A Main Tower é un rañaceos que se atopa no centro da cidade de Frankfurt, no estado alemán de Hessen. Recibe o seu nome do río Main, que atravesa Frankfurt. A súa altura máxima é de 240 metros (200 sen contar a súa antena). É o cuarto edificio máis alto de Alemaña e de Frankfurt, empatado co Tower 185. Tamén é o único rañaceos da cidade que conta cun observatorio de acceso público.
A estrutura componse de dúas torres conectadas. A máis pequena ten forma de prisma e un deseño típico de edificios da década de 1970. A meirande ten forma circular cunha fachada de cristal azul.
</div>