Manneken Pis

O Manneken Pis (expresión en neerlandés que en galego significa "homiño que ouriña") é unha singular estatua de bronce de 55,5 centímetros situada no centro histórico de Bruxelas, Bélxica, que representa un neno pequeno espido ouriñando dentro da cunca da fonte.

Xunto co Atomium e a Grand Place, é un dos símbolos da cidade e unha das súas atraccións turísticas principais, simbolizando o espírito independente dos seus habitantes.

Historia

Había xa unha estatua parecida de pedra a mediados do século XV, quizá xa desde 1388 (data da primeira mención achada nos arquivos da catedral de Bruxelas), que foi roubada en varias ocasións. En 1619 foi substituída por unha figura de bronce feita polo escultor barroco franco-flamengo Hieronymus Duquesnoy o Vello, que a situou sobre unha columna de seis pés de altura tallada por Daniel Raessens. A columna foi substituída polo actual nicho en estilo rococó, en 1770.

Os bruxeleses protexeron a figura durante o asedio e o bombardeo da cidade polos franceses en 1695. Logo destes feitos engadiuse unha inscrición baixo a estatuaque dicía: In petra exaltavit me, et nunc exaltavi caput meum super inimicos meos ("O Señor ergueume sobre unha rocha, e agora elevo a miña cabeza sobre os meus inimigos").

A estatua actual é unha reprodución da orixinal, que foi roubada nos anos 1960. Este acontecemento protagonizou numerosas noticias na prensa, o que contribuíu a darlle á estatua e ao monumento moita sona internacional. Logo dun tempo, o orixinal foi recuperado, aínda que non volveu ao seu lugar orixinal, senón que se depositou, xunto a outra copia de bronce dourado do século XVII, no Musée de la Ville de Bruxelas.

Antigamente, o chorro de auga do Manneken Pis adoitaba ser substituído, con motivo das festas, por outras beberaxes como hidromel ou viño). En concreto, en 1890, durante as grandes festas bruxelesas, que se desenvolveron durante dous días, o Manneken ouriñou viño e lambic (cervexa de trigo e cebada típica de Bruxelas).

Lendas sobre a súa orixe

A escuridade que rodea as súas orixes deu lugar a numerosas historias e lendas. O primeiro en pólas por escrito, en 1824, foi o prolífico autor francés Jacques Collin de Plancy, a quen seguiron outros escritores, entre os que cómpre salientar a Guillaume Devogel e as súas soadas Légendes bruxelloises. Entre as lendas máis coñecidas atópanse as seguintes:

  • En 1142, cando o duque de Lotarinxia, Godofredo III, era aínda un neno de berce, algúns dos seus vasalos rebeláronse e loitaron contra as tropas ducais na batalla de Ransbeke. Para lles dar azos e afouteza aos sus seguidores, o berce do neno foi pendurado dun carballo no campo de batalla e así, cando as tropas estaban a piques da derrota, o pequeno duque ergueuse para facer as súas necesidades. Este xesto deulles valor ás súas tropas, que gañaron a lide. A fonte perpetuaría a lembranza desa vitoria e o nome da rue du Chêne ("rúa do Carballo"), en cuxa esquina está a estatua, rememoraría a árbore que estaba no campo de batalla.
  • Outra lenda di que un neno chamado Juliaanske tería extinguido cos seus ouriños a mecha dunha bomba coa que os inimigos de Bruselas querían incendiar a cidade no século XIV.
  • No entanto, segundo outra lenda, trataríase dun cativo bruxelés do século VIII condenado a deixar de medrar e a non deixar nunca máis de ouriñar, para expiar a culpa do seu pai por unha conduta indecorosa na catedral.
  • A historia máis difundida no ámbito turístico é a seguinte: un rico comerciante que visitaba a cidade coa súa familia perdeu o seu fillo pequeno e organizáronse grupos para o buscar. O cativo foi atopado rindo e ouriñando nun pequeno xardín, polo que o pai decidiu promover e sufragar a construción dunha fonte, co seu fillo ouriñando na súa parte superior.

Disfraces

Para vestir a estatua disponse dunha variada colección de disfraces que se utilizan en diversas ocasións consonte un programa xestionado pola asociación sen ánimo de lucro Amigos do Manneken Pis, que habitualmente inclúe a participación de bandas de música. Cando se conecta novamente o chorro despois de disfrazado, pode producirse un exceso de presión provocado pola parada, de modo que chega a salpicar os espectadores, para a súa satisfacción.

O vestiario actual consta de máis de 800 traxes, que na súa maioría se conservan no Musée da Ville de Bruxelles, situado na Grand Place.

Estatuas semellantes e reproducións

Existen estatuas parecidas nas cidades belgas de Geraardsbergen, Broksele e Hasselt. Hai unha disputa sen resolver acerca de cal é o Manneken Pis máis antigo: o de Bruxelas ou o de Geraardsbergen. Desde mediados dos anos 1980, o Manneken Pis ten en Bruxelas unha equivalente feminina, a Jeanneke Pis.

Nalgúns países é frecuente decorar piscinas e fontes con copias de bronce ou fibra de vidro do Manneken Pis. Un souivenir popular de Bruxelas é a miniatura en chocolate ou metal, que ás veces funcionan como sacarrollas. Tamén se venden reproducións da estatua nas que sae un chorro de licor impulsado por unha pequena bomba que funciona por un motor eléctrico.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Jeanneke Pis
  • Hieronymus Duquesnoy o Vello

Bibliografía

  • Le Roy, Georges. Manneken-Pis. Maison d'Édition A. De boeck, Bruxelas, 1947 (en francés)
  • Couvreur, Manuel; Deknop, Anne; Symons, Thérèse. Manneken-Pis : Dans tous ses états. Musée de la Ville de Bruxelles, Col. "Historia Bruxellae" (Nº 9). Bruxelas, 2005. [ISBN 978-2-930423-01-2] (en francés)
  • VVAA. Contes et Légendes de Belgique. Éditions Jourdan, 2010 [ISBN 2-930359-08-0] (en francés)

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
4sq SUs Belgium
5 March 2016
Brussels’s most stylish ketje has over 800 outfits, incl. those of Nelson Mandela and Elvis Presley! His wardrobe containing gifts from around the world, is kept at the Museum of the City of Brussels.
VISITBRUSSELS
24 January 2014
This bronze statuette, created in the 17th century by J. Duquesnoy, embodies the irreverent spirit of Brussels. From being a public fountain, the little fellow has now become a legendary figure.
gav w
9 July 2012
Mostly naked, sometimes dressed-up, always smaller than you think. This lump of leaky brass is maybe not the pride of Brussels, but the waffle vendors and pick-pockets love it.
Christina
30 March 2017
Small guy with a large reputation!
J Kofler
28 August 2018
Landmark of Brussels; in the vicinity of Grand Place and next to lots of shops, so no detour necessary. Don't be disappointed, he is smaller than you think. Lucky if you get to see him dressed up!
Olivia Wall
14 May 2016
Wasn't to hard to find with a map. Smaller than we imagined but cute. Absolutely worth a visit while in Brussels!
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Novotel Brussels Centre Tour Noire Hotel

a partir de $231

Brussels Marriott Hotel Grand Place

a partir de $175

Ibis Brussels Centre St Catherine

a partir de $193

Dansaert Hotel

a partir de $116

Astrid Hotel

a partir de $0

Hotel Orts

a partir de $167

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Brussels Town Hall

The Town Hall (French: Hôtel de Ville, Dutch: Stadhuis (·info)) o

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Grand Place

A Grand Place en francés, ou Grote Markt en holandés, é a praza ce

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Brussels Stock Exchange

The Brussels Stock Exchange (BSE) (French: Bourse de Bruxelles, Dutch:

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kapellekerk

The Église de la Chapelle (French) or Kapellekerk (Dutch) is a church

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Jeanneke Pis

A Jeanneke Pis (expresión en neerlandés que en galego significa '

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Library of Belgium

The Royal Library of Belgium (Koninklijke Bibliotheek in Dutch,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
La Monnaie

The Koninklijke Muntschouwburg (de Munt) (Dutch), or le Théâtre R

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Museums of Fine Arts of Belgium

The Royal Museums of Fine Arts of Belgium (Dutch: Koninklijke Musea

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fountains of Bellagio

REDIRECT Bellagio (resort)#Fountains of Bellagio

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Jet d'Eau

The Jet d'Eau, or water-jet, is a large fountain in Geneva,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fonte dos Catro Ríos

thumb|Fonte dos Catro RíosA Fonte dos Catro Ríos é unha fonte de Ro

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Miroir d'eau

The Miroir d'eau (Water Mirror) or Miroir des Quais (Quay Mirror) in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Triton Fountain (Malta)

The Triton Fountain is the central feature in City Gate Square,

Ver todos os lugares similares