Cova de Lascaux

A cova de Lascaux é unha das máis importantes grutas ornamentadas paleolíticas polo número e a calidade estética das súas obras. É denominada ás veces como «a Capela Sixtina da arte parietal». As pinturas e as gravuras que garda non se poden datar con total precisión: a súa antigüidade é estimada arredor de 18.000 e 15.000 anos antes do presente, datación que se apoia nos estudos realizados sobre os obxectos descubertos na caverna, estando asociados ao Magdaleniense antigo, mais as últimas análises mostran que poderían remontar ao Solutrense, período que o precede.

Xeografía e contexto xeolóxico

A gruta está situada no Périgord, no concello (commune) de Montignac (Dordogne), a uns corenta quilómetros ao surueste de Périgueux.

Ábrese sobre a beira esquerda do río Vézère, nun outeiro calcáreo do Cretácico superior. Contrariamente a moitas outras cavernas da rexión, a de Lascaux é relativamente «seca». En efecto, unha capa de arxila impermeábel aíllaa de calquera infiltración de auga, impedindo novas formacións de concrecións calcáreas.

Descubrimento

Foi descuberta o 12 de setembro de 1940, por catro adolescentes que andaban á busca do can dun deles: Marcel Ravidat, Jacques Marsal, Georges Agnel e Simon Coencas, que avisaron de contado ao seu antigo profesor, Léon Laval. O prehistoriador Henri Breuil, refuxiado na zona durante a ocupación nazi, foi o primeiro especialista que visitou Lascaux, o 21 de setembro de 1940, na compaña de Jean Bouyssonnie e André Cheynier. H. Breuil foi tamén o primeiro en autentificala, describila e estudala. Deseguido realizou os primeiros calcos desde fins de 1940, pasando varios meses in situ para analizar as obras, que atribuíu ao período perigordiano.

Logo de pasar varios anos en España, Portugal e mesmo na África do Sur, voltou en 1949, emprendendo de novo excavacións xunto con Séverin Blanc e Maurice Bourgon, ao pé da escena do pozo, onde agardaba atopar unha sepultura. O que sacou a luz foron puntas de azagaias, decoradas, feitas de corno de reno.

De 1952 a 1963, a petición de Breuil, foron efectuadas novos levantamentos, sobre 120 m², de calcos por André Glory, que contabilizaban un total de 1.433 representacións (hoxe están catalogadas 1.900).

Por esa mesma época, as representacións parietais foron tamén estudadas Annette Laming-Emperaire, André Leroi-Gourhan e, entre 1989 e 1999, por Norbert Aujoulat.

Clasificación

A cova foi clasificada entre os Monumentos históricos da Francia desde o mesmo ano da súa descuberta, o 27 de decembro de 1940.

En outubro de 1979 foi incluída no Patrimonio Mundial da UNESCO, xunto con outros sitios e grutas ornamentadas do val do Vézère.

Descrición da cova

A gruta de Lascaux é relativemente pequena: o conxunto dos corredores non sobrepasa os 250 m de longo, cun desnivel de arredor de 30 m. A parte decorada corresponde a un nivel superior, pois o inferior está clausurado pola presenza de dióxido de carbono.

A entrada actual corresponde coa entrada prehistórica.

Para facilidade de descrición, a cova está tradicionalmente subdividida nun certo número de zonas, denominadas salas ou corredores. Os nomes, imaxinarios, débense en parte a H. Breuil e fan, a miúdo referencia á arquitectura relixiosa:

  • a primeira sala é a Sala dos Touros (Salle de Taureaux) ou Rotonda, de 17 m por 6 m de ancho e 7 de alto;
  • prolóngase polo Divertículo axial (Diverticule axial), unha galería máis estreita na mesma dirección, máis ou menos do mesmo tamaño;
  • despois da Sala dos Touros, á dereita do Divertículo axial, accédese á Pasaxe (Pasage), un corredor dunha quincena de metros;
  • na prolongación da Pasaxe ábrese a Nave (Nef), outro corredor máis elevado, duns vinte metros;
  • a Nave prosegue cunha parte non decorada, pois as paredes son pouco apropiadas, seguindo logo até o Divertículo dos Felinos (Diverticule des Félins), un estreito corredor duns vinte metros ;
  • A Ábsida (Abside) é unha sala redonda que se abre cara o Oeste, na confluencia da Pasaxe e a Nave;
  • O Pozo (Puits) ábrese no fondo da Ábsida. O seu acceso supón unha baixada de 4 a 5 metros até o comezo do nivel inferior.

As representacións parietais

  • A Sala dos Touros, presenta a composición máis espectacular de Lascaux. As paredes de calcita son inaxeitadas para gravados, polo que só está adornada de pinturas, con frecuenca de dimensións inusuais: algunhas miden até cinco metros de longo.

Dúas fileiras de uros están encaradas entre si, dous dunha banda e tres doutra. Os dous uros do lado norte van acompañados dunha decena de cabalos e máis dun grande animal enigmático, pois ostenta dous trazos rectilíneos sobre a testa que lle gañaron o sobrenome de «unicornio». No lado sur hai tres grandes uros que flanquean a tres menores, pintados en vermello, así como seis pequenos cervos e mais o único oso da gruta, solapado no ventre dun uro e de difícil interpretación.

  • O Divertículo axial está tamén ornamentado de bóvidos, xunto a cabalos acompañados de cervos e de cabritos. Un debuxo representando un cabalo a fuxir foi pintado con xiz de manganeso a uns 2,50 metros do chan. Algúns animais foron pintados no teito, semellando saltar dunha a outra parede. Con estas representacións, que deberon precisar o uso de andamios, entremistúranse numerosos signos (bastóns, puntos e máis signos rectangulares).
  • A Pasaxe presenta unha decoración moi degradada de antigo, nomeadamente polas correntes de aire.
  • A Nave contén catro grupos de figuras: o panel da Pegada (l'Empreinte), o da Vaca negra, o dos Cervos nadando, así como o dos Bisontes cruzados. Estas obras están acompañadas de innumerábeis signos xeométricos, misteriosos, nomeadamente de dameiros coloreados que H. Breuil calificou de «brasóns».
  • O Divertículo dos Felinos debe o seu nome a un grupo de félidos, dos cales un parece estar a urinar para marcar o territorio. De difícil acceso, pódense ver aquí gravuras de feras de feitura abondo inxenua. Atópanse tamén outros animais asociados a signos, como unha representación de cabalo visto de fronte, algo excepcional na arte paleolítica, pois os animais son, en xeral, representados de perfil ou cunha «perspective tordue».
  • A Ábsida contén máis de mil gravados, algúns superpostos a pinturas, correspondendo a animais e signos. Aquí está o único reno figurado de Lascaux.
  • O Pozo presenta a escena máis misteriosa de Lascaux: un home, con cabeza de paxaro e de sexo ergueito, semella caír, arremetido talvez por un bisonte destripado por unha azagaia; de lado está representado un obxecto alongado sobreposto a unha ave, que quizais sexa un propulsor; na esquerda un rinoceronte parece alonxarse. Na parede oposta hai tamén representado un cabalo. Dous grupos de signos son de notar nesta composición:
    • entre o home e o rinoceronte, tres pares de punteados de dedos que tamén se observan no fondo do Divertículo dos Felinos, ou sexa na parte máis recóndita da gruta;
    • sobre o home e o bisonte, un signo barbado complexo que se reproduce noutras paredes da cova, e asemade nas puntas das azagaias e nas lámpadas de gres, que se atoparan nas proximidades.

Achámonos aquí cunha escena, na que os diferentes elementos están relacionados uns cós outros, e non cunha xustaposición de animais ou de signos sobre a mesma parede, como é o máis frecuente no caso da arte paleolítica. Para A. Leroi-Gourhan, esta escena evoca probabelmente un episodio mitolóxico, cuxa significación é difícil de estabelecer .

Lascaux II

A compañía propietaria de Lascaux lanzouse á realización dunha réplica dunha parte representativa da cova (Divertículo axial e Sala dos Touros). O proxecto foi parcialmente financiado pola venda do orixinal ao Estado en 1972. Parado en 1980, foi logo retomado polo departemento da Dordogne.

Unha dupla capa en formigón permitiu reproducir de xeito fiel a caverna orixinal. As obras parietais foron logo reproducidas por un equipo dirixido por M. Peytral.

Situado a 200 m do orixinal, o facsímil, bautizado como Lascaux II, inaugurouse no 18 de xullo de 1983. Outras reproducións de pinturas (friso dos cervos, bisontes adosados e a vaca negra da Nave, escena do Pozo) expóñense no parque do Thot, a uns quilómetros de Montignac.

Envía un comentario
Consellos e suxestións
Kerry Williams
17 May 2014
You buy your tickets in the town, Montignac on way too Lascaux. The town is a good place for refreshment too. The cave is a good reproduction and the English tour was well done too. Good afternoon out
Matt E
9 September 2012
The original Lascaux cave was closed to the public. This is a copy, located in Montignac, 200 m from the original cave. You can visit the two galleries: the Hall of the Bulls and the Axial.
Mirvettium
22 September 2014
The replica is pretty amazing, make sure you pack lunch as the local kiosk is closed. Buy your ticket on site from the 14th of Sep not at Montignac.
Axel Michel
7 October 2018
In short: A Must See! Absolutely amazing
Guillaume
4 May 2013
Si vous allez à Lascaux II, vous vous devez d'aller au musée du Thot où des vidéos très intéressantes explicatives des peintures sont présentes. De plus, un mini zoo nous montre les animaux.
Davide Boniforti
14 August 2015
Copia delle grotte di Lascaux, chiuse dal 1963. Ottima visita. Se riuscite comprate i biglietti i giorni precedenti alla biglietteria di Montignac, così da evitare code.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Lagrange Vacances Les Bastides de Lascaux

a partir de $0

Hôtel Le Lascaux

a partir de $94

Relais du Silence Le Moulin de Mitou

a partir de $170

Chateau La Fleunie

a partir de $153

Hotel Mounea

a partir de $77

Domaine de la Condamine

a partir de $52

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cova de Les Combarelles

A cova de Les Combarelles (en francés grotte des Combarelles) é unha c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cova de Font-de-Gaume

Font-de-Gaume é unha cova con mostras de arte paleolítica que está si

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gärten von Marqueyssac

Сад Маркессак (фр. Jardins de Marqueyssac) — садово-парковый к

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Château de Bellegarde

The Château de Bellegarde is a 14th century château located at L

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Padirac Cave

The Padirac Chasm or Gouffre de Padirac is a cave located near Gramat,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aquitania

A Aquitania foi unha provincia romana, un reino na época dos

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Château de Cayx

The Cayx Palace (dansk. Château de Cayx, français. Château de Ca

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pont Valentré

The Pont Valentré (Occitan: Pont de Balandras; English: Valentré B

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cave of Niaux

The Cave of Niaux is located in Niaux in the Ariège département of s

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Moaning Cavern

Moaning Cavern is a solutional cave located near Vallecito, California

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Russell Cave National Monument

The Russell Cave National Monument is a U.S. National Monument in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mitchell Caverns

Mitchell's Caverns are a trio of limestone caves, located at an

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Actún Can

Actún Can is a natural cave in the municipality of Flores in

Ver todos os lugares similares