecife de coral atrae a unha gran variedade de vida mariña, incluíndo, tartarugas, manta raia e quenllas . En 2007, 266 especies de peixes de arrecife foron rexistradass por un equipo de Earthwatch e en 2006 identificouse o raro coral Acropora pichoni.

O 12 de abril de 2011, un programa da Australian Broadcasting Corporation (ABC) proxectou un informe sobre a lagoa de Chuuk comparando o efecto da inminente liberación masiva de decenas de miles de toneladas de combustible pola oxidación dos depósitos dos buques de guerra xaponeses no arrecife de coral co do derrame do Exxon Valdez en Alaska. Con todo, dado o mal estado da economía de guerra do Xapón en 1944, moitos dos barcos poden ter pequenas cantidades de combustible nos seus tanques. As organizacións de protección do medio ambiente están inspeccionando os restos e consúltanlle a investigadores xaponeses para tratar de determinar a cantidade probable de petróleo que quede nos cascos, en particular en tres petroleiros afundidos.

Os buques considéranse como unha tumba de guerra xaponesa, o que require a participación do goberno xaponés na eventual limpeza.

Véxase tamén

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

Outros artigos

  • Illas Carolinas
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Chuuk. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Citylife Wellington Hotel

a partir de $182

InterContinental Wellington

a partir de $264

Travelodge Hotel Wellington

a partir de $137

Quest Wellington Apartments

a partir de $257

Gilmer Apartment Hotel

a partir de $161

The Terrace Villa Serviced Apartments

a partir de $151

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Rondo (ship wreck)

Built by Tampa Shipbuilding & Drydock Co of Florida the Rondo was

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ruins of Jesús de Tavarangue

Jesús de Tavarangue was a Jesuit Reduction located in what is now

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Dunnottar

O Castelo do Dunnottar localizase a tres quilómetros ao sur de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
St Dunstan-in-the-East

St Dunstan-in-the-East was a Church of England parish church on St

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Foro Romano

O Foro Romano, (en latín Forum Romanum), é un foro rectancular que n

Ver todos os lugares similares