Halicarnaso

Halicarnaso (do grego: Ἁλικαρνασσός, Halikarnassos, latín Halicarnassus ; actual Bodrum, en Turquía), é unha antiga cidade grega situada na costa sur-occidental de Caria (Asia Menor) no mar Exeo, nunha posición privilexiada entre o golfo Cerámico e o golfo de Cos. Orixinalmente só ocupaba unha pequena illa próxima á costa, onde actualmente se atopa o Castelo de San Pedro de Halicarnaso.

Historia e características

Foi unha colonia da cidade de Trecén (na Argólida) fundada cara ao 1000 a. C. Foi unha das cidades que constituíron a Hexápole dórica (as outras foron Cnido, Cos, Ialisos, Lindos e Cámiros). Estaba no istmo de Cefirión (latín Zephyrium) e inicialmente chamouse Cefiria (Zephyria). A cidade tiña polo menos dúas ou tres fortalezas case imposibles de conquistar, sendo a principal Salmacis, nun rochedo na parte norte da cidade. Outra era Arconeso, supostamente nunha illa diante do porto (hoxe Orak Ada).

A causa dun conflito relixioso (un deportista quedouse co trofeo que gañara en lugar de dedicarllo ao deus Apolo como era tradicional) e das súas afinidades xónicas, foi excluída da Liga Dórica no século VII a. C., liga que pasou a chamarse Pentápole dórica.

No século VI a. C. foi sometida ao reino de Lidia até a súa caída e pasou a control persa no 546 a. C.. A comezos do século V a. C., coa revolta xonia, independizouse, mais tivo que someterse outra vez a Persia no 494 a. C., se ben conservou a súa autonomía interna e a súa prosperidade e forza. Nestes anos dependía do sátrapa de Sardes ou Lidia. Ligdamis ou Lygdamis asumiu a tiranía no 494 a. C. A súa viúva (ou filla) Artemisa I loitou ao lado de Xerxes II na batalla de Salamina. Ligdamis foi nomeado sátrapa de Caria (satrapía ás veces independente e outras subsatrapía de Lidia) e os seus descendentes gobernaron toda Caria, cunha certa independencia de Persia até que no 386 a. C. os persas asumiron un dominio máis directo. O sátrapa máis coñecido foi Mausolo, que trasladou a capital de Milas a Halicarnaso. A muller e irmá deste, Artemisa II, erixiulle un monumento funerario que deu nome a estas edificacións pola súa esplendidez (coñecido como Mausoleo de Halicarnaso, unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo).

A dinastía grega de Caria, pese a que impuxo o helenismo e a lingua grega, permaneceu fiel aos persas. Cando Alexandre Magno chegou había unha raíña, de nome Ada, que resistía en Alinda o partido favorable aos persas que encabezaba seu irmán Pixodoro que a desposara un par de anos despois da morte do seu marido Idreo (morto polo 344 ou 343 a. C.) e que continuaba no poder baixo o sátrapa Orontobates, un nobre persa xenro de Pixodoro. Ada acolleu a Alexandre e quíxoo adoptar como fillo. Os macedonios derrotaron a Orontobates e logo ao seu sucesor Memnón de Rodas, un grego ao servizo de Persia, e restableceron como raíña a Ada (333 a. C.), até o 326 a. C. Halicarnaso foi asediada e destruída e os habitantes refuxiáronse na acrópole de Salmacis que foi incendiada. A cidade non se recuperou desta destrución. En adiante só foi mencionada en relación co mausoleo.

Tras a morte de Alexandre foi gobernada por Asandro, sátrapa de Caria até o 305 a. C., cando pasou a Antígono I Monoftalmos. No 301 a. C., derrotado e morto Antígono, pasou a Plistarco até o 294 a. C., cando se converteu en base naval das láxidas de Exipto. No 272 a. C. pasou aos seléucidas e baixo o seu goberno sábese que permanecía dentro unha liga que continuaba a Liga Caria.

No 189 a. C., polo tratado de Apamea, pasou a Roma, baixo soberanía da cal foi cidade libre e máis tarde colonia romana. No 88 a. C. foi ocupada brevemente por Mitrídates VI Eupator, rei do Ponto. Despois seguiu en mans de Roma e Bizancio até o 1071, cando caeu en mans dos turcos selxúcidas. O sultán Mehmet permitiu aos cabaleiros de Rodas ocupar a cidade e un castelo foi construído (o castelo de San Pedro).

En 1522 caeu baixo soberanía otomá cando Suleiman o Magnífico conquistou a illa de Rodas. Parece que entón era chamada Petrión (probablemente do nome do castelo) e os otománs convertérona en Bodrum.

Actualmente aínda se conservan as antigas murallas, uns restos do mausoleo (ao leste de Salmacis) e algunhas fontes. O templo de Afrodita, considerado un dos máis fermosos da antigüidade, non se conservou. Algunhas estruturas encontradas na cidade turca actual de Bodrum, suponse que decoraban o mausoleo, e están hoxe en día no Museo Británico.

Foi o lugar de nacemento de Heródoto e de Dionisio de Halicarnaso.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jean-Pierre Thiollet (2010): Bodream. Anagramme Ed.. ISBN 978-2-35035-279-4
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aysegul Guchan
1 August 2019
İpek Çankaya tarafından kurulan ve küratoryal çalışmaları ve çağdaş sanata odaklı sanat mekanı.
Aysegul Guchan
1 August 2019
Bodrum’un yeni çağdaş sanat mekanı.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Bodrum Maya Hotel

a partir de $70

Su Hotel

a partir de $63

Asmin Hotel Bodrum

a partir de $36

Moonshine Hotel & Suites

a partir de $45

Akkan Hotel Marina

a partir de $43

Kaya Apart & Pansiyon

a partir de $0

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mausoleo de Halicarnaso

O mausoleo de Halicarnaso foi unha tumba de mármore branca

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Bodrum Castle

Bodrum Castle (Bodrum Kalesi), located in southwest Turkey in the city

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cos - Κως

Cos (grego antigo Κῶς,grego moderno: Κως; Turco: İstanköy; Italiano

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Iasos

Iasos or Iassos (Greek: Ἰασός Iasós or Ἰασσός Iassós), also in Latini

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
İncirliin Cave

İnicrliin Cave (Turkish: İncirliin Mağarası) is a show cave loc

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Knidos

Knidos or Cnidus (; Greek: Κνίδος, Greek pronunciation: ]) was a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Euromus

Euromus or Euromos (Ancient Greek: Εὔρωμος) – also, Europus

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Bafa

Lake Bafa is a lake situated in southwest Turkey, part of it within

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Machu Picchu

Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, 'montaña vella') é o no

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acrópole de Atenas

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Town, Al-'Ula

The Old Town is an archaeological site near Al-'Ula, Medina Province,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Poseidon, Sounion

The ancient Greek temple of Poseidon at Cape Sounion, built during

Ver todos os lugares similares