Mount Vernon é unha finca privada na que viviu durante un tempo George Washington ata a súa morte en 1799, e alí é onde se atopa a súa tumba. Hoxe en día o lugar pertence ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.
Está situada preto de Alexandria, no condado de Fairfax (Virxinia). Á outra beira do río Potomac está o condado de Prince George (Maryland).
Cando os antepasados de George Washington adquiriron a leira, era coñecida como plantación de Little Hunting Creek segundo o próximo río Little Hunting Creek. Ao herdar o seu medio irmán maior Lawrence Washington a leira, cambiou o nome a Mount Vernon en honor do vicealmirante Edward Vernon, famoso pola Guerra do Asento e a captura de Portobelo (provincia de Colón, Panamá), a quen admiraba moito. Vernon foi o oficial comandante de Lawrence na Mariña Real británica e cando George Washington herdou a propiedade conservou o nome.
</div>