Cova de Altamira

A cova de Altamira é unha gruta de España, famosa polas súas pinturas rupestres da época do Paleolítico superior, nas que aparecen representados mamiferos salvaxes, man humanas e signos abstractos. A cova está situada perto de Santillana del Mar, en Cantabria, a 30 km ao oeste da cidade de Santander. A caverna foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no ano 1985.

Descrición

A cova ten 270 metros, e consiste nunha serie de corredores e cámaras entrelazadas. O cubículo principal ten unha altura variábel, que oscila entre dous e seis metros. Formouse grazas aos afundimentos provocados por fenómenos cársticos que se desenvolveron sobre a rocha calcárea dos montes Vispieres.

As excavacións arqueolóxicas efectuadas no fondo da cova sacaron á luz ricos depósitos de arte do período solutrense superior (datábeis arredor de 18.500 anos atrás) e máis do período Magdaleniense inferior (entre uns 16.500 e 14.000 anos). A gruta foi utilizada só por animais salvaxes no longo período intermedio entre as duas ocupacións por seres humanos. O lugar áchase sito nun punto estratéxico para poder aproveitar a rica fauna que habitaba as valgadas das montañas circundantes. Hai uns 13.000 anos unha freita bloqueou a entrada da caverna, preservando así o que contiña até a descuberta moderna, posibilitada pola caída dunha árbore.

A ocupación humana estivo limitada á entrada da cova, aínda que as pinturas realizáronse en toda a estensión da mesma. Os anónimos artistas usaron carbón procedente de vexetais queimados, e máis ocre ou hematita, para pintar, con frecuencia diluíndo as cores para conseguir matices e crear así efectos de claroscuro. Aproveitaron tamén os perfís naturais dos muros da cova para producir a impresión de tridimensionalidade dos corpos. O Teito Polícromo é a obra máis lograda e mostra un rabaño de bisontes en diferentes posicións, dous cabalos, un grande cervo e o que semella un porco bravo.

A datación destas obras pode remontar ao Magdaleniense por canto diferencia animais e formas abstractas. As imaxes do Solutrense representam cabalos, cabras e impresións de mans humanas. Outras numerosas cavernas do norte de España conteñen arte rupestre, mais ningunha dunha calidade e nunha cantidade comparábel a Altamira.

Decubrimento e escepticismo

En 1879, o arqueólogo afeizoado Marcelino Sanz de Sautuola que entrou na cova coa súa filla maior, entón de cinco anos de idade, veu as pinturas cando a pequena llas sinalou, el non fora capaz de velas nunha visita anterior. A gruta foi excavada por Sautuola e polo arqueólogo Juan Vilanova y Piera da Universidade de Madrid, que deron conta dos seus resultados nun estudo publicado en 1880, no que se ubicaban as obras no Paleolitico. Especialistas franceses, encabezados por Gabriel de Mortillet e Emile Cartailhac rexeitaron a hipótese de Sautuola e Piera, e aínda a tese de aqueles foi ridiculizada no Congreso Prehistórico de Lisboa de 1880. A causa da elevada calidade artística e do execepcional estado de conservación das pinturas, Sautuola foi mesmo acusado de fraude.

Mais en 1902 novas descubertas contribuíron a afirmar a hipótese da grande antigüidade das pinturas. Nese mesmo ano Emile Cartailhac admitíu publicamente o erro que cometera, nun artigo titulado "Mea culpa d'une sceptique" (Mea culpa dun escéptico), publicado no xornal L'Anthropologie. Sautuola, morto 14 anos antes, xa non puído coñecer o feito.

Fixéronse novas excavacións por parte de Hermilio Alcalde del Río en 1902-04, polo alemán Hugo Obermaier en 1924-25, e por Joaquín González Echegaray en 1981.

A copia da cova

Nos anos da década de 1960 as pinturas foron danadas polas numerosas vistas turísticas. Altamira foi, entón, pechada completamente para o público en 1971, e foi reaberta parcialmente en 1982. Desde aquela altura foron aceitados só uns poucos visitantes, e era preciso anotarse e agardar nunha lista de espera de tres anos. Foi realizada unha copia da gruta por Manuel Franquelo e Sven Nebel, que estivo lista para o ano 2000. A copia permite observar unha vista pouco cómoda das pinturas polícromas da sala principal, así como doutras obras menores. Comprende tamén algunhas esculturas de rostros humanos, que non se podían ver na cova orixinal.

Hai outras copias no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, Deutsche Museum de Múnic (rematada en 1964) e máis outra en Xapón (rematada en 1993).

Impacto cultural

Moitos pintores foron influenciados polas obras da gruta de Altamira. Logo dunha visita Picasso exclamou "depois de Altamira todo é decadencia".

Algunhas das pinturas polícromas de Altamira son ben coñecidas na cultura popular española. O símbolo do goberno autónomo de Cantabria, a fin de promover o turismo, representa un dos bisontes da caverna.

Bisonte, unha antiga marca española de cigarros, usou un dos bisontes da cova como logotipo.

A banda deseñada española Altamiro de la Cueva, creada en 1965, inspírase na gruta cántabra. A serie relata as aventuras dun grupo de humanos da Prehistoria, presentados como se fosen persoas actuais, mais vestidos con peles de animais.

A banda de rock Steely Dan escrebeu a canción "The Caves of Altamira" para o seu album de 1976, The Royal Scam.

Véxase tamén

Outras páxinas

  • Pintura rupestre.
  • Marcelino Sanz de Sautuola.
  • Grande Teito de Altamira
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Peter Finfrock
11 May 2022
Worth the two hour drive from S Sebastian
Manolo Sierra
9 July 2015
Visita obligada a la neocueva y con guía en Santillana del Mar, si es con críos de 7-8 años en adelante, más obligatorio.
Schikard
3 August 2013
Interesante de visitar. No entiendo lo de no dejar hacer fotos cuando es todo una réplica de la original. La explicación de la guía que nos tocó algo justilla. Gratis con carné de estudiante.
Margarita Jos (Jose Olivares)
Imprescindible el museo completo.
OceanOB
29 March 2013
Prohibido hacer fotos. ¿Por qué?
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Parador de Santillana Gil Blas

a partir de $218

Hotel Spa San Marcos

a partir de $115

Hotel Los Infantes

a partir de $58

Hotel Santillana

a partir de $50

Hotel Anexo Los Infantes

a partir de $113

Hotel Altamira

a partir de $58

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Caves del Monte Castillo

The Caves del Monte Castillo, located in the Cantabrian town of Puente

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cova de El Castillo

The Cueva de El Castillo, or the Cave of the Castle, is an

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cova de El Soplao

El Soplao is a cave located in the municipalities of Rionansa,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ídolo de Peña Tú

A Penha Tú (em língua asturiana El Peñatu) junto com o Ídolo de Pen

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Playa de Ris

La playa o playón de Ris está situada en el municipio de Noja, en la C

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Playa Trengandín

Playa Trengandín is a tourist attraction, one of the Praias in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santo Toribio de Liébana

The Monastery of Santo Toribio de Liébana is a Roman Catholic

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Tower of Llanes

The Tower of Llanes (Spanish: Torreón de Llanes) is a tower located

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Covas del Cogul

The Roca dels Moros or Caves of El Cogul is a rock shelter containing

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Machu Picchu

Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, 'montaña vella') é o no

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acrópole de Atenas

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Quebrada de Humahuaca

The Quebrada de Humahuaca is a narrow mountain valley located in the

Ver todos os lugares similares