Hacilar

Hacilar é un antigo asentamento prehistórico neolítico sito no sudoeste da actual Turquía, a 25 km ao sudoeste da cidade de Burdur, con coordenadas: 37º 36' N e 30º 06' L. O seu nivel máis antigo está datado en 7040 a.C., que lle outorgan precedencia sobre o grande xacemento turco: Çatal Hüyük. As investigacións arqueolóxicas efectuadas indican que o sitio foi abandonado e reocupado máis unha vez ao longo da súa historia.

Historia arqueolóxica

Hacilar viviu e morreu dentro da fase prehistórica. O que ficaba de Hacilar era un outeiro na Chaira de Konya que así permaneceu até 1956. Foi nese ano cando un profesor local mostroulle o outeiro ao arqueólogo británico James Mellaart. No 1957 comezouse a escavación de Hacilar so a dirección de Mellaart, quen a proseguiu até 1960. Os artefactos recobrados durante esa escavación están expostos na actualidade no Museo das Civilizacións de Anatolia en Ankara, a capital turca.

O xacemento

Hacilar presentou sete fases sucesivas correspondentes a doce niveis de escavación. A fase máis antiga, como se dixo, deu unha datación polo método do carbono-14 tan antiga como -7050. A fase máis recente, nivel I, corresponde a -5700 / -5600. As primeiras fases son precerámicas, con útiles de pedra, madeira, óso e coiro. Coñece a gandería, e indicios de comercio, pois empregan sílex sirio e obsidiana do interior da Anatolia.

Arquitectura neolítica

Hacilar revelou un poboado, cuxas vivendas consistían en unidades dispostas ao arredor dun patio interior. Cada casa estaba construída sobre uns alicerces de pedra a fin de protexela de danos da auga. Os muros estaban feitos de pedra e adobes (ladrillos cocidos ao sol), que estaban unidos por barro, usado como argamasa simple. Encontráronse postes en cada vivenda que sosterían un tellado plano. Sospéitase que cada unha das casas posuía un sobrado ou andar superior feito de madeira.

Os interiores serían acondicionados con capas de arxila e rara vez estaban pintados. Co paso do tempo mudaron para levantar casas individuais separadas. Encontrouse no chan das vivendas querns, braseiros e morteiros e as mans correspondentes para machacar alimentos. As paredes estaban provistas de andeis para usar como prateiros. As cociñas estaban separadas dos cuartos, e os andares superiores foron usadas como despensas e/ou obradoiros.

Cerámica e relixión

Os niveis superiores de escavación, os máis modernos, presentan unha cerámica moi elaborada, con recipientes provistos de decoración xeométrica, con bandas medianas en paralelo.

Atópanse nestes niveis estatuíñas con representacións animalísticas diversas, predominan as representacións de touriños, que insinúan estadios iniciais do "culto ao touro". Aparecen tamén figuracións femininas, coñecidas desde os albores do Neolítico, probábeis soportes do culto á Gran Deusa Mai.

Bibliografía

  • Mellaart, James, «Hacilar: A Neolithic Village Site» — Scientific American, August 1961, p. 86.
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Hacilar. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)
6.6/10
2,327 persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Barida Hotels

a partir de $58

Sagalassos Lodge & Spa Hotel

a partir de $42

Hilton Garden Inn Isparta

a partir de $31

Vib Antalya

a partir de $31

Ramada Isparta

a partir de $0

Best Western Vib Antalya Hotel

a partir de $0

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Burdur

Lake Burdur (Türkçe. Burdur Gölü) is a large saline lake in Burdur and

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Karain Cave

Karain Cave is a cave and a Paleolithic archaeological site located at

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Termessos

Termessos or Thermessos (Θερμεσσός)[] was a Pisidian city bui

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Saklıkent

Saklıkent is a winter resort in Turkey, 45 kilometres from Antalya

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Laodicea on the Lycus

Laodicea on the Lycus (Greek: Λαοδίκεια πρός τοῦ Λύκου; Latin: La

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Hierapolis Arkeoloji Müzesi

Hierapolis Arkeoloji Müzesi is a tourist attraction, one of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pamukkale

Pamukkale ('castelo de algodón', en turco) é un conxunto de piscinas t

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Eğirdir

Eğirdir (Eğirdir Gölü, formerly Eğridir) is the name of a lake and

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Templo de Debod

O Templo de Debod é un edificio do antigo Exipto localizado

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Hadrian's Villa

Hadrian's Villa (Villa Adriana in Italian) is a large Roman

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Blackness Castle

Blackness Castle is a 15th century fortress, near the village of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Anadoluhisarı

Anadoluhisarı (Anatolian Castle) is a fortress located in Istanbul,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lindholm Høje

Lindholm Høje (translated: Lindholm Hills) is a major Viking burial

Ver todos os lugares similares