Krak des Chevaliers

O Krak des Chevaliers (en galego, fortaleza dos cabaleiros nunha mestura de árabe e francés) é un castelo situado na actual Siria que foi a sé central da Orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén en Siria durante a época das cruzadas. O castelo construírono os cruzados sobre un outeiro do deserto sirio coa fin de protexe-la ruta que unía a cidade siria de Homs (baixo dominio musulmán) con Trípoli, capital do condado do mesmo nome, na costa do Mediterráneo.

A fortaleza orixinal construíuna o emir de Alepo, capturouna Raimundo IV de Tolosa en 1099 durante a Primeira Cruzada, pero abandonouna cando os cruzados seguiron a súa ruta cara a Xerusalén. Foi reocupada por Tancredo, príncipe de Galilea en 1110. Raimundo II, conde de Trípoli, cedeulla ós cabaleiros hospitalarios en 1142. Durante o século e medio seguinte, os cabaleiros construíron unha imponente fortaleza, a maior de Terra Santa, que resistiu polo menos doce asaltos por parte dos musulmáns.

O castelo construiuse en dúas etapas. Na primeira levantáronse os muros exteriores e un núcleo interior de pequenas edificacions cadradas, de forma que para 1170 a fortaleza estaba terminada. En 1202 un tremor afectou a parte das fortificacions, de forma que pouco despois se acometeu unha profunda reestruturación. Así xurdiu o núcleo actual de fortificacións e as defensas exteriores: un muro externo de trinta metros de anchura con sete torres de 8-10 metros de altitude, creando unha fortaleza concéntrica. As abas escarpadas do espolón aproveitáronse con fins tácticos.

Aínda que o risco no que estaba situada proporcionaba un emprazamento ideal, unha fortificación situada neste punto posuía dous púntos débiles: a porta principal e o flanco sur, aberto á chaira. Para protexer este exposto lado, levantouse un muro de albanelería con tres grandes torres, precedido dun enorme parapeto de cachotería que nalgunhas zonas medía 25 metros de espesor. O problema da entrada resolveuse facendo que o acceso a ela se construíse en zigzag polo declive escarpado, de maneira que un posible invasor se expoñería durante o seu asalto ó fogo dos adversarios. Entre as portas exterior e interior, un angosto corredor entre muros e defensas colosais. A posibilidade de rende-la fortaleza mediante asedio tamén resultaba inútil.

A fortaleza posuía un almacén de 120 metros de longo e almacéns adicionais escavados no acantilado baixo a fortaleza, onde se almacenaba auga e alimentos suficientes para manter longo tempo a unha guarnición de 2.000 homes. Estímase que podería resistir un asedio de cinco anos. Ademais do control da ruta cara o Mediterráneo, os cabaleiros hospitalarios exerceron certa influencia sobre o lago Homs ó leste, onde poderían controlar a industria pesqueira e vixiar ós exércitos musulmáns reunidos en Siria.

En 1163, a fortaleza foi infructuosamente asediada por Nur al-Din. Logo da súa vitoria, os hospitalarios convertéronse nunha forza virtualmente independente na fronteira do condado de Trípoli. Foi asediado, tamén infructuosamente, por Saladino en 1188. Finalmente, foi o sultán de Exipto, Baibars, quen tomou a fortaleza, o 8 de abril de 1271. Naquel entón, a guarnición de homes era escasa.

Un ano antes, a Oitava Cruzada fracasara e o envío de axuda desde o oeste resultaba imposible. Durante varias semanas, as forzas de Baibars minaron a torre suroeste do muro exterior ata que se derrubou. Con todo, cando os atacantes penetraron no recinto, atoparon ante a segunda liña fortificacions, tamén impoñentes, que aínda lles pechaba o paso. Baybars, non querendo acepta-la derrota ou a posibilidade dun longo cerco, recorreu á astucia. Segundo os historiadores árabes, valeuse dunha pomba para enviar unha carta falsa ó castelo. A mensaxe dicía vir do gran maestre da orde hospitalaria e ordenaba a rendición da tropa, pois non era posible enviarlles ata alí socorro algún. A orde foi obedecida e Baibars puido capturar a fortaleza. Ademais, concedeu cabaleirosamente á guarnición un salvoconducto para que se trasladase ata Trípoli. Baibars refortificou a fortaleza e usouna como base na súa campaña contra Trípoli. Tamén converteu a capela en mesquita. Os mamelucos utilizárona posteriormente no seu ataque a San Xoán de Acre en 1291.

A fortaleza é un dos poucos lugares onde a arte cruzada (en forma de frecos) se preservou. Eduardo I de Inglaterra, durante a Novena Cruzada en 1272, viu a fortaleza e usouna como exemplo dos seus propios castelos en Inglaterra e Gales. Segundo expresión de T.E. Lawrence (Lawrence de Arabia), o Krak dos Cabaleiros é o castelo máis admirable do mundo. Hoxe o castelo subsiste notablemente ben conservado, e considérase como un dos máis belos expoñentes de arquitectura militar. Pertence ao goberno sirio, que o utiliza como atracción turística.

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Damiano Crognali
15 May 2011
To be looking for Abdul, he works in the castle and he is a cool guide. It is free, just if you seem to him friendly
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
MIST HOTEL & SPA BY WARWICK

a partir de $212

Le Notre Hotel & Ski Resort

a partir de $80

Le Cedrus Suites Hotel

a partir de $113

Miramar Hotel Resort and Spa

a partir de $0

Hotel Chbat

a partir de $70

Le Tournant Hotel & Resort

a partir de $140

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Qadesh

Qadesh (tamén escrito Kadesh, nome que quere dicir 'Santa') foi unha

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Chastel Rouge

Chastel Rouge, also called Qal’at Yahmur قلعة يحمر (Castle of Yahmur

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Masyaf castle

Masyaf castle (Arabic مصياف) is a large notable medieval castle in t

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Al-Kahf Castle

Al-Kahf Castle or Castle of the Cave (Arabic: قلعة الكهف‎) is a medie

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Deir Mar Maroun

Deir Mar Maroun (also known as Monastery of Mar Maroun or Cave of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Amrit

Amrit, also known as Marathos (Ancient Greek Μάραθος) or Marath

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Great Mosque of al-Nuri

The Great Mosque of al-Nuri (Arabic: جامع النوري الكبير‎)

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cathedral of Our Lady of Tortosa

Cathedral of Our Lady of Tortosa (Arabic: كاتدرائية طرطوس‎)

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Montreal (Crusader castle)

Montreal is a Crusader castle on the eastern side of the Arabah,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kyrenia Castle

Kyrenia Castle (Greek: Κάστρο της Κερύνειας) also Girne Castle, at

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kolossi Castle

Kolossi Castle is a stronghold a few kilometers outside the city of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mseilha Fort

The Mseilha Fort (Arabic: قلعة المسيلحة‎) also known as 'Puy du Conné

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kantara Castle

The Kantara Castle is the easternmost of the castles situated on the

Ver todos os lugares similares