Pico Duarte

O Pico Duarte con 3.098 metros de altura é non só a montaña máis elevada da República Dominicana e da illa da Española, onde se ubica, senón de todo o arquipélago do Mar Caribe.

Situación

O Pico Duarte érguese no medio da República Dominicana, na Cordilleira Central, o maior cordal do país. Esta acdea montañosa esténdese desde as chairas de San Cristóbal, República Dominicana|San Cristóbal e Bani, até o noroeste da península de Haití, onde é denominada Massif du Nord (Macizo do Norte). Os macizos do Pico Duarte e máis de Valle Nuevo posúen as máximas altitudes da Cordillera Central.

Historia

Cóidase que o Pico Duarte foi escalado por vez primeira en 1851 polo cónsul británico no país, Sir Robert Hermann Schomburgk, que bautizou o monte con o nome de Monte Tina e calculou a súa altura en 3.140 m. En 1912, o padre Miguel Fuertes botou abaixo a estimación de Schomburgk, ao escalar e indicar que La Rucilla era a maior altura da Dominicana. Un ano despois o botánico sueco, Erik Leonard Ekman, afirmou que o británico estivera máis certeiro; ao tempo nomeou os dous cumes do pico como Pelona Grande e Pelona Chica. Durante a ditadura de Rafael Leonidas Trujillo Molina, o máis elevado deses cumes foi denominado Pico Trujillo. Pero, pouco despois da morte do tirano, a montaña foi rebautizada con o seu nome corrente de Pico Duarte, que ostentaba en honra a Juan Pablo Duarte, un dos pais fundadores da nación. Un busto de Duarte coroa na actualidade a cima, perto dun ástil onde flamexa a bandeira da República Dominicana e dunha cruz. .

Por outra banda, xa desde o século XIX a altura do pico ten sido materia de controversia. Durante varias décadas e até mediados da década de 1990, a altura correntemente exposta era de 3.175 m. En 2003 unha medición con sistema GPS indicou unha altitude de 3.098 m. Os servicios xeográficos da República Dominicana outórganlle unha altura oficial de 3.087 m (altura ao parecer confirmada por diversas medicións de escaladores con GPS ( a máis recente en xaneiro de 2005). Porén o SRTM mantén o dato oficial de 3.098 m. por considerar que é a máis correcta.

A cima Duarte é apenas algo máis alta que La Pelona (3.094 m). Un colado (chamado Valle de Lilis) de aproximadamente 1 km de longo e sito a unha altura media de sobre 2.950 m, separa ambas cimas.

Contorno ambiental

O Pico Duarte está incluído dentro do Parque Nacional José Armando Bermúdez. A montaña e os seus arredores mostran unha paisaxe boscosa, cuberta de piñeiros dominicanos (Pinus occidentalis), entanto o colado do Valle de Lilis apresenta herbazais nos que predominan os pajones (Danthonia domingensis).

A fauna componse de diversas especies de aves caribeñas. Tense indicado a presencias de hutías, baseándose en indicios, mais sen confirmación, non bosques baixos; en troca, si se documentou a presencia de porcos bravos, descendentes dos animais introducidos desde Europa durante a colonización da illa.

O clima é o típico caribeño. En altura pode ser fresco, e nas noites dos meses invernais mesmo pode xear.

Ascensións

A ascensión ao pico é doada. Hai sendas ben sinaladas e cuidadas, que conducen até os 1.997 m de altitude, con un refuxio a 5 km de distancia do cume. O punto de partida máis fácil é desde La Ciénaga, cerca da cidade de Jarabacoa. Nesta última hai axencias de viaxe que arranxan a subida ao monte, suministrando mesmo sacos de dormir. É conveniente levar pastillas de potabilización da auga, a pesar de que hai algunhas fontes no camiño con indicación de que son potábeis.

Hai outra senda, máis impredecíbel, desde o nordeste e saíndo desde San Juan de la Maguana, aínda que vai dar até La Ciénaga, finalmente.

Véxase tamén

  • Xeografía da República Dominicana.

Recoñecementos

  • Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en inglés.
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Pico Duarte. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)
2.4/10
41 persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Hotel Gran Jimenoa

a partir de $54

Hodelpa Garden Court Hotel

a partir de $135

Los Bohios Campo Añil

a partir de $152

Platino Hotel & Casino

a partir de $44

Hotel Rancho Olivier

a partir de $65

Farm Villa Estancia

a partir de $210

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fortaleza San Luis

Fortaleza San Luis is located near the Yaque del Norte River in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Monumento de Santiago

The Monumento a los Héroes de la Restauración is a monument in the c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cable Car, Puerto Plata

Cable Car, Puerto Plata is a tourist attraction, one of the Chair-

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Playa Dorada Beach

Playa Dorada Beach is a tourist attraction, one of the Praias in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Fortaleza San Felipe

Fortaleza San Felipe is a historic Spanish fortress located in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ocean World Adventure Park

Ocean World is an adventure park located amidst the reefs of the Beach

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Enriquillo

Lake Enriquillo is a lake in the Dominican Republic, it is one of only

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pomier Caves

The Pomier Caves are a series of 55 caves located north of San

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Çamlıca Hill

Çamlıca Hill (Turkish: Çamlıca Tepesi), aka Big Çamlıca Hill (Turk

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Üetliberg

The Üetliberg (also spelled Uetliberg, pronounced Шаблон:IPA in Zür

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Top of Mt. Takao (高尾山頂)

Top of Mt. Takao (高尾山頂) is a tourist attraction, one of the Mountai

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Gellért Hill

Gellért Hill (magyar. Gellért-hegy; Deutsch. Blocksberg; Latina. M

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lysá hora

Lysá hora (Czech pronunciation: ]; Polish: Łysa Góra; German: Lys

Ver todos os lugares similares