Dolmen de Menga

O dolmen de Menga é unha construción megalítica situada no concello de Antequera, (Málaga). Construído no 2.500 antes da era actual aínda que as datacións máis recentes son do 3790 ao 3730 antes da era actual.

Descrición

O dolmen de Menga aparece citado por primeira vez nun manuscrito de Agustín de Tejada y Páez, de 1587, co título de Discursos históricos de Antequera no que se fala da existencia de “…una cueva que se dice de Menga y otra que junto a ella, poco ha, se ha descubierto…”. En 1847 Rafael Mitjana, Arquitecto de Málaga, na súa obra titulada: Memoria sobre el templo druida hallado en las cercanías de la ciudad de Antequera fai un estudo monográfico sobre Menga. En 1886 foi declarado Monumento Nacional.

Está situado a uns 3 km nas aforas da cidade de Antequera, Málaga xunto co dolmen de Viera e Tholos del Romeral os tres forman o maior conxunto megalítico de España e un dos maiores de Europa.

Na primeira lousa de entrada á esquerda hai unhas inscricións de figuras antropomórficas.

A planta do monumento megalítico é rectangular de 27.50 m de longo e un máximo de 4 metros de altura. A entrada é de 2,70 metros e amplíase a 3,50 metros e xa dentro da cámara chega a ter un máximo de 6 m no terzo final.

En 2004 co inicio de novas investigacións e escavacións ao fondo da cámara redescubriuse un pozo de 1,50 m de diámetro e unha profundidade de 19,50 m construído polos mesmos construtores do megalito xa que se teñen atopado as pedras empregadas na súa construción como ferramentas. O nivel da auga no pozo varía coa seca.

As paredes do dolmen son grandes pedras ortostáticas. En cada banda ten 12 destas grandes pedras e no fondo hai unha soa. A cuberta do dolmen son 5 lousas faltando a primeira que estaría na entrada. A máis grande das lousas, a do fondo, calcúlase que pesa unhas 180 toneladas. Nas unións destas grandes lousas do teito hai tres piares en liña, só un deles soporta o peso da lousa.

Todo o dolmen esta baixo un túmulo de entre 50 e 120 metros de diámetro coa entrada orientada ao nordeste (acimut de 45 graos), ao norte do solsticio de verán. O monumento mira cara á Peña de los Enamorados.

O dolmen ten iluminación artificial interior e é visitable. Preto del hai un centro de interpretación. A Xunta de Andalucía está a traballar para que a UNESCO lle dea ao conxunto megalítico (Menga, Viera e El Romeral) o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.

Véxase tamén

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

  • Megálito
  • Dolmen de Viera
  • Tholos del Romeral

Bibliografía

  • Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Junta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Dolmen de Menga. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)
4.6/10
1,254 persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Coso Viejo

a partir de $40

Las Villas de Antikaria

a partir de $54

Hospederia Colon Antequera

a partir de $31

Hotel Toril

a partir de $44

Hotel Plaza San Sebastian

a partir de $29

Hotel Castilla

a partir de $28

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Alcazaba of Antequera

The Alcazaba of Antequera is a fortress in Antequera, Spain. It was

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Caminito del Rey

O Caminito del Rey é un paso construído nas paredes do desfiladeiro d

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castillo de Gibralfaro

Арабская крепость Хибральфаро (español. Castillo de Gibralfaro) сох

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Alcazaba (Málaga)

The Alcazaba is a Moorish fortification in Málaga, southern Spain.

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Catedral de Málaga

A Catedral da Encarnación de Málaga é unha das xoias renacentistas má

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Museo de Málaga

The Museo de Málaga is a museum in Málaga, Andalusia, Spain. Formed i

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

O Aeroporto de Málaga–Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aen

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Parque Natural da Serra das Neves

O Parque Natural da Serra das Neves atópase en Andalucía. Esténdese po

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pilane (Sweden)

Pilane in Klövdal, Tjörn, Bohuslän, Sweden, is an Iron Age se

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
El morro del tulcán

El Morro del Tulcán (lit. The nose of the Tulcán) is an Indian p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Treasury of Atreus

The Treasury of Atreus or Tomb of Agamemnon is an impressive 'tholos'

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Clava cairn

The Clava cairn is a type of Bronze Age circular chamber tomb cairn,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Naveta dels Tudons

A Naveta dels Tudons é un monumento funerario prehistórico c

Ver todos os lugares similares