Mini-Europe

Mini-Europe é un parque de Bruxelas, Bélxica, situado ao pé do popular Atomium, que alberga reproducións a escala 1/25 dalgúns dos monumentos máis coñecidos da Unión Europea. A exposición componse duns 350 edificios representativos de 80 cidades.

Descrición

Nos seus 24.000 metros cadrados, o parque contén reproducións dos monumentos de máis sona da Unión Europea, a escala 1/25, correspondentes a preto de 80 cidades.

É moi salientable a calidade das súas maquetas, algunhas das cales chegaron a custar ata de 350.000 euros (como a Grand-Place de Bruxelas). O parque contén, ademais, diversas animacións (tren, muíños, a erupción do monte Vesubio, un Airbus, a caída do Muro de Berlín, as góndolas de Venecia, etc.).

Durante a visita, disponse dunha guía impresa que dá información sobre todos os monumentos e, ao seu remate, hai unha exposición interactiva denominada "Espírito de Europa" que presenta a Unión Europea dun xeito lúdico e participativo. A través dos monumentos en miniatura e das escenas da historia de Europa, amósanse os valores europeos (democracia, emprendemento, cultura, prosperidade, espírito de aventura, a herdanza cristiá, a tecnoloxía, o laicismo e o multiculturalismo), así como a súa herdanza (gregos, romanos, viquingos, Idade Media, Renacemento, Ilustración, Revolución Francesa, etc.) e mesmo acontecementos máis conxunturais, como o brexit.

Para todas estas actividades, Mini-Europe conta co apoio da Comisión Europea e do Parlamento Europeo.

Un libro-guía en 11 linguas detalla información, anécdotas e datos curiosos sobre os monumentos, sobre os seus países e sobre a Unión europea.

Historia

O proxecto e os inicios

A idea orixinal do parque correspóndelle a un empresario holandés que concibiu, en 1986, a realización dun parque en miniatura na zona de Heysel e logrou a implicación no proxecto da Sociedade Rexional de Investimentos de Bruxelas, aínda que finalmente o empresario holandés acabou por retirarse, logo de varios fracasos das súas empresas, cando o parque xa estaba deseñado e as primeiras maquetas foran encargadas. As súas accións foron adquiridas polo grupo Walibi, que formalizou a súa participación como socio no proxecto en xuño de 1988. O investimento total para o desenvolvemento do proxecto foi de 10 millóns de euros.

O daquela príncipe e posteriormente rei Filipe de Bélxica inaugurou as instalacións o día 1 de xuño de 1989. Durante os primeiros anos, Mini-Europe non se amosou moi rendible, cun volume de negocio de entre 100 e 120 millóns de millóns de francos belgas (entre 2,5 e 3 millóns de euros).

Os primeiros edificios en miniatura que se puideron visitar foron o Mosteiro do Escorial, o Palacio de Westminster, o Nyhavn de Copenhague, a Grand Place de Bruxelas, o Arco de Triufo de París, a Torre de Pisa, o Partenón de Atenas e a Porta de Brandemburgo, de Berlín.

En 1997 recibía xa 300.000 visitantes e en 2012 subiron a 350.000. Xa con 4 millóns de euros como volume de negocio, o parque Mini-Europe converteuse nunha das primeiras atraccións de Bruxelas.

A construción dos monumentos

Os criterios utilizados para a escolla dos monumentos foron a súa calidade arquitectónica e o seu simbolismo europeo. Logo desa primeira selección, houbo unha segunda fase de investigación, cun custo duns 200.000 euros, na que se procuraron planos, fotografías e a maior cantidade posible de diocumentación técnica de cada edificio.

O equipo de creadores e maquetistas que elaboraron os edificios estaba composto por 165 profesionais procedentes de Alemaña, Francia, Bélxica, Portugal, España, os Países Baixos e o Reino Unido. A maioría dos monumentos foron construídos por moldaxe. As pezas elaboráronse a partir de materiais diversos e, a continuación, copiáronse por moldaxe de silicona. As copias finais fixéronse de resina epoxi (posteriormente pasaron a elaborarse en poliéster). No entanto, houbo tres monumentos construídos en mármore: a Torre de Pisa e o Castelo de Chenonceau.

Para o financiamento da construción dalgunhas destas maquetas contouse, en ocasións, coa colaboración económica dos respectivos gobernos locais, rexionais ou nacionais.

Galicia en Mini-Europe

O único edificio galego representado no parque Mini-Europe é a Catedral de Santiago de Compostela, cunha detallada maqueta que requiriu máis de 24.000 horas de traballo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Shambo W. ????
29 June 2017
Make sure you take a photo with the EU turtle by the entrance. You can check the photo and choose to purchaseat the end if you like! ????????
Robyn Pass
18 September 2015
Cute photo opportunities throughout park. Lots of buttons to push. Informative brochure about each country represented. Don't forget about the restaurants you pass on the way in!
Talal Saleh Alustad
2 April 2017
I liked the place so much and highly recommend for children & adults ???? they can have an idea about the main EU attraction.
VISITBRUSSELS
24 January 2014
Located at the foot of the Atomium, Mini-Europe is the only park where you can have a whistlestop tour of Europe in a few short hours. A truly unique journey!
Vicente Martinez
12 November 2019
La visita merece la pena, y gustará tanto a niños como a adultos. El recorrido se hace al ritmo que tu mismo te pongas, por lo que se pueden ver todas las reproducciones perfectamente. Recomendable.
Brunno Cavalcante
14 May 2018
Lugar fantástico. Faz referências aos principais pontos turísticos dos países do continente europeu. As crianças adoram!!
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Novotel Brussels Centre Tour Noire Hotel

a partir de $231

Brussels Marriott Hotel Grand Place

a partir de $175

Ibis Brussels Centre St Catherine

a partir de $193

Dansaert Hotel

a partir de $116

Astrid Hotel

a partir de $0

Hotel Orts

a partir de $167

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Atomium

O Atomium é un monumento construído en aceiro inoxidable que se a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Belvédère Castle

Belvédère Castle (French: Château du Belvédère Dutch: Kasteel Belv

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Greenhouses of Laeken

The Royal Greenhouses of Laeken (in Dutch: Koninklijke Serres van

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Royal Castle of Laken

The Royal Castle of Laken is the official residence of the King of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Church of Our Lady of Laeken

The Church of Our Lady of Laeken (French: Église Notre-Dame de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Basilica of the Sacred Heart, Brussels

The National Basilica of the Sacred Heart (French: Basilique Nationale

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Bouchout Castle

Bouchout Castle (Kasteel van Bouchout in Dutch) is a castle in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
La Monnaie

The Koninklijke Muntschouwburg (de Munt) (Dutch), or le Théâtre R

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Miniatürk

Miniatürk is a miniature park in Istanbul, Turkey. It was opened May

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Grand miniature

Grand miniature (Russian: Гранд макет) is a miniature park displayin

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Madurodam

Madurodam is a miniature city located in Scheveningen, The Hague, in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Minimundus

The Minimundus is a miniature park on the Wörthersee at Klagenfurt in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
France Miniature

France Miniature is a miniature park tourist attraction in Élancourt,

Ver todos os lugares similares