Encoro de Asuán

Asuán, cidade situada na marxe dereita do Nilo, sobre a primeira catarata, posúe dous encoros: o novo Encoro Alto de Asuán e o menor e máis antigo, Encoro de Asuán ou Encoro Baixo de Asuán.

Normalmente o Nilo desbórdase anualmente, cando as augas procedentes de Etiopía flúen para o baixo Nilo en verán. Desde a antigüidade, estes desbordamentos ao deixar un sedimento de nutrientes e minerais no chan, foron os que converteron as terras do arredor do río nunha fértil veiga ideal para a agricultura. Porén, esta impredecíbel alternancia entre períodos de crecidas conlevaba a perda de colleitas enteiras polo anegamento ou seca e a conseguinte escaseza de alimentos na poboación, polo que se considerou necesaria a construción dun encoro que regulase estas inundacións para protexer as terras de laboura e os campos de algodón.

Historia da construción

A construción foi iniciada polos británicos en 1899 e concluíuse en 1902. O deseño inicial tiña 1.900 m. de longo por 54 m. de alto e axiña se descubriu que era inadecuado, polo que se procedeu a aumentar a súa altura en dúas fases: de 1907 a 1912 e de 1929 a 1933. Esta é a que se coñece como Presa Baixa.

Cando o encoro case se desbordou en 1946, decidiuse que, en lugar de aumentar a súa altura por terceira vez, se construíse un segundo encoro 6 km. río arriba. O proxecto comezou en 1952, exactamente tras a revolución de Nasser e, en principio, os Estados Unidos axudarían a financiar a construción cun empréstimo de 270 millóns de dólares. A oferta de axuda foi retirada a mediados de 1956 e o goberno exipcio propúxose continuar o proxecto en solitario, utilizando os ingresos que proporcionaba o Canal de Suez como axuda na construción. Porén, en 1958 interveu a Unión Sovética (en plena Guerra fría polo dominio de África) pagando, posibelmente, un terzo do custo da inmensa presa de pedra e arxila como regalo. Á parte desta axuda monetaria, proporcionaron técnicos e maquinaria pesada e o deseño correu a cargo do instituto ruso Zuk Hydroproject.

A construción comezou en 1960. O Encoro Alto, O saade ao Aali, foi concluído na súa totalidade o 21 de xullo de 1970; mentres a primeira etapa, o encoro, concluíase en 1964 e comezábase a encher coa presa aínda en construción, atinxindo a súa capacidade total en 1976. Este encoro causou inquietude entre os arqueólogos debido a que o complexo de Abu Simbel, así como outras decenas de templos, quedaría somerxido baixo as augas. En 1960, unha operación de rescate patrocinada pola UNESCO localizou, escavou e trasladou vintecuatro destes monumentos a situacións máis seguras ou foron doados aos países que colaboraron no rescate, como o templo de Debode, actualmente en Madrid (España).

As súas coordenadas xeográficas son 23°58'12.52 N, 32°52'41.29 E

Beneficios

O Encoro Alto ten 3.600 m. de longo e 980 m. de ancho na base, por 40 m. de ancho na cúspide e 111 m. de alto, cun volume de material de 43 millóns de m³. En condicións de máxima capacidade pode dar saída a11.000 m³ de auga por segundo. Posúe rebosadeiros de emerxencia adicionais para un volume de 5.000 m³ extra e o canal Toshka, que liga o encoro coa depresión Toshka . Este encoro, denominado Lago Nasser, ten 480 km. de longo e 16 km. na súa parte máis ancha, a súa área na superficie é de 6.000 km² e contén entre 150 e 165 km³ de auga. Inundou gran parte da baixa Nubia e tivéronse que trasladar máis de 90.000 persoas.
Os efectos das perigosas inundacións de 1964 e 1973 e as terríbeis secas como as de 1972-73 e 1983-84 quedaron mitigados. Creouse unha nova industria pesqueira ao redor do lago Nasser que continúa na súa pugna por prosperar debido á distancia á que se encontra calquera mercado significativo.

Cunha produción hidroeléctrica de 2,1 xigavatios, a presa alberga 12 xeradores de 175 megavatios cada un. O subministro eléctrico comezou en 1967, cando a presa alcanzou o seu cénit de produción, xerando aproximadamente a metade da electricidade necesaria para o consumo de todo Exipto (ao redor do 15% en 1998) e permitindo, por primeira vez, a conexión eléctrica na maioría dos pobos exipcios.

Cuestións medioambientais

A realización do grande encoro de Asuán, hoxe Sadd al-Alí, situado no Alto Exipto e destinado a modificar o contorno físico para controlar as crecidas do Nilo e producir enerxía, tivo graves consecuencias no fráxil equilibrio do milenario ecosistema, sobre todo porque os enxeñeiros que o deseñaron non tiveron en conta o impacto ecolóxico que a súa construción tería sobre a fauna, a flora, e tamén sobre a economía dos pobos que habitaban as marxes do río Nilo.

As consecuencias mediambientais foron numerosas: sedimentación excesiva augas arriba, erosión augas abaixo, desaparición de especies animais que efectuaban migracións ao longo do río, destrución e salinización dos deltas (ao reducirse o caudal do Nilo, motivou que as augas salgadas do Mediterráneo penetren no terreo ao longo da costa próxima á desembocadura do Nilo), diminución da produtividade nas pesquerías, emigración de animais mariños ao suprimirse a barreira da salinidade, subida do nivel das augas freáticas nas veigas próximas, contaminación do río provocada polos fertilizantes, herbicidas e pesticidas. Outra das consecuencias negativas para a poboación foi o aumento de risco sanitario xa que os canais de rega agrícola e as marxes do lago Nasser son o hábitat perfecto para animais que transmiten enfermidades, tales como o mosquito da malaria (Anopheis) e os caracois que propagan o parasito da bilharziase (Schistosoma sp.)

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Sharm Club Excursions
14 April 2016
Well, you should come here to see the tall obelisk as well as the Naser lake and the temple of Kalabsha, which is shown from the dam.
Scott Norris
11 January 2015
Easy stop on the way to/from airport. Just make sure you fix the taxi fare first.
Fady Aziz
9 January 2015
Do not ever miss the friendship symbol - Ramz el sadaka, view from 75 meters high is amazing
Sharm Club Excursions
15 April 2018
One of the main attractions in Aswan is its gigantic High Dam
Njoud Fahad
16 February 2019
Great job!
Milo
9 February 2016
Las vistas de la presa del alto y bajo nilo, incomparables
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Movenpick Resort Aswan

a partir de $71

Pyramisa Isis Corniche Aswan Resort

a partir de $34

Orchida St. George Hotel

a partir de $19

Marhaba Palace Hotel

a partir de $30

Nile Hotel Aswan

a partir de $20

Oscar Hotel

a partir de $7

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Kalabsha

The Temple of Kalabsha (also Temple of Mandulis) is a Ancient Egyptian

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
New Kalabsha

New Kalabsha is a promontory located near Aswan in Egypt. It houses

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Agilkia Island

Agilkia Island (also called Agilika island) is an island in the Nile

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Filae

Filae (en textos latinos: Philæ, Philae) era o nome dunha illa

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Estela da Fame

A Estela da Fame é un texto de trinta e dúas columnas gravado na c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Sehel Island

Sehel Island is located just to the south of Aswan. Here there are

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Unfinished obelisk

The unfinished obelisk is the largest known ancient obelisk, located

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Kom Ombo

The Temple of Kom Ombo is an unusual double temple built during the

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cahora Bassa

The Cahora Bassa lake is Africa's fourth-largest artificial lake,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Akosombo Dam

The Akosombo Hydroelectric Project (Akosombo HEP), usually referred to

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kariba Dam

The Kariba Dam is a hydroelectric dam in the Kariba Gorge of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Encoro Hoover

O encoro Hoover ou presa Hoover, chamada nun primeiro momento Encoro

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Orlík Dam

The Orlík Dam (Czech: Vodní nádrž Orlík) is the largest hydr

Ver todos os lugares similares