Pripyat

Pripyat ou Prípiat['] (en ucraíno При́п'ять, ’Prypyat’; en ruso При́пять, ’Pripyat’) é unha cidade pantasma na zona de exclusión ao norte da Ucraína, na rexión de Kiev, próxima á fronteira con Belarús. Debe o seu nome ao río que atravesa a cidade.

Esta cidade é coñecida por sufrir os efectos do accidente nuclear o 26 de abril de 1986, cando se produciu o sobrequecemento e explosión do reactor número 4 da Central Nuclear de Chernóbil, o cal emitiu 500 veces máis radiación que a bomba atómica que foi lanzada sobre Hiroshima en 1945. A cidade foi afectada pola radiación e tivo que ser evacuada. A evacuación foi levada a cabo polo Exército Vermello 36 horas despois do accidente, a maioría dos habitantes foron evacuados das súas casas para protexelos da enorme radiación, os animais domésticos e o gando deberon ser deixados atrás e sacrificados para evitar alteracións xenéticas e morte nos seus descendentes.

Historia

Foi fundada o 4 de febreiro de 1970 expresamente para dar fogar aos traballadores da Central Nuclear V.I. Lenin de Chernóbil e as súas familias. Debido á súa estratéxica posición xeográfica nun clima relativamente temperado e un solo moi fértil, cerca dunha estación de tren, unha autoestrada e, por suposto, o río Pripyat, a cidade empezou logo a desenvolverse, converténdose nunha das zonas máis agradables para vivir da antiga URSS. Debido a isto, a poboación en só 16 anos creceu até máis de 40.000 persoas. A construción da cidade foi levada a cabo polo Partido Comunista da Unión Soviética, mentres Leonid Brezhnev era o presidente.

Pripyat estaba composta por varios microdistritos (veciñanzas), cun radial atravesando o centro da cidade. Na cidade, os construtores engadiron numerosos sinais e paneis luminosos, que foron acompañados tamén de decoracións de cerámica nas fachadas dos edificios. A beleza da cidade tiña que ser fundamental para os traballadores da central, e por iso se contrataron arquitectos soviéticos progresistas que puidesen visualizalo. Os sitios máis fermosos da cidade eran a entrada, o Centro Cultural Energetik, o Edificio de Administración, o Café Pripyat (que se encontraba preto do río), e, no centro da cidade, o Bulevar Lenin.

Ao contrario que as cidades de importancia militar, o acceso a Pripyat non estaba restrinxido antes do desastre. Antes do Accidente de Chernóbil, as centrais nucleares eran vistas pola Unión Soviética como máis seguras que outros tipos de centrais eléctricas. Foron presentadas como un logro da enxeñaría soviética, onde a enerxía atómica era utilizada para proxectos pacíficos. O slogan "Átomo Pacífico" (en ruso: мирный атом, mirny atom) era popular neses tempos. Inicialmente a construción do complexo estaba prevista a só 25 km de Kiev, pero a Academia Ucraína das Ciencias, xunto con outros corpos, expresaron a súa preocupación de que a central estivera tan próxima á cidade, polo que a planta, xunto con Pripyat, foron construídos na súa actual localización, a uns 100 km de Kiev. Tras o desastre, a cidade de Pripyat foi evacuada en tres horas.

Desenvolvemento urbano

En febreiro de 1970, no inicio da súa construción, os oficiais chegaron á conclusión de que a maior parte dos 10.000 habitantes que tiveron inicialmente eran de Kiev e pensaron que para que os novos poboadores se sentiran máis como en casa, plantaron un arbusto de rosas por habitante, así que en 1986 a cidade tiña uns 50.000 arbustos de rosas aproximadamente.

As primeiras vías urbanas chamáronse Avenida dos Entusiastas e rúa da Amizade dos Pobos. A finais de 1985, a cidade dispoñía dun centro cultural, unha libraría, un cine, un hotel, unha escola de arte cunha sala de concertos, institucións médicas, escolas de formación profesional, unha escola técnica de enxeñaría chamada Kuybyshevsk, institucións domésticas, comedores, cafetarías, tendas e máis de dez garderías.

A cidade tamén tiña unha zona máis próxima á central onde os empregados ao saír tiñan unha zona para relaxarse e comer, e incluso se facían competicións entre os empregados. Pripyat era un sitio de recreación no que vivían habitantes cunha media de 30 anos. Os construtores prestaron moita atención aos xardíns de infantes e as instalacións deportivas. Pero sobre todo prestaron atención á media de idade da poboación e puido comprobarse que dos primeiros habitantes a maioría non eran maiores de 26 anos. Máis de 1.000 nenos nacían cada ano, polo que era moi habitual ver nais cos seus bebés.

Segundo a idea de desenvolvemento prevista, supoñíase que alcanzaría polo menos 80.000 habitantes, e esperábase que fose unha das máis bonitas de toda Ucraína. Durante a súa mellor época, era coñecida na Unión Soviética como: "A cidade do futuro", pois era unha cidade planeada que tiña amplas avenidas, edificios de até dezaseis pisos de altura, abundante vexetación, unha media de idade de 26 anos e inexistentes índices de criminalidade. Ademais, o goberno municipal tiña en marcha plans de expansión e mellora, que incluían a construción dunha torre de televisión, un hotel, dous centros comerciais, pavillóns deportivos, cines e un palacio da cultura.

Evacuación da poboación

Artigo principal: Accidente de Chernóbil.

Os órganos de distrito da RSS de Belarús e RSS de Ucraína e da defensa civil recibiron o informe sobre a explosión e lume na Central Nuclear de Chernóbil cedo na mañá do 26 de abril. Varias horas despois, o persoal de defensa civil da RSS de Ucraína, despregouse na cidade de Pripyat. Os militares colocaron cordóns e prohibiron a entrada de todos os vehículos de transporte, con excepción dos camións de servizo. Pola tarde organizouse o control constante do estado da radiación en Pripyat e arredores. Os niveis máis altos estaban no oeste da central, pero a difusión da contaminación radioactiva foi máis ben insignificante, polo pouco vento. O persoal de Defensa Civil estaba preparado para a evacuación da cidade, aínda que só o goberno da URSS era capaz de tomar esa decisión, que non se chegou a producir até pasadas 36 horas do accidente. As autoridades soviéticas, ao mando de Mikhail Gorbachov, asegurábanlle á poboación que podían continuar coas súas vidas normais. Incluso as escolas de Pripyat abriron as súas portas e recibiron os alumnos de forma habitual.

Pola noite o nivel de radiación en Pripyat superou o nivel normal en 600.000 veces (0,1 mSv/h). Aínda que a situación da radiación non causaba alerta, os físicos da comisión gobernamental recomendaban evacuar os habitantes, xa que non podían xulgar con confianza o estado da zona do reactor activo e o conseguinte desenvolvemento do accidente. Cerca das 22:00, a Comisión chegou á conclusión de comezar a evacuación o día seguinte - 27 de abril. Contactouse coas organizacións de transporte até Kiev, que organizaron máis de dous mil autobuses, que chegaron pola noite. A autoridade civil local dos asentamentos circundantes preparouse para a aceptación dos evacuados.

Durante o sábado 26 de abril, non se fixo a advertencia oficial á poboación local acerca da necesidade de estar nas súas casas. Non se organizou tampouco a difusión de tabletas de ioduro de potasio nin a dos respiradores para os nenos, xa que non eran suficientes.

Ás 7 da mañá do domingo, o presidente da comisión gobernamental confirmou unha decisión sobre a evacuación da poboación. Ás 10:00 reuniuse con autoridades da cidade e déronse instrucións para a preparación da evacuación, que estaba prevista para as 14:00 horas. Ás 13:10 a curta mensaxe oficial aos habitantes foi enviada pola radio na que se lles comunicou que se producira unha "situación insatisfactoria de radiación" e que como medida de seguridade decidírase evacualos por tres días. As autoridades tiñan a man 2.700 autobuses, 15 barcos, dous trens e 300 camións, sumado a arredor de 9.000 persoas que se foran nos seus vehículos particulares.

Ás 2 da tarde saíu o primeiro coche e para as 5 a cidade estaba deserta. Ás 06:20 a policía revisou todos os apartamentos e contaron 20 persoas que non querían ser evacuadas, os seus cadáveres foron atopados semanas despois. Os evacuados foron colocados en familias das cidades e aldeas dos distritos contiguos.

Preveuse a evacuación para 44.600 persoas, pero o número real foi menor debido a que algúns xa abandonaran a cidade ou xa estaban fóra. Con todo, as autoridades informaron á poboación de que non había necesidade de levar nada consigo excepto documentos e alimentos para a viaxe, xa que regresarían ás súas casas nuns días. Segundo a fonte oficial de información, os vehículos de transporte foron suficientes e a evacuación foi relativamente fácil.

Expansión da área de evacuación

O 28 de abril de 1986, a defensa civil da RSS de Ucraína ofreceuse para crear arredor da central unha zona de exclusión de 10 km. O 2 de maio os líderes do goberno chegaron de Moscova. O presidente do Consello de Ministros da URSS Nikolái Ryzhkov, organizou a operación no Buró Político do Comité Central do PCUS para a xestión das obras.

Aceptouse a decisión sobre a evacuación da poboación o 2 de maio dun radio de 30 km arredor do reactor, que se completou o 6 de maio. Esa foi unha operación que requiriu o transporte de miles de persoas e animais. A zona foi vallada e desde entón o acceso está estritamente restrinxido. Aínda que hoxe en día ninguén vive alí, un certo número de persoas fan quendas para traballar na Central Nuclear de Chernóbil, facéndose cargo das tarefas de descontaminación do territorio, e investigacións científicas. Algúns habitantes evacuados máis tarde volveron secretamente ás súas casas. Segundo os informes, algunhas persoas obtiveron o permiso de retorno, na parte menos contaminada da zona.

Tras Chernóbil

En 1986, a cidade de Slavutych foi construída para substituír a Pripyat. Despois da cidade de Chernóbil, esta é a segunda maior cidade para acomodar os traballadores da planta e os científicos.

Moitos dos edificios de apartamentos foron case completamente saqueados. Nada de valor se deixou atrás. Algúns continúan sen ser tocados. Moitos dos interiores dos edificios foron vítima de vandalismo ao longo dos anos. A causa da falta de mantemento, os teitos gotean, e en primavera os cuartos anéganse. Non é infrecuente encontrar árbores crecendo en teitos e incluso dentro dos cuartos. Debido a isto, un colexio de catro pisos derrubouse parcialmente en xullo de 2005.

Panorama da cidade de Pripyat en 2011. Ao fondo, o reactor 4 de Chernóbil que explotou en 1986.

Estado da cidade

A cidade ten moitos edificios de apartamentos, dentro dos cales se encontran abandonados fotografías, xoguetes de nenos, roupa e outros obxectos persoais. Tamén hai restaurantes, prazas de xogo, hospitais, escolas e ximnasios abandonados. Debido ao inexistente mantemento das construcións, dentro delas o mofo, os fungos e as plantas medran grazas á humidade producida ao derreterse a neve de inverno. Na primavera, ao derreterse a neve do inverno, ou nos días de choiva, acostuma quedar a auga estancada nas terrazas ou nos pisos superiores dos edificios, e cando baixa humedece os solos que caen, ou as paredes, debilitando a pintura das mesmas.

Por unha longa estrada deserta chégase ao posto de control da zona de exclusión, unha zona de seguridade de 30 km á redonda resgardada polo exército arredor da área do accidente. O terreo que rodea o antigo reactor está cercado tamén por un novo perímetro de 10 km á redonda, onde se considera que hai máis contaminación. De feito, en Pripyat aínda existen zonas nas que o nivel de radioactividade é doce veces superior ao que existe na capital, Kiev. Especialmente perigosos son os tellados que aínda seguen en pé, xa que albergan os maiores índices de radiación.

Na zona de 30 km arredor do reactor había unhas 94 aldeas e as cidades de Pripyat e Chernóbil. Actualmente, tras a masiva evacuación da poboación, só queda un puñado de aldeas e a pequena urbe de Chernóbil, onde hai unhas 2.000 persoas, é dicir, menos de 5% do que había hai 30 anos.

A cidade quedou totalmente suspendida no tempo, unha mostra diso é que aínda se encontran símbolos comunistas. Sobre o edificio de goberno, aínda están os escudos da URSS e da República Socialista Soviética de Ucraína; e incluso partes do himno da URSS escritas nun edificio.

Plans futuros

Crese que a zona non será habitable até dentro de varios séculos pola concentración de elementos radioactivos que non desaparecerán de forma absoluta até dentro de 24.000 anos (o que se cre que tarda o plutonio en extinguirse). Practicamente calquera persoa pode entrar na cidade, pero é recomendable levar un dosímetro e non quedarse de noite debido á presenza de animais salvaxes. As portas e ventás foron abertas para reducir o risco dos visitantes. Pese a esta situación, hai quen regresaron ás súas antigas casas e que, facendo caso omiso dos perigos na zona, volveron cultivar as terras. A pesar de todo, a cidade, como toda a zona de exclusión, que unha vez abandonada polo ser humano foi fortemente colonizada por animais salvaxes, serve de refuxio para os mesmos, sendo posible encontrarse con mandas de lobos instaladas na cidade.

Infraestrutura

Poboación A poboación da cidade de Pripyat antes do accidente da central nuclear de Chernobyl o 26 de abril 1986 era de 49.400 persoas. A idade media dos residentes era de 26-29 anos. A superficie total era de 6,587 km², 160 vivendas e 13.414 apartamentos.
Educación Existían quince párvulos para 4.980 persoas, cinco centros de ensinanza secundaria para 6.786 alumnos e unha unidade de escola de formación profesional para 600 alumnos.
Asistencia sanitaria A cidade dispoñía dunha unidade médica № 126 de 410 camas para 1.750 visitas e tres clínicas.
Comercio 25 tendas en 9.239 m² de superficie comercial. Catering para 27 comedores, cafetarías, restaurantes para 5.535 prazas.
Cultura Había tres institucións culturais: o palacio da cultura, un cine para 1.220 espectadores e unha escola de arte con oito aulas para unha capacidade total de 312 estudantes.
Deporte 10 salas de deportes, 3 piscinas, 2 estadios.
Xardinaxe Un parque, xogos infantís, 18.136 árbores, 249.247 arbustos e 33.582 rosas.
Industria En Pripyat residían catro empresas cunha produción total de 477.000.000 rublos. Particularmente notable foi a fábrica Xúpiter, que produciu o casete analóxico de cintas de magnetófono do mesmo nome.
Construción Seis empresas de construción principal que realizaban un volume de traballo de construción de 132,3 millóns de rublos.
Transporte Pripyat contaba coa estación de tren Yanov e tres empresas de transporte, entre elas a compañía de transportes da central nuclear de Chernobyl, con 533 unidades de transporte, incluídos 167 autobuses.
Subministración de auga 28 pozos artesianos cunha produción diaria de auga de 15.000 m³ por día, dos cales 8.050 ían á cidade.
Enerxía eléctrica 121.000 kilowatts-hora ao día, incluíndo a zona industrial con 29.000 kilowatts-hora.

Cultura popular

A cidade de Pripyat aparece como escenario principal de varias obras literarias. Así sucede coa novela El ciclista de Chernóbil (Barcelona, DVD, 2011) de Javier Sebastián e co relato «Los siluros de Prípiat» (en Rusia imaginada, Madrid, Nevsky, 2011) de Daniel Sánchez Pardos.

Tamén aparece no libro Cielo Rojo do autor David Lozano Garbala, onde nun capítulo o protagonista percorre o lugar describindo o aspecto actual da cidade.

As misións «Todos camuflados» e «Un tiro, un morto» do videoxogo Call of Duty 4: Modern Warfare teñen lugar en Pripyat, onde un par de francotiradores buscan un perigoso terrorista.

Os videoxogos S.T.A.L.K.E.R.: Shadow of Chernobyl, S.T.A.L.K.E.R.: Clear Sky e S.T.A.L.K.E.R.: Call of Pripyat teñen como argumento principal os sucesos do Accidente nuclear de Chernobyl. Tanto a central nuclear de Chernóbil como a cidade de Pripyat son localizacións explorables e escenarios de diversas misións, en parte da denominada "Zona": Área de laboratorios, bases e campamentos, construídos arredor do escenario real, con certas modificacións.

Na película Chernobyl Diaries, un grupo de seis mozos de vacacións en busca de novas emocións contratan un guía que os leva a Pripyat.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Accidente de Chernóbil
  • Elena Filatova

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Pripyat. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Grand Admiral Resort & SPA

a partir de $186

SunHouse

a partir de $62

Stockholm Studios

a partir de $40

Park Hotel Chernigiv

a partir de $28

Nyvky Plaza Hotel

a partir de $32

Reikartz Chernihiv

a partir de $38

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Chernobyl Nuclear Power Plant

The Chernobyl Nuclear Power Plant (Ukrainian: Державне спецiал

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Prypiat amusement park

The Prypiat amusement park in Prypiat, Ukraine was never opened due to

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Red Forest

The Red Forest (Ukrainian: Рудий ліс, Russian: Рыжий лес), former

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Russian Woodpecker

The Russian Woodpecker was a notorious Soviet signal that could be

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Юровичский монастырь

Свято-Рождество-Богородичный Юровичский мужской монаст

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Trinity Monastery (Chernihiv)

The Trinity Monastery (українська. Троїцько-

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Антониевы пещеры

Антонієві печери — печерний комплекс ХІ — XIX ст. у Болдиних горах у

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Елецкий монастырь

Єле́цький Успе́нський монасти́р у Чернігові — один з найда

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kolmanskop

Kolmanskop (Afrikaans for Coleman's hill, German: Kolmannskuppe) is a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kantubek

Kantubek (Russian: Кантубек) was a town on Vozrozhdeniya Island

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
1973 US Navy C-117D Sólheimasandur Crash

The 1973 US Navy C-117D Sólheimasandur Crash, commonly known as the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Wheal Coates

Wheal Coates is a former tin mine situated on the north coast of

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Denge acoustic mirrors

Denge is a former Royal Air Force site near Dungeness, in Kent,

Ver todos os lugares similares