Montjuïc

A montaña de Montjuïc é un promontorio situado no suroeste da cidade de Barcelona, desde onde se dominaba o porto e a zona antiga da cidade. Hai dúas teorías sobre a procedencia do nome:

  • Monte dos xudeos en catalán medieval.
  • Unha corrupción do latín Mons Jovicus (Monte de Xúpiter).

Historia

Atopáronse restos dun poboado ibérico do século III e II a.C..

Sempre foi un lugar estratéxico desde o que defender a cidade, polo que desde a antiguedade houbo fortaleza no seu cumio. En 1751 construíuse o actual castelo, obra de Juan Martín Cermeño, que durante a Guerra da Independencia Española foi ocupado polos franceses.

Ademais dun punto estratéxico para a defensa da cidade, foi importante para mantela baixo control, xunto coa fortaleza da Ciutadella no outro extremo da cidade. En 1843 bombardeouse a cidade desde o castelo para pór fin á rebelión da jamancia, destruíndo ou danando 460 edificios.

O castelo tamén foi utilizado numerosas veces como prisión para presos políticos ata os tempos da ditadura de Franco, e lugar onde posteriormente eran fusilados e enterrados no camposanto do lado suroeste da montaña. Durante o século XIX fusiláronse varios anarquistas e en 1940 a Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña.

En 1928 foi o sitio elexido para acoller a Exposición Universal, motivo polo que se construíron os diferentes pavillóns que se alzan polas faldas da montaña e a ambos lados do paseo que o leva ata a Praza de España, no Barrio de Sants-Montjuïc, e desde onde se pode disfrutar dunhas grandes vistas.

En 1969, 1971, 1973 e 1975 disputouse o Gran premio de España de Fórmula 1 nas súas rúas, pero debido a un accidente que costou a vida de dous espectadores en 1975, a FIA decidiu que Montjuïc era un lugar perigoso para disputar un gran premio de F1. Tamén acollía a celebración das 24 Hores Motociclistes de Monjuïc.

Actualidade

Na actualidade está intimamente relacionado co deporte, debido á gran cantidade de instalacións deportivas que acolle.

Na falda deste monte encóntranse as instalacións olímpicas que acolleron os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, como o Estadio Olímpico Lluis Companys (estando no seu recinto o Museo da Fundació Barcelona Olímpica), o Palau Sant Jordi, deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, a Piscina de Saltos e as Piscinas Picornell, e o antigo Pazo dos Deportes da rúa Lleida, agora reconvertido no Barcelona Teatre Musical, que acolle espectáculos teatrais e musicais. A oferta de instalacións deportivas a completan o estadio de atletismo Joan Serrahima e o das instalacións do Instituto Nacional de Educación Física de Cataluña (INEF Cataluña).

En Montjuic hai tamén lugares de interese turístico como o Poble Espanyol, un recinto que recolle rúas, prazas e lugares característicos de toda España, podéndose apreciar na súa entrada as Torres de Ávila. Ademais, está poboado con restaurantes, bares, e lugares de ocio e espectáculo.
Está tamén en Montjuic a torre de telecomunicacións deseñada por Santiago Calatrava. Antigamente acolleu o famoso Parque de Atraccións de Montjuïc, agora reconvertido no xardín público Joan Brossa.

A montaña é sede tamén de importantes institucións culturais. Ademais do mencionado Barcelona Teatre Musical, encóntranse o Teatre Lliure, o Mercat de les Flors, o Teatre Grec, o Museo Joan Miró, o Museo CaixaFòrum, o Museu Nacional d'Art de Catalunya (MNAC), o Museo etnolóxico de Barcelona/Museu etnològic de Barcelona, o museo Militar e o museo do Castelo de Montjuic, así como o Xardín Botánico Histórico, que dispón dunha colección única de cactus, e o novo Xardín Botánico de Barcelona especializado na flora das zonas mediterráneas.

Na Avenida María Cristina, entrada principal á montaña desde a Praza de España, están os pavillóns da Fira Barcelona, construídos co gallo da Exposición Universal de 1929, e que organiza algúns dos salóns, mostras e exposicións máis importantes de España. Fronte ós pavillóns da Fira están as famosas Fontes de Montjuïc, que os vernes, sábados e domingos amosan un espectáculo único no mundo de luz, música e cor. . É tamén un lugar ideal para o descanso e o paseo, debido ás grandes extensións de xardíns, e as espectaculares vistas que ofrece da cidade de Barcelona. Desde 2006 estanse recuperando gran parte das escaleiras ornamentais e espazos orixinais da montaña durante a Exposición de 1929. Creouse unha oficina de información pública na "Font del Gat", xunto ós museos etnolóxico e arqueolóxico. Tamén se remodelou o antigo teleférico para poder subir ata o cumio da montaña e ver desde o castelo unha das vistas máis impresionantes de Barcelona.

Ocupando unha das ladeiras da montaña sitúase o Camposanto de Montjuïc, o maior dentro do termo municipal de Barcelona.

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
The Ritz-Carlton
10 November 2016
The hill of Montjuïc offers a variety of areas to explore, including parks, gardens and a historic castle. It's also the destination of two cable cars - the perfect attraction for families with kids.
AB Apartment Barcelona
This immense green area is in fact the biggest park in Barcelona and is home to the likes of the Poble Espanyol open-air museum; the 1992 Olympic stadium and the Montjuïc castle.
Bach
28 August 2014
You can reach the entrance by Funicular del Parc de Montjuïc and use Telefèric de Montjuïc to get Castell de Montjuïc. But don't even think about getting there by walking in the middle of the hot sun.
Nojan Soheilnia
20 June 2019
Take the cable car to view the city from the top, not the one which goes trough the port! Poble Espanyol is a great place to visit, don’t miss this place!
RAKAN
23 February 2023
Nice castle ???? .A few historical sights to see, beautiful garden ???? and the view of the port from the castle top as well as the view of the city!
Alexandra Sternin
12 February 2017
One of the few green escapes in the city. The space is very large, with many hidden gems, quiet gardens, scenic walks, museums, fountains, and of course the views:)
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.8/10
Olya Ziqel, まる まるち e 92,677 máis persoas estiveron aquí
Mapa
Passeig Olímpic, 16V, 08038 Barcelona, España Obter indicacións
Sat 11:00 AM–9:00 PM
Sun 10:00 AM–9:00 PM
Mon-Tue 11:00 AM–8:00 PM
Wed-Thu 11:00 AM–9:00 PM

Montjuïc Mountain on Foursquare

Montjuïc on Facebook

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Cram Hotel

a partir de $242

Uma Suites Luxury Midtown

a partir de $197

Hostal Barcelona Travel

a partir de $123

Sweet Inn Apartment - Aragon

a partir de $148

Casa del Mediterraneo

a partir de $0

Casa Kessler Barcelona Hostel

a partir de $26

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Estadio Olímpico Lluís Companys

Estadi Olímpic Lluís Companys (formerly known as the Estadi Olímpic de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fundació Joan Miró

The Fundació Joan Miró, Centre d'Estudis d'Art Contemporani (Joan M

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Museo Nacional de Arte de Cataluña

O Museo Nacional de Arte de Cataluña (Museu Nacional d'Art de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Circuíto de Montjuïc

O Circuíto de Montjuïc é un circuíto de carreiras semipermanente sit

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Torre de Comunicacións de Montjuïc

A Torre de comunicacións de Montjuïc, coñecida popularmente como To

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelo de Montjuïc

O Castelo de Montjuïc (en catalán: Castell de Montjuïc) foi un

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fonte máxica de Montjuïc

A Fonte máxica de Montjuïc (en catalán: Font màgica de Mon

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pavillón alemán de Barcelona

O Pavillón alemán de Barcelona foi deseñado por Ludwig Mies van der Ro

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Çamlıca Hill

Çamlıca Hill (Turkish: Çamlıca Tepesi), aka Big Çamlıca Hill (Turk

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Üetliberg

The Üetliberg (also spelled Uetliberg, pronounced Шаблон:IPA in Zür

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Top of Mt. Takao (高尾山頂)

Top of Mt. Takao (高尾山頂) is a tourist attraction, one of the Mountai

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gellért Hill

Gellért Hill (magyar. Gellért-hegy; Deutsch. Blocksberg; Latina. M

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lysá hora

Lysá hora (Czech pronunciation: ]; Polish: Łysa Góra; German: Lys

Ver todos os lugares similares