O edificio Seagram é un rañaceos de Manhattan, na cidade de Nova York. Foi diseñado polo arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe, en colaboración co americano Philip Johnson e rematado en 1958. Ten 156,9 metros de altura e 38 pisos. É considerado un dos mellores exemplos da estética funcionalista e unha obra maestra do modernismo corporativo. Foi diseñado como sede da Joseph E. Seagram's & Sons.