O Kékes [ˈkeːkɛʃ] é unha montaña que con 1.015 m. de altura constitúe a maior elevación de Hungría.
O Kékes forma parte dos Montes Mátra, un cordal meridional dos Cárpatos, que se ergue na zona septentrional de Hungría, no condado de Heves (Heves megye), a nordeste da capital, Budapest.
O Kékes é despois do lago Balatón e do río Danubio, o terceiro lugar natural máis visitado polos húngaros. Posúe hoteis e pistas de esquí, pois Lajosháza, unha localidade nos Mátra é o centro de deportes invernais do país. Ademais o monte fica dentro dunhas das zonas viñateiras de Hungría. Na cima hai un poste emisor de televisión e nos arredores un hospital de montaña para enfermedades respiratorias.
O nome Kékes deriva do vocábulo húngaro kék, que significa "azul", aludindo á cor que soe mostrar a montaña de lonxe.