Igrexa nova de Delft

Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.

A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.

A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.

Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).

Historia

Ao principio, a igrexa consistía nun edificio provisional de madeira, en torno ao cal se construíu a basílica tal e como pode ser contemplada na actualidade. A antiga igrexa de madeira, que se mantivo ata 1420, foi consagrada a María.

A basílica cruciforme edificouse a partir do ano 1396 nun estilo gótico flamíxero ateigado de mostras do simbolismo cristián. O plano en forma de cruz refire a Cristo, as doce columnas do corazón aos doce apóstolos, os catro piares do cruceiro representan os catro evanxelistas e as dezaseis columnas da nave central representan os dezaseis profetas. A construción realizouse exactamente arredor do que foi a antiga igrexa provisional de madeira.

As vidreiras de cores do transepto e o amplo deambulatorio son obra de Willem Van Konijnenburg (1927-1936). A vidreira que representa a Hugo Grotius, situada na ala norte do transepto, caracterizada polos seus tons fríos gris e azuis, débeselle ao mestre Joep Nicolas.

Panteón real da casa de Orange-Nassau

O mausoleo de Guillerme, o Taciturno elévase no coro, sobre a cripta real. Este edificio renacentista de mármore foi levantado por Hendrick de Keyser entre 1614 e 1621. No centro dun perístilo flanqueado por grandes alegorías, o príncipe está en traxe de desfile baixo a mirada dunha deusa Fama de bronce. Aos seus pés hai unha figura do seu fiel can que un día lle salvou a vida. Na cabeza da estatua xacente de mármore, unha estatua de bronce representa o príncipe con armadura.

No centro do coro, a entrada á cripta dos príncipes está sinalada por unha gran lousa brasonada.

Príncipes e reis soterrados na cripta

Na igrexa nova están soterradas moitas persoas pertencentes á familia Orange-Nassau e á actual familia real dos Países Baixos. Esta é unha listaxe dos príncipes e os monarcas:

  • Guillerme I de Orange-Nassau (1533 -1584).
  • Luísa de Coligny (1555 -1620)
  • Mauricio de Nassau (1567-1625)
  • Federico Henrique de Orange-Nassau 1584-1647)
  • Guillerme II de Orange-Nassau (1626-1650)
  • Guillerme IV de Orange-Nassau (1711-1751)
  • Guillerme V de Orange-Nassau (1748-1806)
  • Guillerme I dos Países Baixos (1772-1843)
  • Guillerme II dos Países Baixos (1792-1849)
  • Guillerme III dos Países Baixos (1817-1890)
  • Guillermina I dos Países Baixos (1880-1962)
  • Xuliana I dos Países Baixos (1909-2004)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Scott Gillis
27 July 2014
You must see the history in this church - the new one - built in the 1400's. William of Orange, father of The Netherlands, is buried here. Learn the history of the Netherlands in the exhibits here.
Britt Van Lettow
6 July 2017
This church is where the royal family is buried. On a clear day it's great to climb the tower and have a stunning view over Delft. If you're lucky you can see The Hague and maybe even further.
Sanja
12 January 2017
After around half of tower height you will see a mechanism for a big tower clock, but after all 376 (!) stairs, you will get a great sight on Delft! There is terrace all around the church! Amazing!
Thomas Craenen
15 January 2016
Must visit when in Delft. Tombs of the Dutch royal family are located here. The entrance fee also entitles you to visit the Oude Kerk and to pick up a free cup of coffee.
Simone P.
20 March 2019
Huge beautiful church with lots of history and amazing view if you go up in the tower!
Oleg S.
14 June 2019
Билет 8,5€ включает новую и старую церковь и обзорку на колокольне (вторая по высоте после Утрехта) с брошюрой на русском и флаером на кофе. Рекомендую.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Luxurious Loft Apartment

a partir de $125

Best Western Museumhotels Delft

a partir de $109

Hotel Grand Canal

a partir de $58

Hotel Johannes Vermeer Delft

a partir de $114

Casa Julia

a partir de $155

Hotel de Plataan Delft Centrum

a partir de $151

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Igrexa vella de Delft

Igrexa vella de Delft (en neerlandés: Oude Kerk) é o nome como s

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Prinsenhof de Delft

Prinsenhof (en galego: 'a corte do príncipe') é un pazo urbano de o

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Needle of Rijswijk

The Needle of Rijswijk (Nederlands. Naald van Rijswijk) is an obelisk

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Chinatown, The Hague

The Hague's Chinatown is located in the city centre, on the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Real Conservatorio da Haia

O Real Conservatorio da Haia (en holandés: 'Koninklijk Conservatorium

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ridderzaal

The Ridderzaal (Knights' Hall) is the main building at the Binnenhof

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Binnenhof

The Binnenhof (Dutch, literally 'inner court'), is a complex of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mauritshuis

O Mauritshuis (en galego: 'Casa de Mauricio'), oficialmente Gabinete

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Templo expiatorio da Sagrada Familia

A Sagrada Familia de Barcelona, ou máis formalmente, Templo

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santuario de Fátima

O Santuario da Nosa Señora do Rosario de Fátima (máis coñecido sin

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Santuario do Bom Jesus do Monte

O Santuario do Bom Jesus do Monte (ou Santuario do Bo Xesús de Braga)

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Crystal Cathedral

The Crystal Cathedral is a Protestant Christian megachurch in the city

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Church of Our Saviour, Copenhagen

The Church of Our Saviour (Danish: Vor Frelsers Kirke) is a baroque

Ver todos os lugares similares