Observatorios astronómicos in Flagstaff

Observatorio Lowell

40,471 people have been here
8.5/10

O Observatorio Lowell é un observatorio astronómico situado en Flagstaff, Arizona. O Observatorio Lowell é un dos observatorios máis antigos dos Estados Unidos, e está catalogado como edificio de interese histórico. O telescopio Alvan Clark de 24 polgadas orixinal aínda se usa en demostracións educativas. O Observatorio Lowell recibe ata 70,000 visitantes ao ano, que realizan visitas guiadas e observan diversas marabillas nocturnas a través do telescopio Clark e outros. Foi fundado en 1894 polo astrónomo Percival Lowell, e dirixido durante un tempo polo seu terceiro sobriño Guy Lowell. O administrador actual do observatorio Lowell é William Lowell Putnam, sobriño-neto do fundador Percival Lowell.

O observatorio opera varios telescopios en dous sitios de Flagstaff. As instalacións principais, situadas en Mars Hill ao oeste do pobo de Flagstaff, albergan o Telescopio Clark de refracción de 24 pulgadas (0.61-metros) orixinal, aínda que o seu papel actual é de ferramenta educativa e non de investigación. O telescopio, construído en 1896 por 20,000 $dólares, foi montado en Boston por Alvan Clark e despois enviado en tren a Flagstaff. Tamén situado no campus de Mars Hill está o Telescopio de 13 pulgadas (0.33-metros) Pluto Discovery, usado por Clyde Tombaugh en 1930 para descubrir o planeta anano Plutón.

O observatorio na actualidade opera catro telescopios para a investigación en Anderson Mesa, situado a 12 millas ao sureste de Flagstaff, incluíndo o telescopio Perkins de 72 polgadas (1.8 metros) en colaboración coa Universidade de Boston e o telescopio John S. Hall de 42 polgadas (1.1 metros). Lowell está asociado co Observatorio naval dos Estados Unidos e o NRL (Prototipo Naval de Interferómetro Óptico) tamén está situado alí. O observatorio tamén opera telescopios menores na súa localización histórica de Mars Hill e en Australia e Chile. Na actualidade está construíndo o Telescopio Discovery Channel de 4.2 metros en colaboración con Discovery Communications, Inc.

Telescopio Discovery Channel

O Observatorio Lowell está construíndo un gran telescopio en colaboración con Discovery Communications preto de Happy Jack ao norte de Arizona. Este telescopio, situado dentro do distrito Mogollon Rim Ranger no Parque nacional de Coconino, espérase que sexa o quinto máis grande na zona continental de Estados Unidos e permitirá aos astrónomos do Lowell comezar novas áreas de investigación e levar a cabo os programas actuais de forma máis efectiva e eficiente. O telescopio e a investigación que permitirá tamén será o centro de atención de programas de televisión educativos e informativos sobre astronomía, ciencia, e tecnoloxía emitidos en a canle Discovery. Ademais, o Telescopio Discovery Channel en Lowell terá un importante impacto educativo e económico no estado.

Investigación actual

Os astrónomos do observatorio Lowell levan a cabo investigacións nun amplo campo de temas sobre o sistema solar e astrofísica usando telescopios terrestres, aéreos e espaciais. Entre os moitos programas de investigación hai unha procura de asteroides próximos á Terra, catalogación de obxectos do cinto de Kuiper máis aló de Neptuno, procura de planetas extrasolares, un estudo de décadas de duración sobre a estabilidade da luminosidade do sol, e varias investigacións sobre a formación de estrelas e outros procesos en galaxias afastadas. Ademais, o persoal do observatorio deseña e constrúe instrumentos a medida para o uso nos telescopios de Lowell e noutras partes. Por exemplo, o persoal de Lowell construíu unha sofisticada cámara de alta velocidade para usala no Observatorio estratosférico de astronomía infravermella (SOFIA). SOFIA é un proxecto conxunto das axencias espaciais dos Estados Unidos e Alemaña e consiste nun telescopio de 2.5 m a bordo dun Boeing 747 SP.

Descubrimentos importantes

  • O planeta anano Plutón por Clyde Tombaugh en 1930.
  • Grandes velocidades de recesión de galaxias por Vesto Melvin Slipher entre 1912 e 1914 (o que finalmente levou á conclusión de que o universo se expande).
  • Co-descubrimento dos aneis de Urano en 1977.
  • A variación periódica no brillo do cometa Halley.
  • As tres maiores estrelas coñecidas.
  • A atmosfera de Plutón.
  • Órbitas precisas de dous satélites de Plutón: Nix e Hydra.
  • Osíxeno no satélite de Xúpiter Ganímedes.
  • Xeo de dióxido de carbono en tres satélites de Urano.
  • O primeiro troiano de Neptuno.

Ligazóns externas

(en inglés)

Post a comment
Tips & Hints
Arrange By:
NASA
11 January 2011
Built in 1894, it is one of the oldest observatories in the US and has led to many important discoveries. In 1930, Clyde Tombaugh identified the solar body Pluto (originally thought to be a planet).
Dave Floyd
6 March 2012
If the Clark Telescope is open for viewing, check it out. Lowell used to look at Mars through this.
Load more comments
foursquare.com
Location
Map
Address

1400 W Mars Hill Rd, Flagstaff, AZ 86001, Estados Unidos de América

Get directions
Open hours
Mon-Sun 10:00 AM–10:00 PM
Contact
References

Lowell Observatory on Foursquare

Observatorio Lowell on Facebook

Hotels nearby

See all hotels See all
Drury Inn and Suites Flagstaff

starting $120

Residence Inn Flagstaff

starting $188

The L Motel Downtown/NAU Conference Center

starting $42

Knights Inn Flagstaff

starting $179

Highland Country Inn Flagstaff

starting $76

Rodeway Inn Downtown

starting $104

Recommended sights nearby

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Sunset Crater
Estados Unidos de América

Sunset Crater is a tourist attraction, one of the Mountains in Elden

Add to wishlist
I've been here
Visited
Wupatki National Monument
Estados Unidos de América

Wupatki National Monument is a tourist attraction, one of the Ruins

Add to wishlist
I've been here
Visited
Grand Falls, Arizona
Estados Unidos de América

Grand Falls, Arizona is a tourist attraction, one of the Fervenzas in

Add to wishlist
I've been here
Visited
Canyon Diablo, Arizona
Estados Unidos de América

Canyon Diablo, Arizona is a tourist attraction, one of the Ruins in

Add to wishlist
I've been here
Visited
Canyon Diablo (canyon)
Estados Unidos de América

Canyon Diablo (canyon) is a tourist attraction, one of the Canyons

Add to wishlist
I've been here
Visited
Meteor Crater
Estados Unidos de América

Meteor Crater is a tourist attraction, one of the Natural monuments

Add to wishlist
I've been here
Visited
Montezuma Castle National Monument
Estados Unidos de América

Montezuma Castle National Monument is a tourist attraction, one of

Add to wishlist
I've been here
Visited
Desert View Watchtower
Estados Unidos de América

Desert View Watchtower is a tourist attraction, one of the Scenic

Similar tourist attractions

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Mills Observatory
Reino Unido

Mills Observatory is a tourist attraction, one of the Observatorios

Add to wishlist
I've been here
Visited
Sonnenborgh Observatory
Países Baixos

Sonnenborgh Observatory (Nederlands: Sonnenborgh (Utrecht)) is a

Add to wishlist
I've been here
Visited
Griffith Observatory
Estados Unidos de América

Griffith Observatory is a tourist attraction, one of the

Add to wishlist
I've been here
Visited
Lick Observatory
Estados Unidos de América

Lick Observatory is a tourist attraction, one of the Observatorios

Add to wishlist
I've been here
Visited
Rozhen Observatory
Bulgaria

Rozhen Observatory (Български: Национална астрономическа обс

See all similar places