O Parque Nacional Skaftafell, en islandés Þjóðgarður Skaftafell, é un antigo parque nacional do sur de Islandia, que o 7 de xuño de 2008 foi fusionado no Parque Nacional Vatnajökull xunto co tamén antigo Parque Nacional Jökulsárgljúfur.
O parque fora fundado o 15 de setembro de 1967 e situábase entre as vilas de Kirkjubæjarklaustur e Höfn.
Estivo habitado durante a Idade Media e aínda se poden atopar antigas granxas e edificacións na zona. Porén, foron abandonadas despois de dúas erupcións volcánicas. As dúas granxas que se conservan foron rehabilitadas para o turismo. O parque tamén ten unha oficina de información, un cámping e hai varias rutas de sendeirismo.