O circuíto urbano de Long Beach é un circuíto de carreiras urbano situado en Long Beach, California, Estados Unidos. Nel disputouse o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de Fórmula 1 entre 1976 e 1983, e o Gran Premio de Long Beach da Champ Car World Series desde a tempada 1984 ata a data, así como carreiras de automóbiles históricos, a American Le Mans Series, a Formula Drift e a Förmula Atlantic.
Logo da unificación da Champ Car e a IndyCar Series no ano 2008, o Gran Premio de Long Beach e a carreira no Twin Ring Motegi disputáronse no mesmo fin de semana, ambas as válidas para o campionato da IndyCar Series.
O trazado do circuíto, duns tres quilómetros de extensión, modificouse tres veces durante os oito anos como data da Fórmula 1, e moitas veces máis como parte da Champ Car. Todos incluíron unha longa recta pola vía da costa, cerca do porto, e numerosas curvas de 90 graos e pinzas pechadas.