O Gran Buda de Tailandia, tamén coñecido como Phra Buddha Maha Nawamin ou Mahaminh Sakayamunee Visejchaicharn, é a meirande estatua de Tailandia e a novena máis alta do mundo.
Atópase no mosteiro Wat Muang, na provincia de Ang Thong. Érguese 92 m sobre o chan e posúe 63 m de ancho na súa base. A súa construción comezou en 1990 e rematou en 2008. Está feita de cemento e pintada de ouro.