O Nanga Parbat con a cima a 8.126 m.s.n.m. é a novena montaña máis alta do mundo e a segunda de Paquistán, país no que se sitúa no norte, na cadea do Himalaia. É o pico superior aos oito mil metros ubicado máis a occidente
As súas coordenadas xeográficas son: 35º 14' 15" N e 74º 35' 21" L.
O nome do monte significa montaña espida en urdu e hindi. A denominación débese a que se trata dunha montaña aillada, separada do resto de grandes montañas, feito que a fai destacar na paisaxe circundante. Este mesmo isolamento faina ao tempo especialmente perigosa para os escaladores.
En caxemir o seu nome é Diamir, que quere dicer rei das montañas.
O Nanga Parbat, como outras montañas elevadas, ten varios cumes menores, aparte do principal, entre os que cómpre dsetacar os seguintes:
Nanga Parbat | 8.126 m |
Nanga Parbat, lomba | 8.070 m |
Nanga Parbat, cima sur | 8.042 m |
Nanga Parbat, cima nordeste | 7.910 m |
Nanga Parbat, cima norte | 7.815 m |
Nanga Parbat, 2ª cima norte | 7.785 m |
Nanga Parbat, Silberzacken | 7.597 m |
Nanga Parbat, cima leste | 7.530 m |
En 1953 unha expedición alemana, dirixida por Karl-Maria Herrligkoffer, logrou pisar o cume do Nanga Parbat o 3 de xullol de 1953. O único integrante desta expedición que chegou a cima foi o escalador austríaco Hermann Buhl, con o mérito engadido de facelo sen máscara de osíxeno.