Igrexa vella de Delft

Igrexa vella de Delft (en neerlandés: Oude Kerk) é o nome como se coñece a antiga igrexa gótica dos Países Baixos do século XIII situada no centro da cidade de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, construído ao pé da canle Oude Delft, foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.

Orixinalmente denominouse igrexa de Santo Hipólito e posteriormente pasou a coñecerse como igrexa de San Bertomeu, a partir de mediados do século XIII, para conmemorar o nome do santo patrón do seu fundador, Bartholomeus van der Made.

Historia

Idade Media

Habitualmente dáse o ano 1246 como o de nacemento da igrexa, aínda que a súa historia é máis antiga. Algúns séculos antes de que o conde Guillerme II lle concedese a Delft os dereitos de cidade, os habitantes do núcleo rural xa asistían á misa no mesmo lugar. Asúmese xeralmente que arredor do ano 1050 existía alí unha igrexa de madeira.

Bartholomeus van der Made emprendeu a mediados do século XIII a primeira reforma e a ampliación da igrexa parroquial, de xeito que á igrexa orixinal se lle engadiron dúas naves de cruceiro. Nos anos seguintes houbo catro novas fases da reconstrución. Durante unha delas (1325-1350) engadíuselle a torre gótica e ergueuse a agulla de ladrillo e as catro torres angulares.

A súa torre, que se pode divisar desde case toda a cidade, ten unha altura de 75 metros e unha inclinación de arredor de dous metros, e alberga a segunda campá máis pesada dos Países Baixos, con 9 toneladas.

Idade Moderna

Na primeira metade do século XV renovouse completamente a nave central e a igrexa adoptou a aparencia e as características dunha basílica, xa que a nave central se elevou sobre as laterais. E á súa vez, as naves laterais prolongáronse ata a parte dianteira da torre. No transcurso do século XV ampliouse o edificio con diversas capelas e portais. O portal da fachada norte, que se transformou nunha capela, e o portal da torre son mostras destas modificacións.

A última renovación radical da igrexa tivo lugar a comezos do século XVI. O plan consistiu en transformar o edificio nunha basílica cruciforme de pedra natural. Para poder realizar este proxecto pediuse a colaboración de Anthonis Keldermans, descendente dunha famosa familia flamenga de arquitectos e escultores. En moitas cidades flamengas, zelandeses e holandeses pódense atopar mostras do gótico de varias xeracións de Keldermans.

Idade Contemporánea

As vidreiras actuais foron elaboradas en 1972 polo artista da pintura sobre vidro Joep Nicolas.

Personaxes soterrados na Igrexa Vella

Numerosas lápidas forman parte hoxe da pavimentación da igrexa. Entre as figuras senlleiras que alí descansan pódense salientar as seguintes:

  • Clara van Spaerwoude (ca. 1530-1615), nobre holandesa nada en Delft.
  • Abraham Gorlaeus (ca. 1549-1608), anticuario de orixe flamenga.
  • Piet Pieterszoon Hein (1577-1629), almirante das Provincias Unidas.
  • Johannes Stalpaert van der Wiele (1579-1630), presbítero e poeta holandés.
  • Marteen Tromp (1598-1653), almirante holandés.
  • Pieter Jansz. van Asch (1603-1678), pintor e ilustrador holandés nado en Delft.
  • Hendrick Cornelisz. van Vliet (1611-1675), pintor holandés nado en Delft.
  • Anthonie Heinsius (1641-1720), político holandés nado en Delft.
  • Regnier de Graaf (1641-1673), físico e anatomista francés.
  • Johannes Vermeer (ca. 1632-1675), pintor holandés nado en Delft.
  • Antoni van Leeuwenhoek (1632-1723), comerciante e científico nado en Delft.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Delft
  • Igrexa nova de Delft
  • Capela de Santo Hipólito (Delft)
  • María de Xesé

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Sunhwa Hahn
1 May 2015
tomb of Vermere is on the floor. Stained glasses are very beautiful.
Brandon Smith
12 October 2013
Check out those old pipes.
Visit Delft Manager
29 December 2011
De Oude Kerk is gebouwd in 1246. Karakteristiek is de scheve toren.
Visit Delft
19 April 2011
De Oude Kerk is gebouwd in 1246. Karakteristiek is de scheve toren.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.4/10
10,871 persoas estiveron aquí
Mapa
HH Geestkerkhof 25, 2611 HP Delft, Países Baixos Obter indicacións
Sat 10:00 AM–8:00 PM
Sun 9:00 AM–5:00 PM
Mon-Tue 9:00 AM–6:00 PM
Wed 9:00 AM–6:00 PM
Thu 11:00 AM–8:00 PM

Oude Kerk on Foursquare

Igrexa vella de Delft on Facebook

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Luxurious Loft Apartment

a partir de $125

Best Western Museumhotels Delft

a partir de $109

Hotel Grand Canal

a partir de $58

Hotel Johannes Vermeer Delft

a partir de $114

Casa Julia

a partir de $155

Hotel de Plataan Delft Centrum

a partir de $151

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Prinsenhof de Delft

Prinsenhof (en galego: 'a corte do príncipe') é un pazo urbano de o

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Igrexa nova de Delft

Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Needle of Rijswijk

The Needle of Rijswijk (Nederlands. Naald van Rijswijk) is an obelisk

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Chinatown, The Hague

The Hague's Chinatown is located in the city centre, on the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Real Conservatorio da Haia

O Real Conservatorio da Haia (en holandés: 'Koninklijk Conservatorium

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ridderzaal

The Ridderzaal (Knights' Hall) is the main building at the Binnenhof

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Binnenhof

The Binnenhof (Dutch, literally 'inner court'), is a complex of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mauritshuis

O Mauritshuis (en galego: 'Casa de Mauricio'), oficialmente Gabinete

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Martinitoren

The Martinitoren (Martini Tower) is the highest church tower in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple Church, Bristol

Temple Church (grid reference ST5972) is a ruined church in central

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Leaning Tower of Suurhusen

The Leaning Tower of Suurhusen (German: Schiefer Turm von Suurhusen)

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
St. Walfridus kerk

St. Walfridus kerk is a church located in Bedum, Netherlands dedicated

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Torre de Pisa

A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi

Ver todos os lugares similares