Teatros de ópera in París - Paris

Ópera Garnier

9.0/10

Coordenadas:

Fachada da Ópera Garnier 150px

A Ópera Garnier, tamén coñecida como Pazo Garnier ou Ópera de París, é un dos edificios máis característicos do primeiro arrondissement de París e da paisaxe urbana da capital francesa. Napoleón III de Francia ordenou a súa construción ao arquitecto Charles Garnier, quen deseñouna en estilo Neobarroco.

Dende a súa inauguración en 1875, a ópera foi chamada oficialmente Academia Nacional de Música - Teatro da Ópera. Conservou o seu título ata 1978 cando foi renomeada Teatro Nacional da Ópera de París. En 1989 a Compañía da Ópera trasladou a súa sede ao recentemente construído Teatro da Bastilla e a súa vella sede recibiu o nome de Pazo Garnier, onde permanece a Academia Nacional de Música. Malia a mudanza do nome oficial e do traslado da Compañía da Ópera, o Pazo Garnier segue sendo coñecido popularmente polo nome de Ópera de París.

Historia

O Rei Luís XIV autorizou ao compositor Jean-Baptiste Lully para establecer a Academia real de Música en 1672, a grande institución de arte dramática francesa que comprendía ópera, ballet e música. Aínda que a ópera conformou a súa propia compañía ata 1669, o ballet daquel tempo era sinxelamente unha extensión dela, desenvolvéndose en forma independente da arte dramática. Con todo Luís XIV, un dos grandes arquitectos do ballet barroco (forma artística que evolucionou ao ballet clásico), estableceu a escola de ballet en 1661 como Academia real de Danza. Dende 1671 ata a morte de Lully, a escola estivo baixo a dirección do gran mestre de baile Pierre Beauchamp, o home que creou as cinco posicións do pé.

En 1713 o rei Luís XIV fixo da Compañía da ópera unha institución estatal, incluíndo unha compañía de bailaríns profesionais coñecidos como o Ballet da Ópera. Dende esa época ata a inauguración do Pazo Garnier en 1875, a Academia real de Música tivo 13 teatros como sede principal, moitos deles foron destruídos por lumes. Malia os nomes «oficiais» que recibiron ata entón, todos estes teatros foron comunmente coñecidos como Ópera de París.

O Pazo Garnier foi designado parte da gran reconstrución parisiense do Segundo Imperio Francés, promovida polo Emperador Napoleón III, quen escolleu ao Barón Haussmann para supervisar as obras. En 1858 o Emperador autorizou a Haussmann a derrubar os 12.000 metros cadrados requiridos para construír o segundo teatro para as renomeadas compañías da ópera e ballet de París. O proxecto púxose en competencia en 1861, e foi outorgado a Charles Garnier (1825-1898). A primeira pedra foi posta en 1861, seguida do comezo das obras en 1862. Dise que a dona do emperador, a Emperatriz Eugenia de Montijo, preguntou a Garnier durante a construción se o edificio tería estilo grego ou romano, ao cal respondeu: «¡É en estilo Napoleón III, señora!».

A construción da Ópera tivo varios contratempos. A obra houbo de ser interrompida ao atoparse covas con augas subterráneas durante as escavacións, as cales tiveron que ser absorbidas con bombas durante oito meses. Interrompeuse tamén despois do desastre da Guerra Franco-Prusiana, a caída do Segundo Imperio Francés e a Comuna de París de 1870. Durante esta época a obra continuou en forma esporádica e ata rumoreouse que a construción da Ópera sería abandonada.

Estatua da dereita do tellado

Un incentivo para rematar de construír foi o lume que arrasou a antiga Ópera de París, coñecida como o Teatro da Academia real da Música (tamén coñecida como Teatro da Academia Imperial de Música), o 29 de outubro de 1873. Este teatro fora a sede da Ópera e Ballet parisina dende 1821, nela presentáronse as máis grandes pezas mestras, e foi a sede onde chegou ao seu apoxeo o ballet romántico, a rentes do Teatro do súa Maxestada de Londres. Logo de 1874, Garnier e o seu equipo de traballo remataron o teatro.

O Pazo Garnier foi oficialmente inaugurado o 15 de xaneiro de 1875, cunha espléndida cerimonia que incluía a presentación do terceiro acto da ópera La Juive, de Halévy, e extractos da ópera Les Huguenots, de Meyerbeer. A compañía de ballet presentou un divertimento representado polo mestre de ballet Louis Mérante que consistía na soada escena de Le Jardin Animei de Joseph Mazilier, recreada polo ballet Le Corsaire.

Un pouco máis pequeno en escala có seu predecesor, o Teatro da Academia Real de Música, o Pazo de Garnier está conformado por 11.000 metros cadrados, ten unha capacidade de aproximadamente 2.200 espectadores e un extenso escenario para 450 artistas. É un edificio moi vistoso, o seu estilo é monumental, opulentamente decorado con frisos multicolores elaborados en mármore, columnas e luxosas estatuas, moitas delas representando a deidades da mitoloxía grega. Entre as columnas da fachada frontal do teatro, hai bustos en bronce de moitos compositores famosos, como Mozart e Beethoven. O interior está adornado en veludo, follas douradas, ninfas e querubíns. A araña de luces do auditorio central pesa máis de seis toneladas. A área do teito ao redor da araña ten unha pintura de 1964 feita por Marc Chagall. Esta pintura foi materia de controversia, con moitas persoas que senten que desentoa co conxunto do resto do teatro.

En 1969 o teatro recibiu novas instalacións eléctricas e en 1978 parte do Foyer de la Danse orixinal converteuse nun novo espazo para ensaios da Compañía de ballet, obra do arquitecto Jean-Loup Roubert. En 1994 comezou a restauración do teatro, a cal consistiu na modernización da maquinaria do escenario e das instalacións eléctricas, mentres se restauraba e preservaba o decorado e se fornecia a estrutura do edificio. A restauración foi rematada en 2006.

Transcendencia cultural

Interior da Ópera Garnier

O Pazo e as covas subterráneas foron os escenarios escollidos onde Gastón Leroux situou a acción da súa novela A pantasma da Ópera, que deu lugar a un musical e varias películas.

O Teatro Nacional de Rio de Janeiro foi inspirado nas liñas e formas do teatro de Garnier.

O «Teatro da Pantasma», no hotel Venecia de Las Vegas, foi construído a semellanza da Ópera Garnier.

A película biográfica María Antonieta de Sofia Coppola usa a entrada principal e a gran escaleira do Pazo na escena do baile de máscaras. Curiosamente, este aínda non existía durante a época da Raíña María Antonieta e só rematouse en 1875.

O edificio foi reproducido no xogo de simulación urbana SimCity 4 como a Casa da Ópera, a cal pódese poñer na cidade como un premio.

O Pazo utilizouse na película animada Anastasia, cando un dos personaxes observa o Ballet Ruso representando Cinsenta.

Véxase tamén

link=
A Galipedia ten un portal sobre:
Ópera
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ópera Garnier

</div>

Bibliografía

  • Allison, John (ed.), «Great Opera Houses of the World», supplement to Opera Magazine, Londres 2003
  • Beauvert, Thierry, Opera Houses of the World, New York: The Vendome Press, 1995. ISBN 0-86565-978-8
  • Guest, Ivor Forbes, Ballet of the Second Empire, London: Wesleyan University Press, 1974
  • Guest, Ivor Forbes, The Paris Opera Ballet, London: Wesleyan University Press, 2006
  • Zeitz, Karyl Lynn, Opera: the Guide to Western Europe's Great Houses, Santa Fe, Nuevo Mexico: John Muir Publications, 1991. ISBN 0-945465-81-5

Ligazóns externas

Opera Garnier Categoría:Arte de Francia Categoría:Teatros de ópera de Francia

Post a comment
Tips & Hints
Arrange By:
Peter van Teeseling
5 August 2011
Best place to ask your girlfriend if she wants to marry you. It worked for me :)
Otel.com
30 May 2013
This place is a piece of art, even without an event inside.
Load more comments
foursquare.com
Location
Map
Address

Opéra Garnier, 8 Rue Scribe, 75009 Paris, Francia

Get directions
Open hours
Mon-Sun 10:00 AM–11:00 PM
References

Opéra Garnier on Foursquare

Ópera Garnier on Facebook

Hotels nearby

See all hotels See all
Magnificent Studio Heart of Paris

starting $87

Melia Paris Notre-Dame

starting $678

Hotel Les Rives de Notre Dame

starting $606

Hotel Le Notre Dame

starting $299

Hotel Henri IV Rive Gauche

starting $249

Hotel Esmeralda

starting $99

Recommended sights nearby

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Café de la Paix
Francia

Café de la Paix (Français: Café de la Paix (Paris)) is a tourist at

Add to wishlist
I've been here
Visited
Harry's New York Bar
Francia

Harry's New York Bar is a tourist attraction, one of the Mountains in

Add to wishlist
I've been here
Visited
Paris Olympia
Francia

Paris Olympia (Français: Olympia (Paris)) is a tourist attraction,

Add to wishlist
I've been here
Visited
Place Vendôme
Francia

Place Vendôme is a tourist attraction, one of the Town squares in

Add to wishlist
I've been here
Visited
Columna Vendôme
Francia

Columna Vendôme (Français: Colonne Vendôme) is a tourist at

Add to wishlist
I've been here
Visited
Église de la Madeleine
Francia

Église de la Madeleine is a tourist attraction, one of the Roman

Add to wishlist
I've been here
Visited
Le Chabanais
Francia

Le Chabanais is a tourist attraction, one of the Brothels in París -

Add to wishlist
I've been here
Visited
Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
Francia

O Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia (en francés:

Similar tourist attractions

See all See all
Add to wishlist
I've been here
Visited
Metropolitan Opera
Estados Unidos de América

A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Me

Add to wishlist
I've been here
Visited
Ópera de Sidney
Australia

A Ópera de Sidney ou Casa da Ópera de Sidney (en inglés: Sydney Op

Add to wishlist
I've been here
Visited
Royal Opera House
Reino Unido

O Royal Opera House é un teatro de espectáculos de Londres, c

Add to wishlist
I've been here
Visited
Odessa Opera and Ballet Theater
Ucraína

Odessa Opera and Ballet Theater (Українська: Одеський

Add to wishlist
I've been here
Visited
Oslo Opera House
Noruega

Oslo Opera House (Norsk (Bokmål): Operahuset i Oslo) is a tourist

See all similar places