Necrópole de Giza

A Necrópole de Giza é unha parte dunha das principais necrópoles do Antigo Exipto, a necrópole da cidade de Menfis. Situada na chaira de Giza, ao oeste da poboación homónima, a uns vinte quilómetros do Cairo. Comezou a empregarse durante a segunda dinastía, téndose atopado cerámica datada no reinado de Nynecher. Nela atópanse as famosas pirámides construídas polos faraóns da cuarta dinastía. Foi utilizada principalmente durante o Imperio Antigo.

A súa superficie xeolóxica é de pedra caliza e é coñecida como formación MUQQATAM. Presenta unha suave pendente con dirección noroeste a sureste e divídese en tres capas primarias nas que se alternan a pedra dura e branda. Cando ocorría a crecida anual do Nilo, a auga extendíase por toda a beira da meseta.

Está conformada principalmente por un grupo de complexos piramidais da Dinastía IV (2613 a 2494 a.c.) os dos faraóns Queops, Quefrén e Micerinos (Khufu, Khafra e Menkaura).

Gran parte da pedra empregada para a realización destes monumentos provén das canteiras locais coma a da próxima Tura.

Na actualidade, as construcións de Giza xa non se ven como o resultado da ardua tarefa dos escravos, senón máis ben coma proxectos públicos de gran embergadura, motivados pola relixión e levados a cabo ata a súa finalización por e para o beneficio de toda a nación. Para o exipcio medio a pirámide era moito mais ca morada do faraón.

A enorme necrópole de Menfis non se salvou da reutilización masiva das súas pedras, durante mais dun século abasteceu a cidade de O Cairo para a construción de moitos dos seus barrios. En 1882, W. Flinders Petrie denunciou a desaparición progresiva do monumento que estaba sendo despoxado da súa pedra a un ritmo de trescentos camelos ao día.

Historia

A necrópole de Giza é a maior do Antigo Exipto, con soterramentos datados dende as primeiras dinastías. O seu esplendor acadouno durante a cuarta dinastía, cando se erixiron a pirámide de Queops (Khufu), tamén coñecida como a Gran Pirámide, a pirámide de Quefrén (Khafra) e a relativamente pequena pirámide de Micerinos (Menkaura), xunto con varias outras subsidiarias menores, templos funerarios, Templos do Val, embarcadoiros, calzadas procesionais e foxas escavadas contendo barcas solares cerimoniais; tamén esculpiuse na rocha da meseta a Grande Esfinxe de Giza.

Asociados a estes monumentos reais atópanse numerosas mastabas de membros da familia real, outras concedidas polo faraón a funcionarios e sacerdotes, e algúns monumentos de épocas posteriores vencellados co culto aos antepasados.

Das tres pirámides principais consérvase o seu núcleo, conformado por bloques de pedra caliza, mais da súa codia, feita con caliza pulida ou granito rosado, só quedan algúns restos, pois estes bloques foron empregados pra construír edificios na próxima cidade do Cairo.

A pirámide de Quefrén (Khafra) semella a máis alta, mais é debido a que foi construída sobre unha zona máis elevada da meseta de Giza; en realidade é a que se adxudica a Queops (Khufu) a de maior altura e volume. A Gran Pirámide estaba considerada na antigüidade unha das Sete marabillas do mundo, e é a única das sete que aínda perdura.

A finais do Imperio Antigo, durante a sexta Dinastía había en Giza varios centos de tumbas.

Imperio Antigo

Aínda que non se atopa totalmente excavado o monumento máis antigo ata o de agora atopado na meseta é a Mastaba V que data posiblemente de tempos do monarca Djet da Dinastía I.

A necrópole foi moi utilizada durante a Dinastía IV, pero resulta paradóxico o feito de que estes construtores, que destacan pola súa pericia nas artes e virtuosidade técnica fose tan reticente en emprega-la escritura para difundi-la súa mensaxe.

Complexo piramidal de Queops

A Gran Pirámide ou Pirámide de Queóps (chamada "Queóps e o que pertence ao horizonte"), é o máis famoso monumento que se pode contemplar neste lugar, a única das Sete Marabillas da Antigüidade que permanece en pé. Ésta formaba parte dun complexo, composto polas pirámides secundarias das raíñas (3), o seu Templo Funerario, o Templo do Val e a calzada (avenida da eternidade) que unía a pirámide co Templo do Val, e as Barcas Solares soterradas en cinco fosas, completamente desmontadas, entre outros, elementos necesarios para que o Faraón puidese facer a súa viaxe nocturna (na actualidade unha delas foi montada e consérvase no Museo das Barcas Solares, situado neste mesmo lugar). No ano 1991 un equipo dirixido polo arqueólogo Zahi Hawass descubriu os restos da pirámide satélite (para algúns autores coñecidas como pirámides de culto) de Queóps, na esquina suroeste da Gran Pirámide.

Tumba da Raíña Hetepheres

Outra importante descuberta ocorreu en 1925 e debeuse á mera sorte cando o fotógrafo da expedición de Reisner, Mohamadien Ibrahim, poñendo o seu trípode golpeou o que sería o selado da entrada dun paso subterráneo. Despois de dez anos desencombrando o pozo atoparon elementos de ofrendas, un selo con nome do taller funerario de Queóps, e finalmente chegaron a inacabada cámara funeraria onde atoparon varios obxectos de gran beleza: unha cama, dous sillóns, un pavillón portatil ou unha cadeira, todos en madeira dourada e que constitúen exemplos únicos de mobles do Imperio Antigo; unha caixa de pel para bastóns. caixas de madeira, ademais de vinte brazaletes de plata con incustracións de turquesa, lapislázuli e cornalina. Tamén no interior había un sarcófago de alabastro. Nos obxectos aparecían os nomes de Snefru e Hetepheres (co titulo de "Nai do Rei do Alto e do Baixo Exipto"), e algúns co nome de Queóps. Do estilo dos obxectos e nomes aparecidos nela deduciuse que se trataba da tumba da muller de Snefru e nai de Queóps, Hetetpheres (Fosa G7000x). Os obxectos aparecidos consérvanse no Museo Exipcio do Cairo e no Museo de Belas Artes de Boston. A tumba atópase ao leste da pirámide de Queóps.

Tumba da Raíña Khentkaus

Khentkaus foi unha Raíña nai, parente de Queóps pola vía paterna, é filla do príncipe Hordjedef. Do "papiro Westcar", que narra o nacemento divino dos primeiros reis da Dinastía V, deduciuse que foi a nai dos primeiros gobernantes da Dinastía V.

A súa tumba emprázase no campo central de Giza, sen se atopar asociado a ningún complexo real, sendo este dato a destacar pola súa rareza. Chegou a recibir o nome de "Cuarta pirámide de Giza" ata que o arqueólogo Selim Hassan o excavar o xacemento demostrou que non mostraba indicios de presentar forma piramidal. En realidade presenta o aspecto dun sarcófago xigante, a imaxe da mastaba xigante de Shepseskaf, no sur de Saqqara.

Consta de dous niveis, o primeiro deles excavado na pedra caliza característica desta rexión. Ao complexo uníaselle unha capela orientada cara o leste composta por tres cámaras (no pasado decoradas), e rodeábase todo o conxunto cun recinto. Na marxe surleste atopouse unha fosa naval. Outra singularidade deste monumento é que a avenida non parece estar asociada a ningún templo do val. Completa o conxunto unha serie de vivendas dispostas linealmente para os sacerdotes funerarios da raiña.

Complexo Piramidal de Quefrén. Esfinxe

A Esfinxe atribuida a o Faraón Quefrén e outro dos vestixios de mais sona. Atópase a veira do Templo do Val que forma parte do seu Complexo Piramidal. Algúns autores atribúenlle o inicio da súa construción ao faraón Djedefre. destaca pola súa monumentalidade xa que elaborouse usando unha loma rochosa moi preto da calzada de Quefrén e do seu Templo do Val, razóns estas que xunto con outras fan que se lle adscriba a súa construción a este faraón.

A súa pirámide (chamada na antigüidade "Grande e Quefrén") ao estar situada sobre un pequeno promontorio semella mais alta que a Gran Pirámide. Presenta, no seu interior, o deseño típico das pirámides do Imperio Antigo, coa cámara funeraria de grandes dimensións (no que Belzoni descubriu un maravilloso sarcófago) baixo terra, e no seu cume aínda conserva unha boa parte do revestimento de pedra caliza vermella que orixinalmente a cubriría toda. Tamén se conserva en bo estado o seu Templo do Val no que Auguste Mariette, nas excavacións que dirixiu no ano 1860, atopou varias estatuas do faraón e no que se documenta a súa dedicación cultual ata época romana

Complexo Piramidal de Micerinos

O Complexo Piramidal de Micerinos ("Micerinos é divino") é o mais pequeno dos existentes en Giza. A causa do seu menor tamaño non debe interpretarse como a existencia dun periodo de crise económica senón na evolución das crenzas relixiosas dos antigos exipcios, xa que as pirámides mais que monumentos de representación de poder exclusivamente son monumentos cun fondo sentido relixioso.

No seu Templo do Val construido en ladrillo atopáronse as famosas esculturas do monarca que o representan en triadas con diversos deuses. A pirámide tamén conserva parte do seu revestimento orixinario de granito vermello de Asuán nas fiadas mais baixas. Foi obxecto de reutilización durante a Dinastía XXVI saíta.

Cemiterios de mastabas

Estes complexos atópanse rodeados por mastabas pertencentes a membros da familia real e da alta nobreza, que nalgúns sectores se ordenan en extensas ringleiras ao redor de metódicas rúas e avenidas que seguen o eixe marcado polo complexo da pirámide do rei. Principalmente pertencen a membros dos escalafóns máis altos da sociedade da Dinastía IV. Eran arquitectos, escribas, médicos, recaudadores de impostos, sacerdotes, oficiais dos templos, músicos... En 1902 as autoridades das antigüidades exipcias expulsaron os buscadores de tesouros do lugar e invitaron a varias misións arqueolóxicas para que excavaran nel. Estas expedicións foron a do americano George A. Reisner, o alemán Georg Steindorff (máis adiante unido a Junker) e o italiano Schiaparelli.

As tumbas privadas mais antigas atópanse na zona de canteiras que se atopan ao redor das pirámides de Quefrén e Micerinos.

Nas excavacións atopáronse testemuñas de cemiterios anteriores a Dinastía IV, pero sería co plan de Queóps co que comezaría o verdadeiro período de utilización continuada e masiva. Queóps realizou o máis importante intento de organizar o desenvolvemento da necrópole a través dun plan urbanístico dunha embergadura ata o momento sen precedentes, inserindo as mástabas aliñadas metodicamente en rúas e avenidas segundo o eixe do complexo real.

Ordénanse en dous grandes cemiterios, o Cemiterio Oeste e o Cemiterio Leste. O estudo destes complexos de tumbas deu moitísimos resultados, podéndose extraer deles a evolución da que foi produto.

Durante a maior parte do reinado de Queóps constátase unha redución máxima da mastaba, construíndose cunha simplicidade extrema. Reducíanse a unha mastaba maciza (sen cámaras interiores), sen pinturas decorandoas, cun sinxelo nicho no extremo sur da parede leste, onde se colocaba unha lousa de estela rectangular inscrita. Un exemplo que exceptúa a regra e demostra que non foi a falta de talento o que produciu que non se decorasen as mástabas e a Estela de Wpemnefret, cunha marabillosa policromía e relevos, sendo o único elemento decorado da Mástaba G1201. Outro dos elementos atopados nestas mástabas das primeiras tumbas da Dinastía IV son as denominadas cabezas reservadas, atopadas nos pozos funerarios xa que son elementos bastante inusuais no Antigo Exipto que prefire a creación e uso de estatuas enteiras. Carecen de inscripcións e non hai dúas iguais e non se teñen atopado en todo Exipto máis exemplos de similares características.

Nunha destas mastabas foi enterrado Hemiunu (Visir, Portador do Selo Real e supervisor de tódolos proxectos de construción do rei), considerado o arquitecto supervisor da construción da Gran Pirámide. A súa tumba é unha das maiores de todas, pero o nome do propietario da maior a G2000 todavía segue a ser unha incógnita.

Co tempo o modelo sinxelo de mastaba foise modificando e cara o final do reinado de Queóps o número de pozos, as capelas e a decoración de todo o conxunto foi proliferando, adquirindo unha maior complexidade.

Durante o reinado de Quéfren magníficos relevos e pinturas decoraban as tumbas da aristocracia, a maior do cemiterio leste a do Visir Ankhhaf ou a da raíña Meresankh III son dos mellores exemplos.

Coa Dinastía V prodúcese unha ruptura co esquema de rúas e avenidas ordenado por Queóps. A partires desta dinastía as paredes decoraránse con textos que recollen as fazañas dos seus propietarios, biografías, as súas relacións co Faraón...

Pese a que a finais da Dinastía IV a necrópole real muda a Saqqara, ou outros lugares, moitos membros da nobreza continuaron soterrándose nesta necrópole. Segundo avanzaba a Dinastía VI a necrópole viuse invadida por centos de tumbas e pozos funerarios que afogaban as rúas e avenidas. Deste xeito a ordeada disposición dos cemiterios de Queóps foi desbordada por moreas de tumbas adicionais.

Imperio Novo

Durante o Imperio Novo houbo un renacer na actividade en Giza, construíndose un templo en honor de Horemakhet (durante a Dinastía XVIII, por parte de Amenhotep II) nas cercanías da Esfinxe, as restauracións feitas a propia Esfinxe, a reutilización da Pirámide de Micerinos ou a transformación da pirámide meridional das raiñas de Queóps en Templo dedicado a Isis (no Terceiro Periodo Intermedio), son outros exemplos da dinamización da actividade da que foi obxecto o enclave. Seguíuse a usar como necrópole ata a época da dominación persa de Exipto.

Principais Monumentos na necrópole de Giza

A necrópole ocupa 160 km² a ambos os dous lados dun uadi: a rentes atópanse as pirámides, cun amplo campo ocupado por mastabas de nobres á beira. Nunha chaira están os templos funerarios e a esfinxe. Alén do uadi, sobre uns outeiros, hai máis tumbas particulares.

  1. A Gran Pirámide de Giza
  2. A Pirámide de Quefrén
  3. A Pirámide de Micerinos
  4. Templo funerario de Quefrén
  5. Templos funerarios de Queóps e Micerinos
  6. Pirámide auxiliar de Quéfren.
  7. O templo do Val de Quefrén
  8. O templo do Val de Micerinos
  9. Tumba da raiña Hetepheres I
  10. A mastaba da raiña Jentkaues
  11. As pirámides das raiñas de Micerinos
  12. As mastabas de cortesáns de Quefrén
  13. A Gran Esfinxe
  14. O templo da Esfinxe
  15. A mastaba de Hemon
  16. As mastabas ocidentais
  17. O control de entrada actual
  18. O fosos das barcas solares
  19. Estradas de acceso actual
  20. As tumbas hipoxeos
  21. Almacéns dos artesáns
  22. Estrada de aceso actual
  23. Nazlet el-Samman
  24. Calzadas procesionais
  25. A canteira de Micerinos
  26. o cementerio (actual)
  27. As tumbas hipoxeos do sur
  28. Muros perimetrais
  29. Mastabas e tumbas hipoxeos
  30. O cementerio de mastabas ocidental
  31. O cementerio de mastabas oriental

Patrimonio da Humanidade

En 1979, o conxunto de Menfis coas súas necrópoles e campos de pirámides (Giza, Abusir, Saqqara e Dahshur) foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, co nome de Menfis e a súa necrópole, a zona das pirámides dende Giza ata Dahshur. Está catalogada de tipo Cultural, (criterios I, III, VIN) con n° de identificación 86.

Véxase tamén

Bibliografía

  • VV.AA. Tesoros de las Pirámides. (2003). Ediciones Librería Universitaria de Barcelona, S.L. ISBN 84-89978-61-1 (en castelán).
  • Shaw, Ian e Nicholson, Paul. Diccionario Akal del Antiguo Egipto (2004). Ediciones Akal, S.A. ISBN 84-460-1581-1 (en castelán).
  • Lehner, Dr. Mark, "The Complete Pyramids," Thames & Hudson (1997). ISBN 0-500-05084-8 (en inglés).
  • Manley, Bill (Ed.), "The Seventy Great Mysteries of Ancient Egypt". Thames & Hudson. ISBN 0-500-05123-2 (en inglés).
  • "Mysteries of Egypt" National Geographic Society, 1999. ISBN 0-7922-9752-0 (en inglés).
  • Petrie, W.M.F., "The pyramids and temples of Gizeh". Londres 1883. (en inglés).
  • G. Reisner e W. Stevenson Simth, "A history of the Giza necropolis"; 2 vols., Cambridge, MA, 1942-1955. (en inglés).
  • I.E.S. Edwards, "The Pyramids of Egypt"., Harmondsworth, 1993. (en inglés).
  • Aufrère, Sydney; Golvin, Jean-Claude e Goyon, Jean-Claude (1997), L'Égypte restituée. ISBN 978-2-87772-148-6.
  • Maragioglio, Vito e Rinaldi, Celeste (1966), L'Architettura delle piramidi menfite parte V Le Piramidi di Zedefrâ e di Chefren.

Outros artigos

  • Gran Pirámide de Giza

Ligazóns externas

Envía un comentario
Consellos e suxestións
cxbyte
29 May 2012
vrlo lijep
cxbyte
29 May 2012
Très belle
cxbyte
29 May 2012
Very nice
cxbyte
16 May 2012
что не очевидно?
Vadim I
16 May 2012
Теперь поздно, с новой властью к туристам не очень-то хорошо относятся =]
Dave Mc
27 August 2018
The pyramids don't look that far from the road, but they're actually are really far, they're just wicked big so they look closer than they actually are. The camel tours are expensive, but worth it!
DoubleTree by Hilton
If you are a horse riding lover visit FB Stables and Ride in the shadow of the Great Pyramids or further afield on a half day trip to Saqqara or Abu Sir or camp out over night with a barbecue and fire
Dave Mc
27 August 2018
The pyramids a really, really huge. You might think about climbing one, but once you get there, you'll change your mind!
Dave Mc
27 August 2018
The pyramids are really a must see, bucket list item. If you have the opportunity, you definitely have to do it.
David Ladera
21 May 2018
I would recommend to avoid crowded hours even if the weather is hot to have a better experience. Camel tours are 100 EGB / 30 min / 1 person
Veysel Soylu
2 March 2017
It's amazing to visit pyramids at the age of thousands... No words enough to describe them. Get rid of people who asking money from you all the time
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Marriott Mena House, Cairo

a partir de $247

Four Seasons Hotel Cairo at The First Residence

a partir de $180

Swiss Inn Nile Hotel

a partir de $29

Barcelo Cairo Pyramids

a partir de $60

Amarante Pyramids Hotel

a partir de $34

Hor Moheb Hotel

a partir de $31

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pyramid of Khafre

The Pyramid of Khafre is the second largest of the Ancient Egyptian

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Khufu ship

The Khufu ship is an intact full-size vessel from Ancient Egypt that

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gran Pirámide de Gizeh

Coordenadas: 29°58′45.03″N 31°08′03.69″L / 2

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Grande Esfinxe de Gizeh

A Grande Esfinxe de Giza é a estatua máis voluminosa construída po

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pyramid of Menkaure

The Pyramid of Menkaure, located on the Giza Plateau in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Layer Pyramid

The Layer Pyramid (known locally in Arabic as il-haram il-midawwar,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Abu Rawash

Abu Rawash (also known as Abu Roach, Abu Roash), 8 km to the North of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pyramid of Djedefre

The Pyramid of Djedefre consists today mostly of ruins located at Abu

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gran Pirámide de Gizeh

Coordenadas: 29°58′45.03″N 31°08′03.69″L / 2

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pirámide de Zoser

A pirámide de Zoser é a tumba do faraón Zoser de Exipto (III Di

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Philopappos Monument

The Philopappos Monument (Greek: Μνημείο Φιλοπάππου) is an ancient Gr

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pyramid of Amenemhat III (Dahshur)

King Amenemhat III built the Black pyramid during the Middle Kingdom

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Red Pyramid

The Red Pyramid, also called the North Pyramid is the largest of the

Ver todos os lugares similares