A ponte substituíu o servizo de transbordador que fora o principal medio de cruzamento do Gran Belt durante máis de 100 anos. A ponte foi aberta ó tráfico rodado en xullo de 1998, así como ó transporte ferroviario, que conta con dobre vía. A un custo estimado en 21,4 mil millóns de coroas danesas (prezos de 1988), é o maior proxecto de construción na historia de Dinamarca. A súa operación e mantemento levan a cabo por A/S Storebælt baixo Sund & Bælt. A súa construción e mantemento son financiados polas peaxes de vehículos e trens.
A ponte reduciu significativamente os tempos de viaxe: antes o transbordador levaba preto dunha hora e agora o Gran Belt pódese cruzar nuns 10 minutos. A construción da Ponte do Gran Belt e da ponte de Oresund que, en conxunto, permitiron a unión do continente europeo con Suecia e o resto de Escandinavia a través de Dinamarca, acurtando en gran medida o camiño alternativo por terra a través de Finlandia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ponte do Gran Belt en bridge-info.org (en inglés)