Monuments and memorials in Riga

Monumento á Liberdade

Ilya Ableev, EnMork and 19,003 more people have been here
8.8/10

O Monumento á Liberdade (en letón: Brīvības Piemineklis) atópase en Riga, Letonia. É un monumento construído na honra aos soldados que morreron durante a Guerra de Independencia de Letonia. Considérase un importante símbolo da liberdade, independencia e soberanía de Letonia. Inaugurado en 1935, os 42 m de altura do monumento de granito, travertino e cobre adoita servir como punto principal de reunións públicas e cerimonias oficiais.

As esculturas e baixorrelevos do Monumento á Liberdade, organizados en trece grupos, amosan a cultura e historia de Letonia. O núcleo do monumento está composto por formas tetragonais superpostas unhas sobre as outras, que van diminuíndo en tamaño conforme van ascendendo, completado por unha columna de travertino de 19 metros de altura que sostén a figura de cobre da Liberdade levantando tres estrelas douradas. A idea do monumento xurdiu por primeira vez a comezos dos anos 1920, cando o Primeiro Ministro de Letonia, Zigfrīds Anna Meierovics, ordenou establecer unhas normas para celebrar un concurso de deseños para unha "columna memorial". Despois de varios concursos, o monumento foi finalmente construído a comezos da década de 1930, segundo o proxecto "Brila como unha estrela!" do escultor letón Kārlis Zāle. O orzamento das obras de construción financiouse mediante doazóns privadas.

Durante a Segunda Guerra Mundial a Unión Soviética anexionouse Letonia e considerouse a demolición do monumento, aínda que nunca se levou a cabo. A escultora soviética Vera Mukhina é ás veces relacionada co rescate do monumento, posiblemente porque consideraba que era do máis alto valor artístico. Empregouse propaganda como medio para alterar o significado simbólico do monumento de acordo á ideoloxía soviética. Non entanto, para a maioría da xente aínda continúa sendo un símbolo da independencia nacional, reuníndose alí o 14 de xuño de 1987 preto de 5000 persoas para conmemorar ás vítimas do réxime soviético e colocar flores. Esta concentración iniciou o movemento de independencia nacional, sendo restablecida tres anos despois a independencia de Letonia.

Deseño

As esculturas e baixorrelevos do Monumento á Liberdade, organizadas en trece grupos, mostran a cultura e a historia de Letonia. O centro do monumento está composto por formas tetragonais unha enriba doutra, que van diminuíndo conforme ascenden. Unha escaleira de granito vermello de dez chanzos, cunha altura de 1,8 metros, rodea o monumento entre dous relevos de travertino de 1,7 metros de altura e 4,5 metros de ancho. Os dous relevos que decoran os tres metros de grosor dos lados da escaleira chámanse "Fusileros letones" (en letón: Latvju strēlnieki) e "Pobo Letón: Os Cantantes" (en letón: Latvju tauta - dziedātāja). Todo isto atópase sobre dous chanzos adicionais que forman unha plataforma redonda, de 28 metros de diámetro, a cal soporta toda a estrutura do monumento. Na parte dianteira do monumento, esta plataforma forma un rectángulo que é empregado para cerimonias. coa inscrición: Para a Patria e a Liberdade, en letón, Tēvzemei un Brīvībai.]]

A base do monumento, feita tamén de granito vermello, está formada por dous bloques rectangulares: o inferior é un monólito de 3,5 metros de alto, 9,2 metros de ancho e 11 metros de longo; mentres que o bloque superior é de 3,5 metros de alto, 8,5 metros de ancho e 10 metros de longo con nichos é as súas esquinas, cada unha das cales contén un grupo escultural de tres figuras. Os seus lados están decorados con paneis de travertino Na parte dianteira do monumento, entre os grupos escultóricos de "O Traballo" (que representa a un pescador, un artesán e un agricultor no centro sostendo unha fouce decorada con follas de carballo e landras que simbolizan a forza e a virilidade) e "Protectores da Patria" (que representa a un antigo guerreiro letón entre dous guerreiros modernos axeonllados) está inscrita nun dos paneis de travertino unha dedicación do escritor letón Kārlis Skalbe: Pola patria e a liberdade (en letón: Tēvzemei un Brīvībai). Nos lados os paneis de travertino sosteñen dous relevos: "1905" (en referencia á Revolución Rusa de 1905) e "A Batalla contra os Bermontianos sobre a Ponte de Ferro" (en letón: Cīņa pret bermontiešiem uz Dzelzs tilta, referíndose á decisiva batalla acontecida en Riga durante a Guerra de Independencia de Letonia). Na parte traseira do monumento atópanse outros dous grupos esculturales: "A Familia" (en letón: Ģimene, que representa a unha muller de pe entre os seus dous fillos) e "Os Académicos" (en letón: Gara darbinieki)). Sobre a base de granito vermello hai outro bloque rectangular, de 6 metros de alto e ancho e 7,5 metros de longo, rodeados por catro grupos escultóricos de granito gris e cunhas alturas de entre 5,5 e 6 metros: "Letonia" (en letón: Latvija), "Lāčplēsis" (en galego: O cazador de osos, un heroe épico do pobo letón), "Vaidelotis" (un sacerdote pagán do báltico) e "Rompedores de cadeas" (en letón: Važu rāvēji, que representa a tres homes encadeados tratando de liberarse das súas cadeas.

Localización

O monumento atópase no centro de Riga no Brīvības bulvāris (Bulevar da Libertade), preto da cidade vella de Riga.. En 1990 as rúas que rodean o monumento entre os bulevares de Rainis e Aspazija foron peatonizadas, formando unha praza.

Restauración

O monumento atópase en perigo debido ao clima, que produce danos polas xeadas e a chuvias, ademais da contaminación do aire. Aínda que en 1990 a área que rodea ao monumento foi peatonizada, todavía hai tres rúas circundantes polas cales o tráfico aínda circula. Preto do monumento rexistráronse altas concentracións de dióxido de nitróxeno e dióxido de xofre, que en combinación coa agua causan a corrosión da estrutura do monumento. Ademais, a acción da auga causo o esmorecemento do núcleo de formigón armado e máis a oxidación dos seus alicerces de aceiro que seuxeitan o monumento, que tamén se desgastou polas constantes vibracións causadas polo tráfico.

O travertino poroso foise esmorecendo progresivamente, e os seus poros enchéronse de hollín e partículas de area, ennegrecendo o monumento e proporcionando un hábitat para pequenos organismos, coma os brións e liques. Así mesmo, compoñentes metálicos causaron eflorescencia na pedra.. O mantemento irregular e os pouco habilidosos traballos de restauración realizados contribuíron tamén á erosión do monumento. Para evitar un estrago maior, durante a restauración levada a cabo no ano 2001 as suxeccións foron reemprazadas por recheo de poliuretano, ademais, aplicouse ao monumento repelente contra a auga. Determinouse tamén que o mantemento do mesmo deberíase levar a cabo cada dous anos.

O monumento foi restaurado dúas veces durante a era soviética (en 1962 e entre 1980 e 1981). De acordo coa tradición, trala restitución da independencia de Letonia as restauracións e o mantemento son financiados en parte por donacións privadas. O monumento sufriu unha importante restauración entre 1998 e 2001. Durante a citada restauración a estatua á liberdade e as súas estrelas foron limpadas, restauradas e vernizadas de novo de cor dourado. O monumento foi reaberto oficialmente o 24 de xullo de 2001. A escaleira, a columna, a base e o interior do monumento foron restaurados, e os materiais de pedra foron limpados e reselados. As suxeccións do monumento foron fixadas para evitar o seu afundimento. Aínda que os restauradores dixeron de quela que o monumento podería soportar cen anos sen outra restauración de grande envergadura, poucos anos despois descubriuse que o dourado das estrelas sufriran danos debido á técnica de restauración empregada. As estrelas restauráronse novamente durante o mantemento e a restauración de 2006, con todo, esta restauración foi apresurada e non hai garantía da súa calidade.

Garda de Honra

A garda de honra estivo presente dende a inauguración do monumento ata 1940, cando foi eliminada pouco despois da ocupación de Letonia. Foi renovado o 11 de novembro de 1992. As gardas son soldados da Compañía da Garda de Honor da sede do batallón das Forzas Armadas Nacionais (en letón: Nacionālo Bruņoto spēku Štāba bataljona Goda sardzes rota). A garda non é requerida para o servizo no caso de haber malas condicións meteorolóxicas ou se a temperatura é menor a -10 °C ou maior de +25 °C. As gardas traballan en dous turnos semanais, con tres ou cuatro pares de gardas que toman o relevo cada hora nunha cerimonia dirixida polo xefe da garda. Ademais tamén hai un vixiante en cada turno que coida pola seguridade das gardas de honor.

Normalmente, o cambio de garda realízase cada hora entre as 9 da mañá e as 6 da tarde. Despois dunha hora vixiando, as gardas teñen dúas horas libres que poden pasar nos seus dormitorios no Ministerio de Defensa. Dende setembro de 2004, as gardas patrullan tamén cada media hora durante a súa vixiancia: parten da base do monumento e marchan dúas veces ao longo de cada lado do mesmo e voltando despois aos seus postos. A garda de honra ten a obligación de medir 1,82 metros de estatura e ter boa saúde, xa que están obrigados a permanecer sen moverse durante media hora.

Significado político

]]

Trala fin da Segunda Guerra Mundial houbo plans para derrubar o monumento, aínda que os historiadores disponen de poucos testumuños escritos e a investigación baséase en grande medida nas testemuñas verbais. O 29 de setembro de 1949 o Consello de Comisarios do Pobo da República Socialista Soviética de Letonia propuxo a restitución da estatua do emperador ruso Pedro o Grande.

Aínda que non esixiron expresamente o derrubamento do Monumento á liberdade, o único xeito de restaurar a estatua á súa posición orixinal sería a de derrubar o monumento. Non se coñece o resultado do debate, pero xa que o monumento segue en pé presuponse que a proposta foi rexeitada. Adóitase vencellar á escultura soviética Vera Mukhina co rescate do monumento, malia non existiren probas escritas que apoien este heito. Segundo o seu fillo, participou nunha reunión na que se debatiu o destino do monumento r que, segundo á súa opinión, segundo contou o fillo, o monumento era dun alto valor artístico e o seu derrubamento podería ter ferido os sentimientos dos letóns.

Así, mantívose o Monumento á Liberdade pero se reinterpretou o seu simbolismo. Díxose que as tres estrelas simbolizaban ás recentemente creadas Repúblicas Soviéticas do Báltico (a RSS de Estonia, a RSS de Letonia e a RSS de Lituania) sostidas pola Nai Rusia. Díxose tamén que o monumento erixiuse trala Segunda Guerra Mundial como símbolo da gratitude popular cara ao líder soviético Iósef Stalin pola liberación dos países bálticos. No verán de 1963, cando se espuxo novamente a cuestión da demolición do monumento, concluíuse que a destrución dunha estrutura de tal valor artístico e histórico, que fora financiado por doazóns dos residentes de Letonia, só causaría unha profunda indignación que á súa vez provocaría tensións na sociedade. Co tempo, a interpretación errónea do seu simbolismo atenuouse, dicíndose cara 1988 que fora construída para "celebrar a liberación da escravitude da autocracia do zar e dos Alemáns do Báltico", ocultando o feito de que o Exército Vermello bolchevique e os Tiradores Vermellos letóns foran tamén adversarios na Guerra de Independencia de Letonia.

Malia os esforzos do goberno soviético, o 14 de xuño de 1987 ao redor de 5000 persoas congregáronse para conmemorar ás vítimas das deportaciones soviéticas. Este evento, organizado polo grupo de dereitos humanos Helsinqui-86, foi a primeira vez dende a ocupación soviética (...). En resposta, o goberno soviético organizou unha carreira de bicicletas no monumento no mesmo día no cal estaba planeada a cerimonia. Helsinqui-86 organizou outra (...) o 23 de agosto do mesmo ano para conmemorar o aniversario do Pacto Ribbentrop-Mólotov, na cal a multitude foi dispersada empregando chorros de auga. Con todo, o movemento de independencia foi medrando, ascendendo nalgúns eventos a máis de medio millón de participantes (ao redor dunha cuarta parte da poboación de Letonia) e tres anos máis tarde, o 4 de maio de 1990, declarouse o restablecemento da independencia de Letonia.

Dende o restablecemento da independencia, o monumento converteuse en punto de reunión de varios eventos. Un deles, o 16 de marzo, conmemoración o día dos veteranos da lexión letona da Waffen-SS, que loitaron contra a Unión Soviética durante a Segunda Guerra Mundial, causou controversia. A data comezou a celebrarse polos letóns no exilio antes de ser traída a Letonia en 1990 e durante un curto tempo (1998-2000) foi o día oficial de lembranza. En 1998, o evento chamou a atención dos medios de comunicación estranxeiros e no ano seguinte o goberno ruso condenou o acto como unha louvanza ao nazismo.. O evento converteuse nun conflito político entre a esquerda e a dereita, constituíndo unha ameaza para a seguridade pública..

O Goberno letón tomou unha serie de medidas para tratar de poñer a situación baixo control, e en 2006 non só foron aprobados os actos programados polas organizacións de extrema dereita senon que ademais, o monumento foi vallada para, segundo declarou o Concello de Riga, proceder á súa restauración. En realidade o monumento foi restaurado en 2006, polo cal esta declaración foi cuestionada máis tarde. Malia ser nomeadas varias razóns para o cambio de data, a área pechada era moito maior que a necesaria para a restauración e a duración da restauración pareceu inaxeitada. Polo tanto, o goberno foi criticado pola prensa letona por non poder garantir a seguridade pública e a liberdade de expresión. Os actos desaprobados ocorreron malia a prohibición. O 23 de novembro de 2006, a lei que requiría a aprobación das autoridades para a celebración de reunións públicas foi declarada inconstitucional. Nos anos seguintes o goberno movilizou ás forzas policiais para vixiar o barrio do monumento e os acontecementos, sendo estes relativamente pacíficos.

Moedas de euro

Шаблон:AP As moedas de euro de Letonia son as moedas de euro que planexa adoptar o pais unha vez que entre a formar parte da Eurozona. Do mesmo xeito que o resto das moedas de euro, as letonas teñen unha cara común no cal represéntase aos países de Europa nos que está vixente esta moeda e, na outra face, ten o seu propio deseño. O deseño propio das moedas de dous euros de Letonia mostran á estatua principal do Monumento á Liberdade, na cal a estrela superior que suxeita a estatua fúndese cunha das doce estrelas da Unión Europea.

Letonia planexou orixinalmente adoptar o euro como divisa oficial o 1 de xaneiro de 2008. Agárdase agora que Letonia introduza o euro en 2012 como mínimo, aínda que o Banco de Letonia suxeriu 2013 como unha data máis probable.

Referencias

Шаблон:Listaref

Bibliografía adicional

Véxase tamén

Ligazóns externas

Шаблон:Commons

Post a comment
Tips & Hints
Arrange By:
Raimonds_B
25 January 2011
The Freedom Monument is a memorial located in Riga, Latvia honoring soldiers killed during the Latvian War of Independence (1918–1920). It is considered an important symbol of the freedom
Kaija
25 June 2012
Don't tickle the guards.
Load more comments
foursquare.com
Location
Map
Address

Raiņa bulvāris 11, Centra rajons, Rīga, LV-1050, Letonia

Get directions
Open hours
Sat 11:00 AM–Midnight
Sun 1:00 PM–9:00 PM
Mon 1:00 PM–9:00 PM
Tue Noon–9:00 PM
Wed Noon–10:00 PM
Thu Noon–9:00 PM
References

Freedom Monument (Brīvības piemineklis) on Foursquare

Monumento á Liberdade on Facebook

Hotels nearby

See all hotels See all
Grand Palace Hotel

starting $180

Grand Palace Hotel

starting $278

Noble house on Castle square

starting $150

Dome Hotel & SPA

starting $242

Hotel Gutenbergs

starting $113

Hotel Justus

starting $115

Recommended sights nearby

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Laima Clock
Letonia

Laima Clock is a tourist attraction located in Riga, Letonia

Add to wishlist
I've been here
Visited
Powder Tower, Riga
Letonia

Powder Tower, Riga is a tourist attraction located in Riga, Letonia

Add to wishlist
I've been here
Visited
Nativity Cathedral, Riga
Letonia

Nativity Cathedral, Riga is a tourist attraction located in Riga,

Add to wishlist
I've been here
Visited
Vērmanes Garden
Letonia

Vērmanes Garden is a tourist attraction located in Riga, Letonia

Add to wishlist
I've been here
Visited
Vecrīga
Letonia

Vecrīga is a tourist attraction located in Riga, Letonia

Add to wishlist
I've been here
Visited
Swedish Gate, Riga
Letonia

Swedish Gate, Riga is a tourist attraction located in Riga, Letonia

Add to wishlist
I've been here
Visited
Latvian Museum of Decorative Arts and Design
Letonia

Latvian Museum of Decorative Arts and Design is a tourist attraction

Add to wishlist
I've been here
Visited
Latvian National Museum of Art
Letonia

Latvian National Museum of Art is a tourist attraction located in

Similar tourist attractions

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Lincoln Memorial
Estados Unidos de América

Lincoln Memorial is a tourist attraction located in Washington,

Add to wishlist
I've been here
Visited
Dolmabahçe Palace
Turco

Dolmabahçe Palace is a tourist attraction located in Istanbul, Turco

Add to wishlist
I've been here
Visited
Bethesda Terrace
Estados Unidos de América

Bethesda Terrace is a tourist attraction located in Nova Iorque,

Add to wishlist
I've been here
Visited
Çanakkale Martyrs' Memorial
Turco

Çanakkale Martyrs' Memorial is a tourist attraction located in

Add to wishlist
I've been here
Visited
Old Saint Petersburg Stock Exchange and Rostral Columns
Rusia

Old Saint Petersburg Stock Exchange and Rostral Columns is a tourist

See all similar places