O Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes['] (en inglés: Great Smoky Mountains National Park) é un parque nacional e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se estende ó longo das Grandes Montañas Fumegantes, parte das Montañas Blue Ridge, que é unha división da cadea montañosa dos Apalaches. É a fronteira entre Tennessee e Carolina do Norte e discorre dende o nordeste até o suroeste. É o parque nacional máis visitado dos Estados Unidos de América con máis de 11,3 millóns de visitantes no ano 2016. Na súa ruta dende Maine até Xeorxia, o Sendeiro dos Apalaches tamén pasa polo centro do parque. O parque foi arrendado polo Congreso dos Estados Unidos en 1934 e foi oficialmente declarado polo presidente Franklin D. Roosevelt en 1940. O parque abrangue 2.114,15 km2, o que o converte nunha das meirandes áreas protexidas do leste dos Estados Unidos.