Encoro das Tres Gargantas

O Encoro das Tres Gargantas (en chinés, 长江三峡大坝) é un encoro no río Yangtzé en Sandouping, na provincia de Hubei, China. É un dos máis grandes encoros do mundo e, con 22.500 megawatts de enerxía hidroeléctrica instalada, desprazou neste eido do liderado mundial ao encoro de Itaipú no Brasil. Rematouse o 30 de outubro de 2008. O encoro construíuse para o control das inundacións, o regadío das terras próximas e a produción de electricidade. Porén, non se fixo sen problemas. Cubriu moitos lugares históricos e provocou o asolagamento dos fogares de 1 240 000 persoas. A súa cola chega case ata a cidade de Chongqing, 660 km río arriba.

Historia

O encoro foi proposto por Sun Yat-sen, un líder político chinés, en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país. Posteriormente en 1958, foron encarcerados varios enxeñeiros que estaban en contra do encoro.

En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. No 2009 o encoro comezou a producir hidroelectricidade. En 2011 comezaron a funcionar seis novos xeradores. O encoro estaba a plena capacidade a finais de 2008.

Deseño, custo e finalidades

O Encoro das Tres Gargantas fórmase pola acción retentiva dunha presa principal. Ao seu carón, na marxe esquerda do río, construíuse un canal auxiliar e, un pouco máis afastado, un sistema dobre de cinco esclusas. Tanto o canal auxiliar, coa instalación nel dun sistema elevador de barcos, como as esclusas, permiten a navegación fluvial.

A presa ten 2,300 metros de longo, 100 m de altura, 115 m de largo na base e 40 m de largo no cume. Para a súa construción necesitáronse 27 millóns de metros cúbicos de cemento, 460.000 toneladas de aceiro e 100 millóns de m3 de terra.

O encoro está a unha altitude de 175 metros, acada unha profundidade de 90 m, ten unha lonxitude de 660 km e unha largura de máis dun quilómetro.

A presa tivo un custo de 180.000 millóns de iuans (ao redor de 26 millóns e medio de dólares). A pesar do inmenso investimento, este foi inferior en máis de 20 millóns de iuans (uns 3 millóns de dólares) ao orzamento orixinal. Está previsto que nun prazo de 10 anos estea amortizado o investimento grazas á produción de enerxía hidroeléctrica.

Control das inundacións

Un dos principais motivos para construír o encoro foi o control das inundacións subseguintes ás riadas que provocaban considerábeis perdas nas grandes metrópoles situadas río abaixo como Wuhan, Nanjing e Shanghai; amais de en multitude de granxas, vilas, cidades e factorías próximas ao río.

O encoro ten unha capacidade de almacenamento para riadas de 22 km3, suficiente incluso para minimizar os efectos dunha super riada. Durante a estación chuviosa o encoro recolle o exceso de auga, almacenándoa ata a chegada da estación seca, entre decembro e marzo. Durante estes meses libérase o superávit de auga da que se benefician as industrias e terreos agrícolas situadas río abaixo. Amais, este aporte de auga mellora as condicións de navegabilidade do río e fai descender o nivel do encoro a 145 metros, preparándoo así para a próxima estación chuviosa. Porén, o encoro non protexe das inundacións ás terras situadas á beira dos afluentes do Yangtzé situados río abaixo.

Navegación

Outra das razóns para a construción do encoro foi facilitar a navegación fluvial para o transporte de persoas e mercadorías polo río Yangtzé. Para tal fin fíxose un sistema dobre de cinco esclusas, cada unha das cales ten 280 metros de longo, 35 m de largo e 5 de profundidade. Son comparábeis en tamaño ás esclusas do Canal de Panamá, un dos máis grandes do mundo. O curso do río anegado polo encoro tiña moitos treitos perigosos para a navegación, motivo polo cal se mellorou a navegación de botes e barcos. Está prevista a construción dun elevador de barcos nun canal auxiliar entre o encoro e as esclusas, capaz para unha carga de ata 3.000 toneladas.

A Central Hidroeléctrica

A Central das Tres Gargantas ten 34 xeradores eléctricos: 32 principais cunha potencia de 700 Mw por xerador, e 2 para o consumo eléctrico do propio encoro con 50 Mw de potencia cada un. Todos eles fan un total de 22.500 Mw de potencia instalada, a maior do mundo. Unha idea da descomunal cantidade de potencia instalada desta central, dánola a comparación coa suma de toda a potencia instalada das centrais hidroeléctricas galegas, que é de 3.111 Mw, algo menos cá sétima parte da potencia instalada na central das Tres Gargantas.

Descrición dos xeradores

Dos 32 xeradores principais, 14 están na parte norte da presa, 12 na parte sur e 6 están nunha estación subterránea baixo unha montaña xusto ao sur da presa. A enerxía xerada pode sobrepasar os 100 TWh. Cada xerador principal pesa 6.000 toneladas (aproximadamente o mesmo peso que 3.000 coches). A auga cae 80 metros desde o encoro ata os xeradores, que usan turbinas Francis de 10 m de diámetro e 9,8 m de alto. A cantidade de auga que entra na turbina varía entre 600 e 950 m3 por segundo. A velocidade de rotación da turbina é de 75 rpm. A eficiencia dos xeradores está entre o 94% e o 96,5%.

Construción

Os 14 xeradores principais da parte norte foron instalados entre 2003 e 2005. O 10 de xullo de 2003 comezou a producir electricidade o primeiro deles, o número 2. O último, o número 9, fíxoo o 7 de setembro de 2005. A produción máxima dos xeradores do lado norte (9.800 Mw) conseguiuse por primeira vez o 18 de outubro de 2006 cando a superficie do encoro acadou 156 m sobre o nivel do mar. Os 12 xeradores principais do lado sur instaláronse entre 2007 e 2008. o 11 de xuño de 2007 comezou a operar o primeiro deles, o número 22. O último en activarse foi o número 23, o 19 de agosto de 2008.

Produción eléctrica e distribución

O medio milleiro de terawatts-hora de electricidade desde a posta en funcionamento da central acadouse o 16 de agosto de 2011. En 2012, os 32 xeradores da central xeraron a cantidade récord de 98,1 TWh de electricidade, o 14% do total da enerxía hidroeléctrica chinesa

Produción anual de electricidade
Ano Xeradores
instalados
TWh
2003 6 8,607
2004 11 39,155
2005 14 49,090
2006 14 49,250
2007 21 61,600
2008 26 80,812
2009 26 79,470
2010 26 84,370
2011 29 78,290
2012 32 98,100
2013 32 83,270
2014 32 98,800
Total 32 810,77

Tres liñas de subministración distribúen a electricidade a tres redes eléctricas denominadas Leste, Central e Sur.

  • Unha liña transporta 7.200 Mw á Rede da China Oriental.
    • Un ramal leva 3.000 Mw a Shanghai.
    • Outro ramal vai a Changzhou con outros 3.000 Mw.
    • Un terceiro ramal tamén a Shanghai pasando por Gezhouba ten capacidade para 1.200 Mw.
  • A segunda liña á Rede da China Central transporta 12.000 Mw.
  • A terceira liña cunha capacidade de transporte de 3.000 Mw vai para a Rede da China Meridional.

O encoro subministra ao redor do 3% de toda a electricidade chinesa, a pesar de ter sido deseñado para a produción do 10% do total nacional. A razón deste desfase haina que buscar no crecemento do consumo, moito máis rápido do que calcularan os deseñadores da central

Beneficios do encoro

A produción eléctrica da central, de se ter levado a cabo en centrais térmicas convencionais suporía a combustión de 31 millóns de toneladas de combustibles fósiles como carbón e petróleo, que liberarían no medio ambiente:

  • 100 millóns de toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro.
  • 1 millón anual de toneladas de dióxido de xofre.
  • 370.000 toneladas de óxido nítrico (en grandes cantidades é nocivo para a saúde).
  • 10.000 toneladas de monóxido de carbono
  • Importantes cantidades de mercurio e po.

O encoro favoreceu tamén a navegación fluvial, grazas ás esclusas instaladas no encoro. Algúns beneficios foron:

  • Multiplicouse por 6 a capacidade de tráfico fluvial.
  • Diminuíron un 25% os custos de transporte polo río.
  • A substitución do transporte terrestre polo fluvial evita a emisión de 10 millóns de toneladas de dióxido de carbono

Como consecuencia da construción do encoro moitas conducións de augas fecais que antes vertían directamente no río Yangtzé, están sendo tratadas. Sobre o 65% destas augas reciben tratamento antes de retornar ao encoro. Hai unhas 50 estacións depuradoras de augas residuais na zona. Os residuos sólidos deposítanse agora en 32 vertedoiros capaces de xestionar 7.500 toneladas diarias de residuos

O encoro tamén persuadiu ao goberno de China da necesidade de solucionar o problema da contaminación no río Yangtzé e no resto de China.

Inconvenientes do encoro

Reubicación de persoas

Un millón e cuarto de persoas perderon os seus fogares baixo as augas do encoro e tiveron que seren reinstalados en diferentes partes. Este número é aproximadamente o 1,5% da poboación total da zona: a provincia de Hubei (60,3 millóns) e a cidade de Chongqing (31,44 millóns). A maioría dos desprazados foron reubicados preto dos seus antigos fogares a unha altitude suficiente por riba do encoro, porén uns 165.000 se espallaron por 10 provincias limítrofes e na municipalidade de Shanghai, non precisamente por falta de espazo na contorna. Os motivos argüídos polas autoridades para este longo traslado foron de preservación de espazos naturais. O 22 de xullo de 2008 rematouse a reubicación. En 2007 algunhas informacións alertaban dos plans da municipalidade de Chongqing de trasladar a 4 millóns de persoas que residen nas proximidades do encoro ás zonas urbanas do municipio para o 2020. En calquera caso, as autoridades explicaron que a reubicación non ten que ver co encoro e obedece a plans urbanísticos, nos que tamén estaría involucrada poboación doutras áreas do municipio

Vida salvaxe ameazada

A rexión das Tres Gargantas é coñecida desde hai tempo pola súa biodiversidade. É o fogar de 6.388 especies de plantas das que o 57% están ameazadas. A porcentaxe de masa forestal da rexión baixou desde un 20% en 1950, ata non máis do 10% en 2002, afectando negativamente a todas as especies de plantas. A rexión tamén proporciona hábitats a centos de animais terrestres e de auga doce. Os peixes de auga doce están especialmente afectados polos encoros debido aos cambios na temperatura da auga e no fluxo. Ademais moitos dánanse nas pas das turbinas das centrais hidroeléctricas. Isto é particularmente grave para o ecosistema da rexión porque na conca do río Yangtzé habitan 361 especies diferentes de peixes e contabiliza o 37% das especies de auga doce ameazadas de toda China. Outras especies acuáticas ameazadas son o Baiji, ou Delfín de río chinés e o Esturión do Yangtzé.

Dos 3.000 ou 4.000 exemplares que quedan da criticamente ameazada Grúa Siberiana, un gran número deles pasan o inverno nas zonas húmidas que serán destruídas polo encoro.

Sedimentos

Os sedimentos que arrastra o río quedarán atrapados pola presa, o encoro encheríase deles e faríano inservíbel. Por riba diso, o río Yangtzé ten un alto contido de sedimentos, e poidera ocorrer que estes chegaran a taponar os condutos de auga da central; o nivel da auga ascendería e sobardaría o encoro provocando o seu colapso. En Galicia estase a dar unha problemática relacionada con certos aspectos deste proceso no encoro do Eume.

Ademais, o encoro impide que os sedimentos continúen o seu curso e cheguen á desembocadura, poñendo en serios problemas á cidade de Shanghai que vería como non se substitúe a terra que se leva o mar da boca do río.

Lugares históricos e paisaxísticos

O encoro asolagou ao redor de 1.300 estacións arqueolóxicas e alterou considerabelmente a paisaxe das Tres Gargantas, facéndoas moito menos espectaculares ao se reducir a profundidade dos canóns por mor do aumento do nivel das augas en 90 metros. Moitos monumentos históricos foron trasladados a lugares seguros, mais outros tiveron que quedarse no seu sitio pola dificultade que implicaba a situación, o tamaño ou o deseño.

Outros riscos

  • O encoro é un potencial obxectivo en caso de guerra. Algún grupo político de Taiwán suxeriu ameazar con accións sobre obxectivos urbanos e estratéxicos, como o Encoro das Tres Gargantas, para reducir a coacción militar chinesa sobre o seu país.
  • O consorcio de empresas construtoras do encoro recibiu fortes críticas pola estimación feita da aceleración sísmica que se produciría no suposto dun terremoto máximo admisíbel. Este cálculo é importante na construción de encoros pois en caso de rotura da presa, as consecuencias serían catastróficas. Así mesmo, o inmenso peso da auga encorada e susceptíbel de producir terremotos, como así recoñecen os propios construtores. A situación recorda o risco sísmico que, segundo algúns científicos, existe no lago artificial das Pontes, en Galicia.
  • Os corrementos de terras foron minusvalorados. As autoridades teñen constatada a caída de rochas e corrementos de terras en 355 lugares, e xa está prevista a reubicación doutras 100.000 persoas que viven en zonas de risco.
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Freesoul Y
3 December 2018
Exactly like what I saw thousands of times on TV. Very cold and windy that day. Still worth coming to see this giant project that will leave a footprint in the history. I like the boat part better.
York S. Zou
4 April 2016
A great trip!
Alanis Wei
25 November 2012
Very big~so impress~ bravo china~
Liew Thim Mun
22 April 2013
1 00 places to visit before you die.
Kae  ? ? ? ??? ?? ? ?
12 June 2012
The largest dam in the world.
iCDS
17 October 2011
Hazte una foto con tus amigos.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Yichang Tujia Sweetome Serviced Apartment Bin Jiang Yi Hao

a partir de $41

Westwood Holiday Inn

a partir de $45

Yichang Three Gorges Xiba Hotel

a partir de $94

Home Inn Yichang Gezhou Dam

a partir de $21

Zigui Zhongfu Hotel

a partir de $24

Jichu International Hotel

a partir de $26

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Three Gorges

The Three Gorges (simplified Chinese: 三峡; traditional Chinese: 三峽;

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Qutang Gorge

The Qutang Gorge (瞿塘峡) is the shortest and most spectacular of China

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Wudang Mountains

The Wudang Mountains (Шаблон:Zh-stp), also known as Wu Tang Shan or si

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Parque Forestal Nacional de Zhangjiajie

O Parque Forestal Nacional de Zhangjiajie (en chinés:

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
南岩宫

南岩宫 is a tourist attraction, one of the Palaces in Zixiaogong, China

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Zixiao Palace

The Zixiao Palace (武當山紫霄宮 / 武当山紫霄宫, Wǔdāngshān Zǐxiāo gōng)

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Huanglong Cave

Huanglong Cave (Шаблон:Zh) is a karst cave located near the Wulin

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Encoro Hoover

O encoro Hoover ou presa Hoover, chamada nun primeiro momento Encoro

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cahora Bassa

The Cahora Bassa lake is Africa's fourth-largest artificial lake,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Encoro de Asuán

Asuán, cidade situada na marxe dereita do Nilo, sobre a primeira

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Orlík Dam

The Orlík Dam (Czech: Vodní nádrž Orlík) is the largest hydr

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Tokuyama Dam

The Tokuyama Dam is a future hydroelectric plant in Japan.

Ver todos os lugares similares