Mesa (xeomorfoloxía)

Unha mesa ou montaña tabular é unha zona elevada de terreo con cumio plano e cuxos lados adoitan seren acantilados abruptos. O seu nome deriva da súa forma distintiva, semellante ao taboleiro superior dunha mesa.

Trátase dun accidente xeográfico característico de ambientes áridos, particularmente do suroeste dos Estados Unidos en norte de México, sendo numerosas nas bad lands (terras baldías, terras ermas) e nas rexións de Colorado.

Tamén se encotran moitos exemplos na España seca, Sardeña, norte e sur de África, Arabia, India e Australia.

Considérase que a Grand Mesa, situada no oeste de Colorado, é a maior mesa do mundo.

O termo mesa, en orixinal en español, utilízase nos Estados Unidos para describir unha cima plana dunha montaña ou outeiro. En castelán ás veces este accidente xeomorfolóxico englóbase no máis xenérico de meseta, pero en galego cómpre distinguirmos entre ambos os termos, xa que meseta, aínda que derivado (e diminutivo) de mesa, adoita reservarse para amplas zonas xeográficas elevadas, e que non presentan claros bordos acantilados.

Formación

As mesas fórmanse pola meteorización e erosión de rochas estratificadas horizontalmente, levantadas pola actividade tectónica.

As variacións na capacidade dos diferentes tipos de rochas para resistiren a intemperie e a erosión é o que causa que os tipos de rochas máis débiles sexan erosionados, deixando as rochas máis resistentes topograficamente máis altas en relación ao seu contorno. Este proceso chámase erosión diferencial.

Os tipos de rochas máis resistentes son os arenitos, os conglomerados, a cuarcita, o basalto, o cuarzo, a pedra calcaria, as lavas e mantos. Os fluxos de lava e os mantos, en particular, son moi resistentes ao desgaste e a erosión, e con frecuencia forman a parte superior plana dunha mesa. As capas de rocha menos resistentes compóñense principalmente de xistos, rochas máis suaves que o mal tempo erosiona con maior facilidade.

As diferenzas de resistencia dos distintos niveis de rocha é o que dá ás mesas a súa forma característica. As rochas menos resistentes son erosionadas en superficie formando vales, que despois recollen a drenaxe da auga dos arredores, mentres que as capas máis resistentes quedan en pé fóra. Unha gran superficie de rocha moi resistente, como unha manto, pode proteger as capas inferiores da erosión, mentres que a rocha circundante máis suave é erosionada en vales, formando así unha tapa rochosa (en inglés, caprock).

As diferenzas nos tipos de rocha tamén se reflicten nos lados das mesas, que en lugar de suaves pendentes poden dar lugar a un patrón en escaleira chamado "topografía de acantilado e banco" (en inglés, cliff-and-bench topography).

As capas máis resistentes forman os acantilados, ou chanzos, mentres que as capas menos resistentes forman suaves pendentes, ou bancos, entre os acantilados. Os acantilados retíranse e finalmente sepáranse da rocha principal, ou meseta, por erosións basais destrutivas. Cando o bordo do acantilado non retrocede de maneira uniforme, senón que se sangra por efecto da erosión remontante dos arroios, unha sección da rocha principal pode ser cortada, formando unha mesa.

A zapa basal ocorre cando a auga que flúe ao redor das capas de rocha da mesa erosiona as suaves capas de lousa da base, xa sexa como escorregamento da cima da mesa ou das augas subterráneas en movemento a través das capas permeábeis cubertas, o que leva á deformación e pregamento das lousas. Cando o xisto subxacente se erosiona, xa non pode sustentar as capas do acantilado superior, que colapsa e se retira.

Cando a tapa rochosa cedeu até o punto en que só queda un pouco, coñécese en inglés como un butte.

Exemplos de mesas

Hai moitos exemplos de mesas ao longo do mundo, sendo algunhas das máis coñecidas as que seguen:

  • En África:
  • en Etiopía, Amba;
  • en Namibia, as montañas Etjo, Gamsberg, Grootberg e Waterberg;
  • en Suráfrica, a montaña da Mesa
  • En Europa:
  • En América:
  • en Estados Unidos, moitos dos cerros do Monument Valley, en Utah;
  • en Groenlandia, Mesa (Thule);
  • en Suriname, Mesa (Surinam);
  • en Venezuela, todos os tepuys.

Mesas en Marte

Hai unha zona de transición en Marte que se encontra entre as terras elevadas con moitos cráteres e as terras baixas con moitos menos cráteres. As terras baixas máis recentes mostran paredes en chanzos, mesas e knobs. As mesas e knobs están separados por terras baixas planas.

Crese que se formaron a partir de procesos de remoción de masas facilitados polo xeo, desde o solo ou fontes atmosféricas. As mesas e knobs diminúen en tamaño ao aumentar a distancia á escarpa elevada.

O relevo das cordilleiras das mesas marcianas vai desde case os 2 km aos 100 m, dependendo da distancia a que estean da escarpa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Tobias Weißenfels
26 October 2016
Come on a sunny day and walk the Smuts Track (no climbing but intermediate hiking). Last part dangerous if cloudy or windy. But the view is worth the walk up. Calculate 4-4,5 hours from KirstenboschBG
Kristian Rabe
31 May 2013
Must see when you are in Cape Town. You can take the cableway to the top and walk around on top of the mountain. Good tour is to walk to Maclear’s Beacon. Don't forget water & sun blocker!
Jeremy Adam Wlaszek Walt
7 February 2015
Has to be one of the best venues you ever going to experience . Views fantastic . When on the summit you feel a special energy . Go up there and experience 1 of the 7th modern day wonders of the world
M W
27 December 2014
Walked up via Platteklip Gorge and it was well worth it. Don't pay a guide to get exercise on your time. Just prepare sensible clothes and sunblock then look forward to the amazing views!
Yuri Ramocan
18 May 2017
Set aside ~3 hours to hike up the mountain if you can, otherwise take the cable car up and enjoy the views. I recommend going later in the day to catch sunset or earlier for sunrise.
anastasia fragkaki
31 December 2013
if you go on summer definitely you will be burn, so be careful. they have to ways to go on table mountain one with teleferic or by feet is the long way.but its worth because you can see cape town
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Townhouse Hotel

a partir de $83

Cape Diamond Hotel

a partir de $36

Parliament Hotel

a partir de $51

Fountains714 (67)

a partir de $0

Cape Citi Loft (10)

a partir de $0

Studio Martini (5)

a partir de $0

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Table Mountain National Park

Table Mountain National Park, previously known as the Cape Peninsula

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lion's Head (Cape Town)

Lion's Head is a mountain in Cape Town, South Africa, between Table

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castle of Good Hope

The Castle of Good Hope is a star fort which was built on the original

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kirstenbosch National Botanical Garden

Kirstenbosch is the name of a famous botanical garden nestled at the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Two Oceans Aquarium

The Two Oceans Aquarium is an aquarium located at the Victoria &

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Groot Constantia

Groot Constantia is the oldest wine estate in South Africa and

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
BOS 400

The BOS 400, a French Derrick/Lay Barge that ran aground while being

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Robben

Robben é unha illa de 547 hectáreas que se localiza a 12 km ao norte d

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Çamlıca Hill

Çamlıca Hill (Turkish: Çamlıca Tepesi), aka Big Çamlıca Hill (Turk

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Üetliberg

The Üetliberg (also spelled Uetliberg, pronounced Шаблон:IPA in Zür

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Top of Mt. Takao (高尾山頂)

Top of Mt. Takao (高尾山頂) is a tourist attraction, one of the Mountai

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gellért Hill

Gellért Hill (magyar. Gellért-hegy; Deutsch. Blocksberg; Latina. M

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lysá hora

Lysá hora (Czech pronunciation: ]; Polish: Łysa Góra; German: Lys

Ver todos os lugares similares